O Clúster de Turismo e Mota-Engil Renewing facilitan ás empresas do sector a instalación de puntos de recarga enerxética para vehículos eléctricos

As entidades turísticas interesadas só terán que poñer un espazo adecuado ao dispor da empresa, que asumirá todos os custos de investimento e mantemento da estación. Ademais, as empresas participarán do éxito baixo un modelo de ingresos compartidos. Facilitar a adaptación do sector turístico galego ás necesidades da transición enerxética e mellorar a súa competitividade, … Ler máis

76 empresas participan esta semana na xornada ‘Networking Rías Baixas: turismo que une’ organizada polo Clúster e Deputación de Pontevedra

O evento networking terá lugar o 19 de decembro no Edificio Sociocultural Manuel Rivero en Lalín. A cita pretende fomentar o coñecemento da oferta turística, especialmente as propostas máis innovadoras, entre os axentes turísticos galegos. Esta semana, máis concretamente o xoves, 19 de decembro, o Clúster Turismo de Galicia e Deputación de Pontevedra, coa colaboración … Ler máis

A campaña de promoción de Galicia Destino Sostible, ‘Deixa pegada na alma e non na Terra’, acumula máis de 16M de impresións e 100.000 clics

A campaña estivo activa desde o mes de xullo ata o mes de novembro. Entre as accións incluídas na campaña, destacan: unha landing web, unha campaña de Social e Google Ads, unha peza audiovisual, sorteos semanais e márketing de influencers. A campaña ‘Deixa pegada na alma e non na Terra’, lanzada polo Clúster Turismo de … Ler máis

Clúster e Deputación de Pontevedra organizan a xornada “Networking Galicia: Turismo que une”

O obxectivo do evento é fomentar o coñecemento da oferta turística galega, especialmente aquela máis recente e innovadora. O Clúster de Turismo de Galicia e a Deputación de Pontevedra, coa colaboración de Turismo de Galicia, uníronse para organizar a xornada “Networking Galicia: Turismo que une”, que terá lugar o vindeiro xoves, 19 de decembro, no … Ler máis

O Clúster participa na MAST Sales Sensation de Chicago, achegándose ao mercado estadounidense

O Clúster e a marca turística ‘Galicia Destino Sostible’ participaron nesta convención o pasado martes, 19 de novembro. O Clúster Turismo de Galicia mantén a súa aposta pola internacionalización do destino. O martes, 19 de novembro, celebrouse unha nova edición da convención MAST Sales Sensation de Chicago, un evento que organiza de xeito anual a … Ler máis

‘Activa o modo off. Activa o modo GDF’, a nova campaña do Clúster para promocionar a marca turística ‘Galicia Destino Familiar’

A campaña estenderase ao longo do mes de novembro. Unha lading web, unha campaña de Social e Google Ads, unha peza audiovisual e un sorteo, son algunhas das accións que forman parte da campaña. O Clúster Turismo de Galicia vén de lanzar unha nova campaña de promoción para promover a marca turística ‘Galicia Destino Familiar’ … Ler máis

O Clúster e a Comisión Galega da Competencia organizan unha xornada divulgativa centrada na resolución “Booking” e na presentación do Sistema SIMADA

O evento terá lugar o 19 de novembro no Centro GaiásTech. A través desta ligazón podes consultar o programa completo e realizar a túa inscrición. A Comisión Galega da Competencia, en colaboración co Clúster Turismo de Galicia, organiza unha xornada divulgativa sobre a competencia no sector turístico de Galicia: Resolución “Booking” e presentación do Sistema … Ler máis

A misión comercial do Clúster aterra na WTM de Londres esta semana

A nova edición da feira turística da capital británica celébrase do 5 ao 7 de novembro. O sector turístico galego estará presente un ano máis na World Travel Market London, a feira turística internacional que desde 1980 reúne de forma anual aos actores máis importantes do sector turístico dos cinco continentes. Este ano celebrarase do … Ler máis

O sector reúnese coa Xunta para abordar o proxecto de lei que regulará a taxa turística

O presidente e vicepresidente do Clúster, acompañados por representantes de aloxamento e axencias de viaxe de toda Galicia, reuníronse a semana pasada co director de Turismo de Galicia. O pasado xoves, 31 de outubro, tivo lugar unha reunión informativa entre a Xunta de Galicia e o sector turístico para abordar a habilitación normativa que creará … Ler máis

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.