Clúster e ME Renewing organizan o webinar “Recarga para vehículos eléctricos. Unha oportunidade para o turismo galego”

  • A sesión en liña será o martes 3 de xuño ás 16:30 h e está aberta a todas as empresas turísticas interesadas en sumarse a esta iniciativa de mobilidade sostible.

 

O Clúster Turismo de Galicia celebrará o vindeiro martes, 3 de xuño, ás 16:30 horas, un webinar informativo para explicar os detalles do acordo marco que o CTG mantén con ME Renewing, compañía especializada en mobilidade eléctrica do grupo Mota-Engil. Grazas a este convenio, os establecementos turísticos galegos poden instalar puntos de recarga para vehículos eléctricos sen necesidade de asumir ningún custo.

 

A sesión “Recarga para vehículos eléctricos. Unha oportunidade para o turismo galego”, cunha duración aproximada dunha hora, está dirixida a todas aquelas empresas do sector interesadas en coñecer as condicións deste modelo que aposta pola sostibilidade e a competitividade do turismo galego. As inscricións pódense realizar a través da seguinte ligazón.

 

O webinar estruturarase da seguinte forma:

 

  • Introdución da electromovilidad en España e Galicia
  • Presentación do modelo de negocio de Renewing Remo
  • Detalles do acordo marco coa Agrupación industrial de Turismo de Galicia
  • Espazo de preguntas e resolución de dúbidas

 

Esta iniciativa permite aos establecementos turísticos interesados acceder a unha infraestrutura de carga eléctrica moderna e adaptada ás necesidades do viaxeiro actual, sen investimento pola súa banda. Inscríbeche no webinar para coñecer ao completo todos os detalles deste convenio de colaboración.

 

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.