Aberto o prazo para participar nos workshops programados polo Clúster en Sevilla e Lisboa

Un máximo de 26 empresas poderán tomar parte nas actividades que se desenvolverán os días 22 e 23 de maio. Ambas xornadas comezarán cun workshop con empresas locais que dará paso a unha presentación do destino e un cóctel degustación. O Clúster Turismo de Galicia abre o prazo de inscrición para participar na súa próxima … Ler máis

O Clúster Turismo de Galicia e o Norte de Portugal colaboran para promocionar a Eurorrexión como destino MICE entre operadores canadenses

Unha ducia de empresas galegas participaron este luns nun workshop para presentar as múltiples posibilidades que ofrece a Comunidade para o turismo de congresos e incentivo. Este encontro enmárcase no fam trip organizado por Turismo Porto e Norte de Portugal coa colaboración do Clúster. Unha ducia de empresas galegas participaron este luns, 15 de abril, … Ler máis

Os establecementos de Turismo Slow Norte de Galicia poderán formar parte de xeito directo do Club de Produto Galicia Destino Sostible

O presidente do Clúster Turismo de Galicia interveu na presentación do acordo entre as Mancomunidades de Concellos da Mariña e Ferrolterra para a inclusión de Turismo Slow Norte de Galicia en Galicia Destino Sostible. A pertenza a Turismo Slow Norte de Galicia pasará a considerarse un criterio habilitante para formar parte de Galicia Destino Sostible. … Ler máis

O sector turístico galego promociónase na ITB Berlin

As empresas MEGA, Tee Travel, OCA Hotels, Galiwonders, Always Spain, Interrias, Hotel Restaurante As Eiras Lires e Xestores Turísticos de Finisterrae formaron parte da misión comercial do Clúster. O director de Turespaña e o ministro de Turismo, entre outras autoridades, visitaron o stand de Galicia e conversaron cos representantes do Clúster. Varias xornadas de intensa … Ler máis

O sector turístico galego apunta como obxectivos para o 2030 a aposta pola sostibilidade, o incremento da rendibilidade e un turismo menos estacional

O presidente do Clúster Turismo presentou esta mañá en FITUR os resultados do diagnóstico ao sector, que servirá para deseñar a Estratexia Turística de Galicia 2024-2030. Cesáreo Pardal amosou a súa satisfacción pola “rápida resposta do sector” neste “proceso de reflexión colectiva”, no que participaron máis de 1.000 axentes. A maioría das empresas aposta por … Ler máis

Nova misión comercial do Clúster de Turismo á ITB Berlín

A vindeira edición da feira turística da capital alemá celébrase do 5 ao 7 de marzo. O prazo para sumarse á comitiva que organiza o Clúster estará aberto ata o 2 de febreiro.   Un ano máis os principais axentes do sector turístico internacional reuniranse en Alemaña o próximo mes de marzo para participar na … Ler máis

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.