Trevinca-Valdeorras afianza a súa aposta por un turismo sustentable con 21 novas ecoexperiencias impulsadas desde o propio territorio
O xeodestino Trevinca-Valdeorras consolida o seu compromiso cun modelo turístico sustentable e con identidade propia a través do impulso das Ecoexperiencias Trevinca-Valdeorras, unha proposta innovadora nacida desde o propio territorio. Esta rede reúne 21 experiencias responsables, deseñadas por 14 axentes locais —entre empresas, asociacións e persoas emprendedoras— que poñen en valor os recursos naturais, patrimoniais … Ler máis