O Observatorio de Sostibilidade Turística avanza no deseño de indicadores para medir e xestionar o turismo

A iniciativa permitirá analizar os fluxos turísticos e orientar a planificación cara a un modelo máis equilibrado e responsable   O Observatorio de Sostibilidade Turística de Galicia continúa avanzando no desenvolvemento dun sistema de indicadores que permitirá avaliar o impacto do turismo e orientar a toma de decisións estratéxicas cara a un modelo máis sostible. … Ler máis

Categorías Sen categorizar

Últimos días para inscribirse na xornada “Eficiencia e Geotermia no Sector Turístico”, organizada por Acluxega coa colaboración do Clúster

O encontro reunirá a profesionais do turismo e a enerxía para abordar a sustentabilidade nos aloxamentos galegos   O vindeiro xoves, 16 de outubro, celebrarase en Santiago de Compostela a xornada “Eficiencia e Geotermia no Sector Turístico”, organizada pola Asociación Clúster da Xeotermia Galega (Acluxega) coa colaboración do Clúster Turismo de Galicia. O evento terá … Ler máis

O Clúster impulsa a participación empresarial en INTUR Negocios 2025

O encontro profesional celebrarase o 13 de novembro en Valladolid dentro da Feira Internacional de Turismo de Interior   O Clúster Turismo de Galicia (CTG) anima ás súas empresas asociadas a participar en INTUR Negocios 2025, a bolsa de contratación turística que se celebrará o xoves 13 de novembro en Valladolid, no marco da Feira … Ler máis

Categorías Sen categorizar

Acluxega organiza a xornada “Eficiencia e Xeotermia no Sector Turístico” coa colaboración do Clúster

O encontro abordará como a eficiencia enerxética e a xeotermia poden impulsar a sustentabilidade do turismo galego   A Asociación Clúster da Xeotermia Galega (Acluxega) organiza o próximo 16 de outubro a xornada “Eficiencia e Xeotermia no Sector Turístico”, un evento que contará coa colaboración do Clúster Turismo de Galicia e reunirá a profesionais do … Ler máis

Galicia presenta a súa nova campaña turística nacional: “E se a Calidade fose un lugar?”

A iniciativa busca consolidar a Galicia como un destino auténtico, sostible e de excelencia   O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, presentou a semana pasada en Madrid a nova campaña de promoción turística “E se a Calidade fose un lugar?”, unha acción que pretende reforzar a imaxe de Galicia como destino de referencia … Ler máis

Categorías Sen categorizar

34 establecementos de Terras de Compostela reciben o distintivo SICTED de calidade turística

O recoñecemento reforza o compromiso do destino cun modelo sostible e baseado na excelencia   Un total de 34 establecementos e servizos turísticos do GDR Terras de Compostela recibiron o distintivo do Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destino (SICTED), nun acto celebrado no Hotel Congreso de Teo. A entrega de diplomas contou coa … Ler máis

Categorías Sen categorizar

O Clúster de Turismo pon en marcha unha campaña para difundir a iniciativa ‘Galicia Destino Sostible’ entre a poboación galega

Ata o 29 de decembro, anuncios en televisión e cuñas de radio lembrarán aos galegos e galegas que este Club de Produto ofrece máis de 150 experiencias que deixan pegada na alma e non na terra.   O Clúster Turismo de Galicia pon en marcha hoxe, 1 de outubro de 2025, unha campaña publicitaria para … Ler máis

Categorías Sen categorizar

Cinco novas empresas súmanse a “Galicia Destino Sostible”

Torre de Tebra, Faro Pequeno, Faro de Cabo Silleiro, Salmoira e Pazo Quinteiro da Cruz son as últimas incorporacións á marca turística.   O Club de Produto “Galicia Destino Sostible” segue a medrar coa incorporación de cinco novas empresas comprometidas co turismo responsable en Galicia. Na última reunión do comité de avaliación, celebrada o pasado … Ler máis

Categorías Sen categorizar

Turismo de Galicia continúa coa súa convocatoria de solicitudes para renovar e/ou manter as certificacións Q de Calidade e S de Sostibilidade

O prazo de solicitude está aberto ata o 13 de outubro ás 23:59   A Axencia de Turismo de Galicia publicou no Diario Oficial de Galicia a convocatoria de subvencións dirixidas a establecementos e servizos turísticos para os procesos de certificación, seguimento e renovación das normas UNE que permiten obter ou manter a marca Q de Calidade … Ler máis

Categorías Sen categorizar
This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.