De avanzar a esta nova fase a partir do 8 de xuño, os galegos poderían comezar a mobilidade interprovincial, aínda que non entre comunidades autónomas, unha mobilidade que segue baixo a competencia do Goberno
A piques de alcanzar a fase 3, Galicia entra nunha fase decisiva no proceso de desescalada cara á nova normalidade. Nesta etapa serán as administracións rexionais as encargadas de xestionar o camiño cara á ‘nova normalidade’, fóra da mobilidade desprazamentos entre provincias, aínda que non entre comunidades autónomas, que non se autorizarían até a conclusión da desescalada, segundo referendou o decreto aprobado o pasado martes polo Consello de Ministros. Aínda así, as autonomías terán unha importante marxe de decisión, tendo en conta que entre as competencias adquiridas na fase 3 inclúese a capacidade de decidir a súa duración.
Sanidade terá que valorar antes deste venres a documentación técnica remitida polas autoridades sanitarias de cada rexión polo que teremos que esperar até o fin de semana para saber se Galicia avanza no seu conxunto á fase 3. Durante esta fase manterase a recomendación de uso de máscara e distanciamento social de dous metros para evitar contagios.
En canto ás actividades e aforamentos que poderán desenvolverse durante esta fase, que podes descargar aquí, cabe destacar os seguintes:
ACTOS SOCIAIS
- Os velorios poderán realizarse cun límite máximo de 50 persoas en espazos ao aire libre ou 25 persoas en espazos pechados, con independencia de que os mesmos sexan convi ientes. A comitiva para a despedida da persoa falecida restrínxese a un máximo de 50 persoas e sempre
respectando as medidas de distanciamento e hixiene. - Permitirase a asistencia a lugares de culto sempre que non se supere o 75% do aforamento. Manterase a distancia de seguridade e, en todo caso, un máximo de 150 persoas en espazos
ao aire libre ou de 75 persoas en espazos pechados. O aforamento máximo debe publicarse en lugar visible do espazo destinado ao culto. - As cerimonias nupciais poderán realizarse en todo tipo de instalacións xa sexa en espazos ao aire libre ou pechados, sempre que non se supere o 75% do seu aforamento, e en todo caso un máximo de 150 persoas en espazos ao aire libre ou de 75 persoas en lugares pechados.
RESTAURACIÓN
Poderán reabrir ao público os establecementos de hostalaría e restauración para consumo no local, salvo discotecas e bares de lecer nocturno, sempre que non se supere o 50% do seu aforamento.
- O consumo dentro do local poderá realizarse sentado en mesa, ou agrupacións de mesas, preferentemente mediante reserva previa. Deberá asegurarse o mantemento da debida distancia física de dous metros entre as mesas ou agrupacións de mesas. A mesa ou agrupación de mesas que se utilice para este fin, deberán ser acordes ao número de persoas, permitindo que se respecte a distancia mínima de seguridade interpersoal.
- Estará permitido o consumo na barra sempre que se garanta unha separación mínima de 2 metros.
Nas terrazas ao aire libre limitarase o aforamento ao 75% das mesas, cunha ocupación máxima de 20 persoas. - Eliminaranse produtos de autoservicio como servilleteros, palilleros, vinagreras, aceiteras, e outros utensilios similares, priorizando monodosis desechables ou o seu servizo noutros formatos baixo petición do cliente.
HOTEIS
Poderá procederse á reapertura ao público das zonas comúns dos hoteis e aloxamentos turísticos sempre que non se supere o 50% do aforamento.
- Aqueles espazos pechados onde se vaian a celebrar eventos, actividades de animación ou ximnasios, deberán ventilarse dúas horas antes do seu uso.
- As actividades de animación ou clases grupales deberán deseñarse e planificarse cun aforamento máximo de 20 persoas e de forma preferente ao aire libre.
ACTIVIDADES TURÍSTICAS
Poderanse realizar actividades de turismo activo e de natureza para grupos de até un máximo de 30 persoas.
- Permítese a realización da actividade de guía turístico concertándose preferentemente, mediante cita previa e os grupos serán dun máximo de 20 persoas. Durante o desenvolvemento da actividade evitarase o tránsito por zonas ou lugares susceptibles de xerar aglomeracións.
- Durante o desenvolvemento da actividade non se poderán fornecer audioguías, folletos ou outro material análogo.
- Centros recreativos turísticos, zoológicos e acuarios
Limitarase o aforamento total ao 50% e a un terzo o aforamento nas atraccións e lugares pechados.
Realizarán, polo menos dúas veces ao día, unha limpeza e desinfección das instalacións con especial atención ás superficies de contacto máis frecuentes como atraccións, máquinas
de entretemento, pomos de portas, mostradores, pasamanos, máquinas dispensadoras, chans,
teléfonos, billas, e outros elementos similares.
CONGRESOS, ENCONTROS, REUNIÓNS DE NEGOCIO, CONFERENCIAS E EVENTOS
Non se poderá superar a cifra de 80 asistentes.
ESTABLECEMENTOS E LOCAIS DE XOGOS E APOSTAS
Non se deberá superar o 50% do aforamento autorizado e non deberá haber, en ningún caso, no interior do local ou establecemento máis de 50 persoas en total, incluíndo aos traballadores do local ou establecemento.
- Entre un cliente e outro se deberá proceder á limpeza e desinfección de calquera tipo de máquina ou dispositivo a través do que se ofrecen actividades de xogo, así como de cadeiras, mesas ou calquera outra superficie de contacto.
- Estableceranse os mecanismos e procesos oportunos para garantir a higienización, cada dúas horas, das fichas de casino, cartas ou calquera outro elemento de xogo que se intercambie entre xogadores.
- Realizaranse tarefas de ventilación periódica nas instalacións, como mínimo dúas veces ao día.
- Deberá evitarse o uso de calquera material de uso común entre clientes, optando polo uso de dispositivos electrónicos propios, lousas, carteis ou outros medios similares.