- A iniciativa, vinculada á marca “Galicia Destino Familiar”, convida a redescubrir Galicia como un destino acolledor, auténtico e perfecto para gozar en familia.
O Clúster Turismo de Galicia, co apoio da Xunta de Galicia-Axencia Turismo de Galicia, puxo en marcha a nova campaña “Galicia, tan de todos”, unha acción promocional que busca reforzar o posicionamento da comunidade coma un destino familiar, sostible e acolledor, así como desestacionalizar a demanda turística. A iniciativa, impulsada baixo o selo “Galicia Destino Familiar” (GDF), desenvolverase ata finais de novembro co obxectivo de mostrar que Galicia “non só se visita, séntese”.
A campaña parte dunha mensaxe emocional que pon en valor a autenticidade de Galicia no outono, unha época na que a comunidade mostra a súa faceta máis íntima e acolledora. A través do concepto “tan de todos”, a acción transmite a idea de que Galicia é un lugar que acolle, comparte e pertence a todos, desde as familias galegas que buscan un respiro da rutina ata quen a descobre por primeira vez.
- Unha Galicia para tódalas familias
“Galicia, tan de todos” reivindica o papel de Galicia coma un destino que ofrece experiencias para todo tipo de familias: aquelas que buscan descanso e conexión, e as que prefiren movemento e aventura. Cun enfoque cálido e próximo, a campaña mostra escenas cotiás que evocan recordos e emocións compartidas (plans improvisados en días de choiva, sobremesas eternas ou historias contadas á beira do lume), lembrando que os pequenos momentos son os que fan especial cada escapada.
- Accións da campaña
A iniciativa combina accións de promoción audiovisual, dixital e participativa co fin de xerar visibilidade e fortalecer a comunidade ao redor de “Galicia Destino Familiar”:
- Peza audiovisual principal. Un vídeo que plasma a esencia emocional da campaña, que presenta o concepto “Galicia, tan de todos” e que convida a redescubrir a Comunidade como un destino acolledor, auténtico e perfecto para as familias no outono. A peza combina escenas cotiás que evocan recordos compartidos, momentos de conexión e a calidez propia desta época do ano, reforzando a mensaxe de que Galicia sente tanto como se visita.
- Cinco pílulas audiovisuais centradas en momentos familiares: tardes de choiva, historias compartidas, sobremesas eternas, días sen présa e o espírito “tan de todos”.
- Landing web oficial, dispoñible en com. Recompila os materiais de campaña, información sobre “Galicia Destino Familiar” e un directorio cos establecementos adheridos ao selo, enlazando directamente coas súas webs oficiais.
- Campaña de paid media: difusión segmentada en redes sociais e Google Ads para incrementar a notoriedade da marca e fomentar a xeración de leads.
- Sorteo en redes sociais. Cun premio valorado en 300 euros a trocar en calquera dos establecementos GDF, destinado a premiar á comunidade dixital da marca e dar visibilidade á súa oferta turística.
Con “Galicia, tan de todos”, o Clúster Turismo de Galicia reafirma o seu compromiso cun modelo turístico responsable, desestacionalizado e orientado ás persoas, poñendo en valor a Galicia máis próxima, emocional e familiar.
- Adhesión a “Galicia Destino Familiar”
Se tes un establecemento ou desenvolves unha actividade de calidade apta para familias, contacta a través da páxina oficial da marca para coñecer os requisitos específicos para formar parte desta rede. Deste xeito, gañarás visibilidade e contarás cun selo e marca de garantía de calidade como establecemento enfocado ás familias.

