- AGETAN, a Asociación Galega de Empresas de Turismo Activo, promove o turismo activo en Galicia para mellorar a saúde mental e física
AGETAN busca axudar á poboación a combater o TAE (Trastorno Afectivo Estacional), un tipo de depresión que adoita aparecer nas estacións de outono e inverno, asociada á redución da luz natural.
A través das súas empresas asociadas ofrecen experiencias baseadas no contacto coa natureza e no exercicio físico. Esta asociación ofrece unha ampla gama de actividades de turismo activo, como:
- Rafting nos ríos galegos.
- Mergullos na costa atlántica.
- Barranquismo na Serra do Courel e Ancares.
- Rutas ciclistas e de sendeirismo.
- Paddle surf en ríos e rías.
O seu obxectivo é posicionar á nosa comunidade como referente no turismo activo ao aire libre.
Para iso, ofrecen propostas de turismo activo seguro, regulado, accesible e respectuoso co medio ambiente. E para conseguilo, colaboran con empresas certificadas que garantan o cumprimento de normas de calidade e seguridade que contribúen ao benestar dos participantes.