{"id":25626,"date":"2016-03-18T13:45:59","date_gmt":"2016-03-18T13:45:59","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/boa-saude-para-o-turismo-rural-en-galicia\/"},"modified":"2016-03-18T13:45:59","modified_gmt":"2016-03-18T12:45:59","slug":"boa-saude-para-o-turismo-rural-en-galicia","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/boa-saude-para-o-turismo-rural-en-galicia\/","title":{"rendered":"Boa sa\u00fade para o turismo rural en Galicia"},"content":{"rendered":"<h4>Ourense acolleu relatorios e mesas redondas sobre este sector con motivo do 10\u00ba aniversario do Master de Turismo de Interior e de Sa\u00fade da Universidade de Vigo<\/h4>\n<p style=\"text-align: justify;\">O d\u00e9cimo aniversario do <a href=\"http:\/\/www.masterturismoourense.es\/\" target=\"_blank\">M\u00e1ster en Direcci\u00f3n e Planificaci\u00f3n do Turismo de Interior e de Sa\u00fade da Universidade de Vigo<\/a>, que coordina Jos\u00e9 Antonio Fraiz Brea serviu para converter a Ourense en lugar de an\u00e1lise do estado de sa\u00fade do turismo rural en Galicia e valorar as potencialidades do sector en Galicia, no marco da programaci\u00f3n especial que con motivo deste aniversario coordinouse desde o departamento que dirixe Fraiz. \u00a0As\u00ed, e durante d\u00faas xornadas suced\u00e9ronse en Ourense relatorios e mesas redondas sobre as perspectivas formativas, a cooperaci\u00f3n existente entre a universidade e a empresa, sa\u00eddas laborais que te\u00f1en os titulados neste master as\u00ed como sobre a investigaci\u00f3n, innovaci\u00f3n e internacionalizaci\u00f3n no \u00e1mbito do turismo.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Como coordinador do M\u00e1ster Universitario, Jos\u00e9 Antonio Fraiz Brea foi o encargado de expor ante alumnos e profesionais as potencialidades que ten o sector, cuxo volume descendeu nos \u00faltimos anos, o que propiciou que mellorasen as cifras de ocupaci\u00f3n. Outros dous datos positivos sobre a sa\u00fade do turismo rural galego ofreceunos Myriam Tejada, responsable de comunicaci\u00f3n de <a href=\"http:\/\/www.escapadarural.com\/\" target=\"_blank\">Escapada Rural<\/a>, un dos organismos elaboradores do \u00faltimo informe do Observatorio do Turismo Rural. O primeiro deles \u00e9 o feito de que &#8220;en Galicia aumentaron seis puntos m\u00e1is que a media nacional os prezos no \u00faltimo ano&#8221; e o segundo revela que &#8220;esta semana Santa, a ocupaci\u00f3n estar\u00e1 catro puntos por encima do ano pasado&#8221;.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Con todo todos os expertos coincidiron en destacar que o gran reto de futuro para o sector \u00e9 a estancia media dos turistas que escollen este tipo de aloxamentos e que actualmente non supera os dous d\u00edas de media tanto en Ourense como no resto de provincias galegas, excepto Pontevedra. A pesar dese desfasamento, entre 2013 e 2014 produciuse un incremento na estancia media na casa rurais da provincia, de 1,7 a 1,84 d\u00edas. Por outra banda, en canto a evoluci\u00f3n da demanda, tam\u00e9n hai unha din\u00e1mica positiva en Ourense, cun aumento do 12 % en 2014 a un 14,75 % en 2015.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Ante un contexto competitivo tan grande, as soluci\u00f3ns pasar\u00edan por un maior esforzo dos propietarios deste tipo de negocios na promoci\u00f3n da &#8220;oferta complementaria&#8221;, indicaba Fraiz, reivindicando o valor da riqueza monumental e paisax\u00edstica da contorna, algo no que tam\u00e9n coincid\u00eda Miryam Tejada que sinalou, entre as s\u00faas recomendaci\u00f3ns para mellorar as posibilidades de negocio destes establecementos, &#8220;co\u00f1ecer ben a contorna&#8221; para, en base a el &#8220;ofrecer experiencias&#8221; a \u00a0os clientes, ben sexa relacionadas co enoturismo, cos deportes de aventura ou coas rutas paisax\u00edsticas ou gastron\u00f3micas, ademais de destacar o gran nicho de mercado que pode supor o feito de aceptar mascotas e converter os aloxamentos de turismo rural en pet friendly. &#8220;Os viaxeiros que elixen Galicia valoran m\u00e1is as instalaci\u00f3ns para mascotas que no resto do pa\u00eds&#8221;, un feito que determina que os turistas que viaxan cos seus animais de compa\u00f1\u00eda dec\u00e1ntense por estancias longas polas dificultades para deixalos con outras persoas. ?Se tes un aloxamento de turismo rural que acepte mascotas comun\u00edcao, non o deixes pasar e comun\u00edcao en grande para que non pase desapercibido?, recomendou a experta que, ademais, destacou a necesidade de empregar as novas canles de comunicaci\u00f3n para darlle visibilidade a estes negocios, creando historias orixinais e contadas desde a propia experiencia dos responsables do establecemento.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>Aniversario<\/strong><br \/>\nEstas xornadas e mesas redondas serviron como antesala ao acto conmemorativo do Master, no que participaron a directora de <a href=\"http:\/\/www.turismo.gal\" target=\"_blank\">Turismo de Galicia<\/a>, Nava Castro Dom\u00ednguez, xunto coa delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol D\u00edaz. Na s\u00faa intervenci\u00f3n, Nava Castro destacou as iniciativas formativas, de investigaci\u00f3n e de xeraci\u00f3n de co\u00f1ecemento que contrib\u00faen a incrementar a competitividade do destino e a polo en valor e explicou que o Plan integral de turismo dedica unha das s\u00faas li\u00f1as estrat\u00e9xicas ao fomento do talento e o aproveitamento das novas tecnolox\u00edas para conseguir un sector competitivo e un destino intelixente.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">As\u00ed mesmo, a directora de Turismo de Galicia destacou a importancia da oferta educativa superior e o esforzo que sup\u00f3n o seu desenvolvemento con altos niveis de calidade por isto, segundo afirmou, desde a Xunta apoiase co tres m\u00e1ster relacionados co Turismo que atesoura a nosa Comunidade a trav\u00e9s de convenios de colaboraci\u00f3n co tres universidades galegas.\u00a0Nava Castro conclu\u00edu afirmando que unha correcta formaci\u00f3n por parte dos axentes do sector, conv\u00e9rtese nun valor engadido do destino xa que repercute nunha maior percepci\u00f3n de calidade por parte do turista.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Ourense acolleu relatorios e mesas redondas sobre este sector con motivo do 10\u00ba aniversario do Master de Turismo de Interior e de Sa\u00fade da Universidade de Vigo O d\u00e9cimo aniversario do M\u00e1ster en Direcci\u00f3n e Planificaci\u00f3n do Turismo de Interior e de Sa\u00fade da Universidade de Vigo, que coordina Jos\u00e9 Antonio Fraiz Brea serviu para &#8230; <a title=\"Boa sa\u00fade para o turismo rural en Galicia\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/boa-saude-para-o-turismo-rural-en-galicia\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre Boa sa\u00fade para o turismo rural en Galicia\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":25627,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[],"tags":[],"class_list":["post-25626","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25626","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=25626"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25626\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/25627"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=25626"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=25626"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=25626"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}