O Club de Produto Galicia Destino Sostible conta xa con preto de 20 de empresas adheridas en menos dun mes

A iniciativa, impulsada polo Clúster Turismo de Galicia, presentouse o pasado 11 de xullo co apoio e financiamento da Xunta.   As primeiras empresas que se adhiran a Galicia Destino Sostible, poden optar a financiamento para a creación de novos produtos turísticos sostibles grazas a unha liña de axudas de máis de 300.000 euros.   … Ler máis

O turismo de cruceiros en Galicia supera xa as cifras prepandemia

Os 77.000 pasaxeiros rexistrados no primeiro cuadrimestre deste ano permiten superar nun 16 % o anterior récord.   O turismo de cruceiros regresou con forza aos portos de Galicia. Do mesmo xeito que o resto das ramas de actividade turística, estas viaxes tamén se viron gravemente afectados pola pandemia, pero neste caso a recuperación está … Ler máis

Galicia reforzou o vínculo entre o Camiño de Santiago e Alemaña con encontros empresariais en Hamburgo e Frankfurt

O Clúster Turismo de Galicia participou xunto cunha representación empresarial especializada na ruta nos workshops organizados pola Axencia de Turismo para presentar o Xacobeo 21-22.   Jesús Picallo destacou en terras xermanas que Galicia é un destino preparado, acolledor e altamente especializado nun tipo de turismo pausado, non masificado e con inquietudes espirituais e culturais. … Ler máis

O Clúster continúa no Porto a campaña de internacionalización do Destino Galicia

Unha trintena de empresas galegas participaron nun workshop con emisores portugueses para expoñer a variada oferta turística da nosa Comunidade.   O chef galego Iván Domínguez e as adegas Terras Gauda e Paco&Lola mostraron parte da enogastronomía galega no evento.   Baixo o lema “Visita Galicia, soñarás con volver” o Clúster Turismo de Galicia viaxou … Ler máis

Galicia estreita vínculos con Canarias para incrementar o fluxo turístico entre as illas e a comunidade

O Clúster Turismo de Galicia organiza dous workshops hoxe e mañá nas Palmas de Gran Canaria e Santa Cruz de Tenerife.   Preto 30 empresas galegas darán a coñecer nestes encontros as múltiples experiencias das que os canarios e canarias poden desfrutar en Galicia.   Os chefs galegos Kike Piñeiro e Eloy Cancela farán de … Ler máis

Pontevedra aposta pola Enogastronomía para impulsar o desenvolvemento no rural

O Clúster participa a través da Mesa Provincial de Turismo no proxecto que impulsa a Deputación.   A enogastronomía é a base sobre a que se articula o Plan Provincial de Desenvolvemento Turístico en Destino co que a Deputación de Pontevedra concorrerá á convocatoria dos Fondos Next Generation. Este proxecto pretende impulsar o desenvolvemento das … Ler máis

O centro Galicia TurisTIC abre as súas portas para converterse nun polo tecnolóxico que impulse a modernización do sector

As instalacións inauguradas en Vilagarcía de Arousa son o froito da colaboración entre varias administracións e entidades, entre elas o Clúster Turismo de Galicia.   O sector turístico galego xa dispón dun espazo de referencia desde o que impulsar a súa modernización, fomentar a creación de emprego e lograr que o talento novo non abandone … Ler máis

O sector turístico galego supera as previsións de Semana Santa cunha ocupación de entre o 75% e o 90%

A sondaxe realizada polo Clúster Turismo de Galicia ofrece un balance moi positivo que apunta á recuperación do sector, que entre o xoves e o sábado rexistrou en boa parte do territorio niveis de ocupación previos á pandemia.   As boas previsións meteorolóxicas para os festivos incentivaron as reservas de última hora cunha elevada ocupación … Ler máis

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.