Turismo de Galicia e o Clúster de Turismo realizarán un diagnóstico participativo para coñecer a situación do sector en Galicia

Está previsto que o proceso comece esta semana coa consulta aos axentes do sector a través de mesas de traballo distribuídas por toda a xeografía galega.   Turismo de Galicia e o Clúster de Turismo elaborarán un diagnóstico estratéxico do sector, cuxo resultado permitirá establecer o punto de partida para unha planificación turística adecuada ás … Ler máis

O integrante da directiva do Clúster Turismo de Galicia, Juan A. Rivadulla, vén de ser nomeado novo secretario xeral da Confederación Española de Axencias de Viaxe

Rivadulla é presidente da Asociación Galega de Axencias de Viaxes (AGAVI) desde 2016.   O Consello Directivo da Confederación Española de Axencias de Viaxes (CEAV) nomeou a pasada semana a Juan A. Rivadulla como secretario xeral. Rivadulla, que preside a Asociación Galega de Axencias de Viaxes (AGAVI) desde 2016, é membro do Consello Executivo do … Ler máis

Xornalistas de viaxes de medios nacionais e estranxeiros valoran moi positivamente a iniciativa “Galicia Destino Sostible”

Preto de dez profesionais participaron a semana pasada nun press trip, organizado polo Clúster para dar a coñecer a plataforma. “Galicia Destino Sostible” busca integrar a oferta de turismo sostible da Comunidade e conta xa con máis de 80 empresas adheridas e máis de 150 produtos.   Xornalistas especializados en viaxes que participaron esta semana … Ler máis

A creación do bono Xacobeo Xove, o reforzo das actividades de promoción e internacionalización e a consolidación de diferentes produtos turísticos centraron a actividade do Clúster no último ano

A Asemblea anual do Clúster Turismo de Galicia, celebrada en Santiago, fixo balance das actuacións desenvolvidas en 2022 e deu conta das previstas para este ano.   A creación do “Xacobeo Xove”, o reforzo das actividades de promoción e internacionalización do destino Galicia e os avances na consolidación de produtos turísticos foron os principais eixos … Ler máis

O Clúster de Turismo celebra a súa primeira década sumando esforzos para consolidar Galicia como un destino de calidade, competitivo e diferenciado

Agradece a confianza depositada polo sector para converter ao Clúster no interlocutor único ante as administracións e ter unha implicación directa nas decisións estratéxicas para o turismo galego. O incremento da competitividade, a profesionalización e a internacionalización foron as liñas prioritarias desta primeira década de traballo. Hoxe o Clúster de Turismo está integrado por 68 … Ler máis

O Clúster de Turismo pon a disposición das empresas un sistema gratuíto de monitorización e análise de datos de ocupación de establecementos de aloxamento

Para colaborar no proxecto é necesario contar cun PMS-Property Management System. As entidades interesadas en formar parte do programa xa poden cumprimentar un formulario.   Desde o Clúster de Turismo de Galicia poñemos a disposición das empresas un sistema gratuíto de monitorización e análise de datos de ocupación de establecementos de aloxamento. O sistema é … Ler máis

O Clúster de Turismo e o Clúster Alimentario de Galicia suman forzas para poñer en valor o territorio

Os responsables de ambas entidades asinaron un protocolo de colaboración para aproveitar a potencialidade do sector alimentario na promoción turística de Galicia.   O presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, e o director do Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), Roberto Alonso, asinaron un protocolo de colaboración entre ambas entidades para impulsar a promoción … Ler máis

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.