- A través desta guía, posta en marcha pola Xunta de Galicia, amósanse pequenos tesouros descoñecidos nos diferentes itinerarios: desde igrexas, castelos, pontes, camiños medievais, dolmens, illas ou castros.
Co fin de diversificar e promover todos os itinerarios do Camiño de Santiago, e co propósito de repartir a peregrinación polas diversas rutas no horizonte do Xacobeo 2027, a Xunta de Galicia vén de poñer en marcha un novo produto turístico: ’27 lugares con encanto de 2027’.
A través desta guía de peregrinación amósanse diferentes recunchos e monumentos menos coñecidos das rutas xacobeas. O documento amosa eses pequenos tesouros e lugares con encanto distribuídos polas catro provincias e os itinerarios xacobeos.
O produto turístico é unha pequena mostra dos Camiños xacobeos que percorren Galicia ao longo de máis de 1.500 km. Inclúense desde igrexas, castelos, pontes, camiños medievais, dolmens e ferrerías, ata illas e castros. A guía, que se pode consultar a través da páxina web de Turismo de Galicia, inclúe os seguintes lugares:
- Igrexa de San Xoán (Pedrafita do Cebreiro)
- Ferrería da Ponte (Triacastela)
- Fraga de Barbadelo (Sarria)
- A Pobra de Burón (A Fonsagrada)
- Hospital de Montouto (A Fonsagrada)
- Castelo de Castroverde (Castroverde)
- Santuario de Arante (Ribadeo)
- Álvaro Cunqueiro (Mondoñedo)
- Ponte de Sa (Vilalba)
- Ponte das Febres (Tui)
- A Canicouva (Pontevedra)
- Illas Estelas (Nigrán)
- San Martiño de Xubia (Narón)
- Os Carrás (Ordes)
- Ponte da Ulloa (Oroso)
- Santa María a Real (Xunqueira de Ambía)
- Ponte de Vilanova (Allariz)
- Ponte de Éntoma (O Barco de Valdeorras)
- Castelo de Torrenovaes (Quiroga)
- Castelo de San Lourenzo (A Pobra de Brollón)
- San Paio de Diomondi (O Saviñao)
- Igrexa do Corzón (Mazaricos)
- Igrexa de Morquintián (Muxía)
- Cruceiro de Cortegada (Cortegada)
- Torres de Oeste (Catoira)
- Brañas de Dodro (Dodro)
- Santiago de Compostela