- O prazo estará aberto do 12 de febrero ata o 11 de marzo.
A Axencia de Turismo de Galicia vén de lanzar a nova convocatoria da liña de axudas para actuacións de mellora das infraestruturas dos establecementos turísticos de aloxamento e de restauración (código de procedemento TU503A), dirixida a impulsar a modernización e mellora das infraestruturas dos establecementos turísticos de aloxamento e restauración da comunidade.
Con esta iniciativa, búscase fortalecer a competitividade do sector turístico galego a través de investimentos que permitan mellorar a accesibilidade, renovar instalacións, implementar sistemas de eficiencia enerxética e dixitalización, entre outras actuacións subvencionables.
Que proxectos poden optar á subvención?
Poderán beneficiarse desta axuda aqueles proxectos iniciados a partir do 1 de xaneiro de 2025 que inclúan algunha das seguintes melloras:
- Actuacións destinadas a mellorar as condicións de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas.
- Obras destinadas á mellora das instalacións coa finalidade de obter certificacións de calidade, en especial o Q de Calidade Turística.
- Actuacións destinadas á adaptación ás modificacións normativas e á mellora da clasificación do establecemento que supoñan un incremento de categoría.
- Actuacións de renovación e modernización das instalacións e embelecemento do contorno da instalación.
- Equipamentos mobles necesarios para o funcionamento.
- Actuacións de mellora da climatización que favorezan a sostibilidade coa implementación de medidas de aforro enerxético, así como a instalación ou mellora de sistemas de extracción e renovación do aire.
- Actuacións de dixitalización dos sistemas de xestión e comercialización do establecemento. O investimento en equipamentos e telefonía móbil non poderá ser superior ao 5 % do orzamento total do proxecto ou da contía xustificada.
- Adaptación dos sistemas de seguridade e saúde na prestación de servizos.
O investimento neto admitido para cada proxecto pode chegar ata os 100.000 euros, cunha subvención que cobre ata o 60% do orzamento total, cun máximo de 60.000 euros por beneficiario. As solicitudes estarán abertas do 12 de febreiro ás 00:00 h ata o 11 de marzo ás 23:59 h.