O Clúster de Turismo de Galicia convoca un seminario web para explicar as axudas da Xunta ao sector debido á crise do Covid-19

Está dirixido a traballadores, autónomos e microempresas, así como aos afectados polos peches da hostalería O Clúster de Turismo de Galicia celebrará o vindeiro xoves 26 de novembro ás 17:00 horas un seminario web no que se explicarán as axudas establecidas pola Xunta para a industria turística. A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús … Ler máis

O Clúster organiza o ‘workshop’ #quedamosenGalicia para dar a coñecer os produtos turísticos galegos ás axencias españolas

Os participantes terán un stand virtual con espazos de reunión e contacto no que amosarán os seus produtos e se reuniran con responsables das axencias visitantes Axencias de viaxes de toda España poderán visitar unha exposición virtual e un espazo de encontro creado polo Clúster de Turismo de Galicia no que as empresas galegas darán … Ler máis

Facendo ou Camiño surca a ría de Arousa

Continuando coa iniciativa de Proturga para dar a coñecer o Camiño de Santiago entre o propio sector turístico, Facendo o Camiño chega este sábado chega a súa xornada, dedicada á Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla, que permitirá aos seus participantes coñecer ou profundar nun itinerario diferente que permite chegar a Compostela a … Ler máis

Retrato do sector turístico galego

O informe sobre innovación turística elaborade pola ESADE en colaboración con Caixabank destaca a falta de aposta do turismo galego pola innovación e as novas tecnoloxías Tanto o informe de Esade Creapolis como o de Caixabank son descargables na web do CTG No marco da xornada sobre innovación e retos do sector turístico galego celebrada … Ler máis

Charlas informativas para que os propietarios das Vivendas de Uso Turístico coñezan as ferramentas á súa disposición para remitir, entre outros, os datos de ocupación

A Xunta pon en marcha este mes de marzo un ciclo de xornadas formativas no catro provinicias galegas para achegar aos propiestarios de Vivendas de Uso Turístico as ferramentas que a Xunta pon á súa disposición para que poidan remitir trimestralmente os seus datos de ocupación, como así se establece desde comezos deste ano. Así, … Ler máis

Formación, sensibilización e colaboración, claves para implantar as novas tecnoloxías no turismo galego

Organizado polo Clúster TIC e o Clúster de Turismo de Galicia a iniciativa serviu para achegar a estes dous colectivos, coñecer as tecnoloxías disruptivas nas que se está traballando e como se poden adaptar ao turismo galego A xeración de sinerxías entre as empresas tecnolóxicas e turísicas galegas, especialmente no lado do desenvolvemento de experiencias … Ler máis

Os hábitos de consumo, o abaratamento de prezos e os custos ambientais, os factores que máis inquietan ao sector turístico galego

Presentouse en Santiago o Informe de innovación turística en Galicia, no marco dunha xornada sobre retos de futuro na que participaron máis dun centenar de profesionais galegos O informe, elaborado por ESADECREAPOLIS, destaca os bos rexistros alcanzandos polo sector galego e a súa aposta por unha oferta turística de maior calidade Algo máis dun centenar … Ler máis

O CTG celebra unha xornada sobre dixitalización e emprendimiento en colaboración con ESADE e Caixabank

A asistencia é gratuíta para todos os profesionais do sector turístico galego que deberán inscribirse antes do 19 de febreiro Os retos da dixitalización do sector turístico en Galicia, o financiamento e o emprendimiento vinculado ao Xacobeo 2021 ou a normativa de pagos europeos serán algúns dos aspectos que se aborden na nova xornada profesional … Ler máis

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.