Unha nova e sorprendente Cíes e a alma de Arousa Norte

Nunha presentación conxunto coa Deputación de Pontevedra, que centrou a súa aposta en Fitur polo Camiño pola Costa, Vigo, da man do seu alcalde Abel Caballero apostou novamente polas Illas Cíes cun novo vídeo que volveu a mostar sorprendentes imaxes destes precioso recursos turístico. Caballero aproveitou a súa presenza en Madrid para mostrar de novo o seu convencemento de que a candidatura do arquipélago a Patrimonio da Humanidade é “a crónica dun resultado conseguido”. Caballero revelou que as portas do ceo ás que chama Bob Dylan son as illas viguesas e deixou constancia do agarimo que os vigueses senten por elas.

Arousa Norte, sinfonía para os sentidos
Nun acto no tomou parte a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, Arousa Norte presentouse como destino turístico que ten a humanidade, o mar e a ría como un elemento diferenciador apostando por un turismo accesible, próximo, humano e tranquilo, onde gozar dos seus recursos turísticos, ?que nada teñen que envexar a outras potencias turísticas galegas?. A presentación, na que tamén participaron alcaldes da mancomunidade e o seu xerente, presentouse o destino Arousa Norte como ?capital arqueolóxica de Galicia?.
A presentación, na que tamén se proxectou un vídeo, Alma do Mar, tivo especial atención ao turismo accesible, coa presenza da presidenta da Confederación Estatal de Persoas Xordas, Concepción Díaz Robledo

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.