A Primavera de portas abertas nas Rutas dos Viños de Galicia é un evento organizado por Turismo de Galicia en colaboración coas Asociacións dás Rutas dos Viñedos de Galicia. Lévase a cabo de maneira conxunta e simultánea nos cinco territorios vitivinícolas galegos, e consiste nun programa completo de actividades de enoturismo.
Este evento terá lugar durante cinco fins de semana, entre os meses de maio e xuño.
- Valdeorras: Do 5 ao 7 de maio.
- Ribeiro: Do 12 ao 14 de maio.
- Rías Baixas: Do 19 ao 21 de maio.
- Ribeira Sacra: Do 26 ao 28 de maio.
- Monterrei: Do 2 ao 4 de xuño.
Durante este tempo, os participantes poderán gozar de visitas guiadas e gratuítas ás adegas que forman parte desta promoción. Ademais, haberá restaurantes que ofrecerán dous menús especialmente concibidos para a ocasión, así como aloxamentos con ofertas especiais para a fin de semana.
En cada unha das Rutas dos Viños de Galicia, levaráse a cabo un programa especial de actividades para a fin de semana, como autobuses do viño, catas comentadas, visitas a museos, rutas monumentais, paseos en barca e outras accións relacionadas co mundo do viño.
As adegas participantes ofrecerán tres visitas guiadas o sábado e una o domingo, nos seguintes horarios:
- Sábado: 11:00h., 12:30h. e 17:00h.
- Domingo: 12:00h.