Clúster Turismo de Galicia presentou ambos os proxectos na caseta de Galicia en Fitur As dúas marcas, postas en marcha o ano pasado, continuarán o seu desenvolvemento en 2017 para mellorar a comercialización da oferta turística 19 de xaneiro 2017.- Concibidas co obxectivo de mellorar a comercialización e a especialización do Destino Galicia as marcas Enoturismo Galicia e Galicia, Destino Familiar tiveron o seu espazo no programa de presentacións da caseta de Galicia en Fitur. Ambos os proxectos, impulsados no marco do concurso anual de ideas que pon en marcha o Clúster de Turismo de Galicia entre os seus asociados, foron creados co obxectivo de impulsar unha maior especialización da oferta turística galega, contribuíndo a impulsar entre os seus usuarios potenciais a oferta que Galicia aglutina tanto en materia enoturística como vinculada ao segmento do turismo familiar. ?A estas alturas ninguén dubida xa do potencial enoturístico galego?, explicou o presidente do Clúster Turismo de Galicia, Francisco González, ?pero en conversación coas Rutas dos Viños de Galicia fomos conscientes da importancia de crear unha marca forte e única que aglutine todo este patrimonio e facilite o labor da súa comercialización?. González destacou, ademais, a importancia do enoturismo como elemento vertebrador dunha oferta turística diferenciada e de calidade, traballando man a man para fomentar a súa comercialización a través de paquetes enoturísticos. Así nace a marca Enoturismo Galicia no que se agrupan os recursos das Rutas do Viño do Ribeiro, Ribeira Sacra, Rías Baixas, Monterrei e Valdeorras, tras a súa adhesión ao Clúster Turismo de Galicia. O presidente da Ruta do Veu Rías Baixas, Juan Gil, en nome de todas as Rutas, animou aos presentes a coñecer este patrimonio: ?veñan coñecer a nosa forma de elaborar os nosos extraordinarios viños singulares, veñan ver os nosos viñedos, tan distintos de todo o coñecido, desde os máis belos emparrados xunto ao mar das Rías Baixas até os heroicos socalcos da Ribeira Sacra, desde as ladeiras pizarrosas de Valdeorras até as terras altas de Monterrei, pasando polas fermosas veigas e os minifundios graníticos do Ribeiro?, ao tempo en que facía fincapé en que Galicia conta cunha materia prima impresionante para estar entre os primeiros destinos nacionais para gozar da natureza e o enoturismo. Galicia, polo de atracción para o turismo familiar Xunto co Enoturismo, o segundo proxecto presentado polo Clúster de Turismo foi o da creación do selo Galicia, Destino Familiar, unha iniciativa está a dar os seus primeiros pasos para implantarse este ano e na que están implicadas o Consorcio de Empresarios de Turismo de Sanxenxo (CETS), Federación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Pontevedra (FEPROHOS), Centro Español de Novas Profesións (CENP), Viaxes Fisterra (Interrías), Asociación Provincial de Axencias de Viaxe de Pontevedra (AVIPO) e Hotel Baía de Vigo. Francisco González destacou o gran potencial do noso territorio como polo de atracción do turismo familiar. ?Galicia é o segundo destino nacional preferido polas familias españolas para pasar o verán, segundo os datos solicitados pola Federación Española de Familas Numerosas?, destacou o presidente do CTG, que fixo fincapé na necesidade de ordenar e pór en marcha un sistema de acreditación que permita a este segmento identificar os servizos turísticos e establecementos galegos especializados que dispoñan de instalacións e actividades pensados e adaptados para as familias. O primeiro paso deuse en 2016 coa posta en marcha da web, aprobación de requisitos e apertura das solicitudes para adherirse a este programa e que poden solicitar a súa inscrición a través da web http://galiciadestinofamiliar.gal/. Tras un proceso de avaliación e comprobación de que cumpre os requisitos para formar parte do programa, incorporarase cada establecemento/servizo á web e app de Galicia Destino Familiar. Desta forma irase xerando unha rede de ofertas ao redor de Galicia como destino turísticos ideal para o goce das familias, fomentando así a especialización da oferta turística, a cooperación entre diferentes empresas e entidades deste segmento. A posta en marcha deste proxecto busca, ademais, apoiarse na xeración dunha oferta específica para as familias na que o selo de Galicia Destino Familiar sexa un aval tanto para os clientes como para o sector, contribuíndo a fidelizar ao público obxectivo deste proxecto.

Clúster Turismo de Galicia presentou ambos os proxectos na caseta de Galicia en Fitur As dúas marcas, postas en marcha o ano pasado, continuarán o seu desenvolvemento en 2017 para mellorar a comercialización da oferta turística Concibidas co obxectivo de mellorar a comercialización e a especialización do Destino Galicia as marcas Enoturismo Galicia e Galicia, … Ler máis

O Clúster de Turismo de Galicia presenta en Fitur dous dos seus proxectos conxuntos de mellora da oferta turística galega

A caseta de Galicia no Salón Internacional de Turismo, Fitur, que se desarolla do 18 ao 22 de maio en Madrid, acollerá a presentación de dúas dos proxectos postos en marcha en 2016 no marco do concurso de ideas do Clúster de Turismo de Galicia co obxectivo de impulsar a creación de novos produtos turísticos. … Ler máis

Galicia pecha 2016 como a primeira comunidade en número de hoteis, apartamentos turísticos e establecementos de turismo rural con Q de Calidade

Un ano máis Galicia pecha exercicio incrementando o número de establecementos e servizos turísticos certificados con Q de Calidade. Cun total de 281 Q de Calidade, 7 máis que en 2015, Galicia sitúase como a primeira comunidade en número de hoteis, apartamentos turísticos e casas de turismo rural con este distintivo de calidade concedido polo … Ler máis

En marcha un proxecto para xerar unha rede de establecementos e servizos ao redor de Galicia como destino familiar de calidade

Situar a Galicia como destino familiar. Este é o principal obxectivo do proxecto Galicia Destino Familiar, que deu a finais de 2016 os primeiros pasos coa creación da web www.galiciadestinofamiliar.gal e que ten como obxectivo principal a implantación de mecanismos que permitan situar a Galicia como destino de referencia para o turismo de familias. A … Ler máis

O Clúster Turismo de Galicia renova a súa aposta, a través da formación, por un sector profesional e de calidade en clausúraa da súa II Plan de Formación

Os relatorios de Jimmy Pons e Fernando Gallardo pon o punto e final ao programa de formación para o sector turístico galego impulsado polo CTG, no que participaron un total de 211 profesionais A Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago, foi esta o escenario da xornada de clausura do segundo Plan de Formación impulsado … Ler máis

A misión comercial á World Travel Market conclúe con máis de 20 turoperadores británicos contactados

Os asociados mantiveron ao redor de medio centenar de encontros profesionais, entre os propiciados polo Clúster e os das súas propias axendas Conclúe a segunda misión comercial do Clúster Turismo de Galicia á World Travel Market de Londres cun bo número de encontros profesionais agendados e coa apertura de contacto con 20 turoperadores británicos interesados … Ler máis

Unha trintena de profesionais fórmanse en Vigo no uso de bases de datos no sector turístico

Dentro do Plan de Formación impulsado polo Clúster Turismo de Galicia para a mellora das habilidades profesionais e capacitación do sector, celebrouse en Vigo un novo taller centrado nesta ocasión na análise da información de mercado como ferramenta de primeira orde no desenvolvemento de empresas turísticas. Baixo o título “Como incrementar o meu negocio a … Ler máis

Camiño de Santiago Termal, unha iniciativa de Balnearios de Galicia orientada ao descanso do peregrino

Co obxectivo de ofrecer un produto turístico especializado orientado a un nicho de mercado como poden ser os peregrinos “premium”, Balnearios de Galicia lanzou un novo proxecto, Camiño de Santiago Termal, que foi presentado oficialmente na pasada edición de Termatalia México nun acto que contou coa participación de numerosas axencias de viaxes tanto nacionais como … Ler máis

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.