{"id":25621,"date":"2016-03-18T13:21:51","date_gmt":"2016-03-18T13:21:51","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/galicia-perfilase-como-destino-emerxente-ideal-para-novos-fluxos-de-viaxeiros-que-buscan-autenticidade-e-experiencias-unicas\/"},"modified":"2016-03-18T13:21:51","modified_gmt":"2016-03-18T12:21:51","slug":"galicia-perfilase-como-destino-emerxente-ideal-para-novos-fluxos-de-viaxeiros-que-buscan-autenticidade-e-experiencias-unicas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/galicia-perfilase-como-destino-emerxente-ideal-para-novos-fluxos-de-viaxeiros-que-buscan-autenticidade-e-experiencias-unicas\/","title":{"rendered":"Galicia perf\u00edlase como destino emerxente ideal para novos fluxos de viaxeiros que buscan autenticidade e experiencias \u00fanicas"},"content":{"rendered":"<h4>Expertos nacionais e internacionais que se deron cita no a xornada &#8220;Obxectivo 5 mill\u00f3ns&#8221; promovida polo Cl\u00faster de Turismo de Galicia destacaron que Galicia o ten todo para consolidar o seu crecemento tur\u00edstico<\/h4>\n<p style=\"text-align: justify;\">A procura da autenticidade e das experiencias \u00fanicas e novas xunto cos profundos cambios que a tecnolox\u00eda introduciu tanto na xesti\u00f3n de destinos tur\u00edsticos como nas viaxes de incentivos e negocios centraron boa parte do II Encontro Cl\u00faster Turismo de Galicia, que se celebrou\u00a0no Auditorio Mar de Vigo no que se deron cita unha ampla representaci\u00f3n do sector tur\u00edstico galego para co\u00f1ecer e mellorar a captaci\u00f3n de novos fluxos de visitantes a Galicia, que axunta todo o que os novos viaxeiros demandan dun destino, segundo destacaron os relatores.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Do mesmo xeito tam\u00e9n se destacou a necesidade de traballar conxuntamente, sector e administraci\u00f3ns unidos, na promoci\u00f3n e consolidaci\u00f3n do destino Galicia aproveitando a tendencia positiva actual de crecemento. A #Xornada5M ocupou a s\u00faa primeira parte coas intervenci\u00f3ns dos expertos Mady Keup e Ra\u00fal Garc\u00eda, que abordaron a necesidade de implementar as novas tecnolox\u00edas para mellorar as experiencias do viaxeiro, que o sector debe esforzarse por co\u00f1ecer mellor para poder ofrecer unha experiencia personalizada e aut\u00e9ntica. &#8220;Os pequenos destinos deben perfilar un discurso alternativo, a s\u00faa propia historia e deben empregar as novas canles para dala a co\u00f1ecer&#8221;, explicou Mady Keup, que destacou a necesidade de que o sector asimile que a econom\u00eda colaborativa chegou para quedar e que deber\u00e1 escoitarse ao sector para lograr o encaixe de ambos os modelos.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O responsable de<a href=\"http:\/\/www.aprendedeturismo.org\/\" target=\"_blank\"> Aprendedeturismo.or<\/a>g, Ra\u00fal Garc\u00eda, pola s\u00faa banda abordou os cambios substanciais que vive o sector MICE, coa crecente profesionalizaci\u00f3n na organizaci\u00f3n das viaxes de incentivos e a aparici\u00f3n de grandes OPCs que asumen a xesti\u00f3n das reuni\u00f3ns asociativas. Garc\u00eda ofreceu unha serie de consellos para mellorar o proceso de organizaci\u00f3n deste tipo de turismo, incrementar a captaci\u00f3n de novos segmentos de mercado e mellorar a satisfacci\u00f3n dos seus clientes, que buscan elementos creativos, destinos novos e reuni\u00f3ns m\u00e1is informais nas que se lles ofrezan experiencias diferenciais.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>Novos segmentos de mercado e internacionalizaci\u00f3n da oferta<\/strong><br \/>\nOs mercados brit\u00e1nicos, alem\u00e1n e estadounidense centraron a primeira das mesas redondas da xornada, que contaron coa participaci\u00f3n dos responsables das Oficinas de Turismo de Espa\u00f1a en Londres, Frankfurt e Chicago. Ignacio do Val, subdirector da OET de Londres, destacou as grandes potencialidades de Galicia como destino emerxente para o mercado ingl\u00e9s, que busca fundamentalmente descanso, natureza e turismo mari\u00f1eiro. &#8220;Todo o que busca o segmento de turista ingl\u00e9s de clase alta ofr\u00e9ceo Galicia, que ademais conta cunha boa conectividad e boa relaci\u00f3n calidade\/prezo&#8221;, destacou.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Este segmento de mercado tam\u00e9n \u00e9 o que capta Galicia no mercado alem\u00e1n, que segue sendo maioritariamente de sol e praia. Con todo, desde a OET de Frankfurt, Xullo L\u00f3pez destacou o interese de Turismo de Espa\u00f1a en incrementar o fluxo doutro tipo de turista alem\u00e1n, de maior poder adquisitivo, que \u00e9 o interesado na oferta tur\u00edstica do norte peninsular. ?\u00c9 necesario potenciar o co\u00f1ecemento do Destino Galicia, destacando natureza, cultura e sa\u00fade, que son elementos que van buscando os segmentos de mercado que queremos captar?, explicou L\u00f3pez. Finalmente Carola Sara, directora da OET de Chicago destacou tam\u00e9n as grandes potencialidades do destino Galicia como opci\u00f3n alternativa \u00e1s rutas habituais que xa co\u00f1ece o turista de EE.UU, xa que o noso territorio ofrece todo o que eles est\u00e1n a buscar, a\u00ednda que falta seguir traballando en situar a Galicia no imaxinario deste turista, que fundamentalmente ten de Galicia a referencia do Cami\u00f1o de Santiago.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>Novas ferramentas tecnol\u00f3xicas<\/strong><br \/>\nBaixo o t\u00edtulo &#8220;Obxectivo 5 mill\u00f3ns: Retos e oportunidades da comercializaci\u00f3n e tecnolox\u00eda do Destino Galicia&#8221;, a xornada finaliza esta tarde coa participaci\u00f3n do director de Desenvolvemento de Negocios e Novas Tecnolox\u00edas de <a href=\"http:\/\/www.segittur.es\/es\/inicio\/index.html\" target=\"_blank\">Segittur<\/a>, Enrique Lancis e cunha mesa redonda na que se abordar\u00e1 de forma pr\u00e1ctica a aplicaci\u00f3n das novas tecnolox\u00edas para a mellora da comercializaci\u00f3n tur\u00edstica coa participaci\u00f3n de representantes de empresas punteiras como Beonprice, a empresa espa\u00f1ola de referencia do revenue management, o channel manager ParityRate ou do <a href=\"http:\/\/www.ithotelero.com\/\" target=\"_blank\">Instituto Tecnol\u00f3xico Hostaleiro<\/a>, completando unha mesa imprescindible para entender como se modificou en moi poucos anos o funcionamento da comercializaci\u00f3n da oferta tur\u00edstica na que o uso do big data e a consolidaci\u00f3n do uso do channel manager, que permite reunir a informaci\u00f3n de centos de axentes que cambian as s\u00faas ofertas de hospedaxe on e off line minuto a minuto, \u00e9 fundamental.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">As\u00ed tam\u00e9n o destacaban na inauguraci\u00f3n tanto a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, que incidiu no incremento da cifra de viaxeiros e nas potencialidades de Galicia como a presidenta da Deputaci\u00f3n, Carmela Silva, e o alcade de Vigo, Abel Caballero que xunto co presidente do Cl\u00faster Turismo de Galicia, Francisco Gonz\u00e1lez, e o presidente de Segittur, Antonio L\u00f3pez de \u00c1vila, foron os encargados de inaugurar esta xornada, na que se deron cita m\u00e1is de 350 profesionais do sector tur\u00edstico galego.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Expertos nacionais e internacionais que se deron cita no a xornada &#8220;Obxectivo 5 mill\u00f3ns&#8221; promovida polo Cl\u00faster de Turismo de Galicia destacaron que Galicia o ten todo para consolidar o seu crecemento tur\u00edstico A procura da autenticidade e das experiencias \u00fanicas e novas xunto cos profundos cambios que a tecnolox\u00eda introduciu tanto na xesti\u00f3n de &#8230; <a title=\"Galicia perf\u00edlase como destino emerxente ideal para novos fluxos de viaxeiros que buscan autenticidade e experiencias \u00fanicas\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/galicia-perfilase-como-destino-emerxente-ideal-para-novos-fluxos-de-viaxeiros-que-buscan-autenticidade-e-experiencias-unicas\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre Galicia perf\u00edlase como destino emerxente ideal para novos fluxos de viaxeiros que buscan autenticidade e experiencias \u00fanicas\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":25622,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2540,3737,2547,3739],"tags":[],"class_list":["post-25621","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-cluster","category-cluster-2","category-xornadas","category-jornadas"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25621","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=25621"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25621\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/25622"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=25621"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=25621"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=25621"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}