Galicia Destino Activo presente na Maratón do Porto

A través da marca Galicia Destino Activo, o Clúster de Turismo de Galicia estivo presente neste evento multitudinario que reuniu a miles de persoas na cidade lusa Durante 3 días, a marca Galicia Destino Activo instalou un punto de información nas instalacións do Maratón do Porto para ofrecer información sobre os 14 produtos de turismo … Ler máis

Empresarios galegos participan desde hoxe na WTM de Londres, cita imprescindible para o sector turístico

Da man do Clúster Turismo de Galicia e a Axencia de Turismo, a misión comercial permitirá manter encontros comerciais no marco desta feira internacional, onde Galicia mantén un espazo de promoción Unha vintena de profesionais do sector turístico galego participan desde hoxe na World Travel Market de Londres, que se celebra até o vindeiro mércores … Ler máis

Un cento de profesionais galegos e lusos participan en Lisboa no último workshop do ano do Clúster Turismo de Galicia

Máis de medio centenar de turoperadores lusos mantiveron encontros con empresarios do sector turístico galego Lisboa foi o lugar elixido polo Clúster Turismo de Galicia para pór punto e final aos Workshop de Destino Proximidade celebrados este ano, unha iniciativa que contou coa participación de máis dun centenar de profesionais do sector turístico galego e … Ler máis

Un total de 24 turoperadores bilbainos participaron no workshop de presentación dos produtos de Galicia Destino Activo

A pesares de dispor de espazos espectaculares para a práctica destes deportes e profesionais altamente cualificados, Galicia non era principalmente recoñecido como destino de turismo activo. Para cambiar esta percepción naceu o club de produto Galicia Destino Activo, que este ano seguiu traballando na creación de novos produtos turísticos e na súa comercialización. Precisamente con … Ler máis

A riqueza e variedade do enoturismo de Galicia mostrou os seus recursos cun workshop en Madrid

Os profesionais dos sectores DMC e MICE puideron coñecer as posibilidades que ofrecen 25 adegas e aloxamentos do cinco rutas do viño galegas A campaña de enoturismo Galicia creada o ano pasado para difundir esta oferta, Alma, corazón e veu tamén acaba de ser premiada no Festival Internacional de Cinema de Turismo de Torres Vedras … Ler máis

O proxecto turístico termal “Un descanso nos Camiños” preséntase en Porto

Promovido por Expourense e a súa marca Termatalia, a Asociación de Balnearios de Galicia, Grupo Caldaria e a Federación Provincial de Hostalaría de Ourense co apoio do Clúster de Turismo de Galicia e da Axencia de Turismo de Galicia Presentouse antes axencias de viaxes e medios de comunicación do Norte de Portugal, un mercado estratéxico … Ler máis

Preto de 150 turoperadores andaluces déronse cita nos workshops do Clúster de Turismo en Málaga e Sevilla

En dúas xornadas de traballo mantiveron contacto directo con 44 empresarios do sector turístico galego que viaxaron en misión comercial A iniciativa permite establecer sinerxías e achegar a oferta turística galega en puntos emisores de turismo nacional e conta coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo Máis de 200 profesionais do sector turístico de … Ler máis

O Clúster Turismo de Galicia celebra dúas misións comerciais en Andalucía para dar a coñecer a oferta turística galega

Un total de 45 empresarios galegos manterán encontros coa turoperación de Málaga e Sevilla en senllas xornadas de traballo O CTG dá continuidade así aos workshops de proximidade que celebra desde fai tres anos co obxectivo de xerar sinerxías profesionais con Portugal e destinos nacionais. Málaga e Sevilla foron os destinos nacionais elixidos este ano por … Ler máis

Galicia Destino Familiar lanza unha promoción para que os nenos viaxen gratis a Galicia este outono

Na súa aposta por impulsar medidas que faciliten a elección de Galicia como destino vacacional ideal para as familias, o Clúster Turismo de Galicia, a través do seu selo Galicia Destino Familiar, puxo en marcha unha ambiciosa iniciativa concibida para as familias que abre a porta a que os nenos poidan viaxar de forma gratuíta … Ler máis

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.