O papel da sustentabilidade, o patrimonio e as experiencias para forxar un destino turístico competitivo, a debate o próximo 21 de decembro en Cambados

O Clúster promove este encontro networking en colaboración coa Deputación de Pontevedra e a Xunta a través da Axencia Turismo de Galicia.   Empresas turísticas, xestores de destino e outros profesionais interesados no ámbito do turismo son os destinatarios do encontro networking que baixo o título “Sustentabilidade, patrimonio e experiencias: piares dun destino competitivo” organizou … Ler máis

A Xunta confía ao Clúster Turismo de Galicia a promoción da comunidade como destino seguro e a procura de novos consumidores

As dúas partes asinarán un convenio que permitirá destinar 1,5 millóns de euros durante os próximos 3 anos á realización de campañas, a participación en feiras e congresos, e a creación de produtos turísticos.   A Xunta volve depositar a súa confianza no Clúster Turismo de Galicia como entidade crave para o desenvolvemento do sector … Ler máis

O Clúster Turismo de Galicia potencia o programa “Destino Familiar” para aumentar o número de establecementos que participan na iniciativa

O seu presidente, Cesáreo Pardal, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participaron en Santiago na presentación dun vídeo e das novas actuacións que se levarán a cabo no marco deste proxecto.   O presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, manifestou hoxe que Galicia é un modelo de recuperación tras a … Ler máis

As Rutas do Viño de Galicia lanzan unha campaña para promocionar a súa oferta a través das oficinas de turismo

O obxectivo é poñer en valor a ampla oferta de experiencias nas cinco rutas de enoturismo e fomentar a súa reserva entre o público visitante.   Enoturismo Galicia, marca paraugas baixo a que se agrupa toda a oferta enoturística de Galicia, presentou hoxe no Centro Internacional de Acollida ao Peregrino de Santiago de Compostela a … Ler máis

Cesáreo Pardal reivindica desde Roma os valores de Galicia e do Camiño de Santiago como destino acolledor, non masificado e altamente especializado

O presidente do Clúster participou xunto a Nava Castro e un grupo de empresarios do sector turístico na presentación na capital italiana da promoción de Galicia centrada no Xacobeo.   O Palacio de Exposicións de Roma acolleu o martes o primeiro dos dous actos programados esta semana en terras italianas para promocionar o destino Galicia … Ler máis

A promoción de experiencias relacionadas co Camiño protagoniza a presencia de Galicia no World Travel Market de Londres

O Clúster Turismo de Galicia organizou unha misión comercial á feira británica na que participaron máis de 20 profesionais e empresarios.   A promoción de experiencias turísticas vinculadas ao Camiño de Santiago no mercado británico e no resto dos mercados internacionais foi o obxectivo compartido polas máis de 20 persoas profesionais do turismo que viaxaron … Ler máis

O Clúster Turismo de Galicia asina un convenio coa Xunta para destinar 700.000 euros ata finais de 2022 para a creación e difusión de produto sostible

Entre as acción previstas destacan a creación dun club de produto, así como unha base de datos de establecementos e unha intranet.   O Clúster Turismo de Galicia disporá de 700.000 euros ata finais de 2022 para a creación e promoción de produto turístico sostible, como resultado dun convenio asinado coa Axencia Turismo de Galicia, … Ler máis

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.