{"id":25765,"date":"2016-04-20T11:42:59","date_gmt":"2016-04-20T11:42:59","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/proxecto-de-revitalizacion-da-rede-de-sendeiros-azuis\/"},"modified":"2016-04-20T11:42:59","modified_gmt":"2016-04-20T10:42:59","slug":"proxecto-de-revitalizacion-da-rede-de-sendeiros-azuis","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/proxecto-de-revitalizacion-da-rede-de-sendeiros-azuis\/","title":{"rendered":"Proxecto de revitalizaci\u00f3n da Rede de Sendeiros Azuis"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\">A <a href=\"http:\/\/www.depo.es\/es\" target=\"_blank\">Deputaci\u00f3n de Pontevedra<\/a> puxo en marcha un proxecto para o impulso da <a href=\"http:\/\/senderosazules.org\/proyecto\" target=\"_blank\">Rede de Sendeiros Azuis<\/a>, que integra os carreiros que enlazan praias e portos con Bandeira Azul en nove municipios da provincia (Cangas, Bueu, Vigo, A Illa de Arousa, A Guarda, Nigr\u00e1n, Baiona, Sanxenxo e Portonovo). Para iso a instituci\u00f3n provincial dotou\u00a0ao proxecto de 60.000 euros destinados a desenvolver un primeiro paquete de actuaci\u00f3ns concretas de sinalizaci\u00f3n, mobiliario, mantemento e promoci\u00f3n.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Este \u00e9 s\u00f3 o punto de partida, xa que a Deputaci\u00f3n Provincial pretende concorrer de forma conxunta cos municipios adheridos a esta Rede para a captaci\u00f3n de fondos europeos que permitan desenvolver a medio e longo prazo este proxecto. Segundo anunciou a Deputaci\u00f3n, os Carreiros Azuis desempe\u00f1an unha funci\u00f3n social importante, ao constitu\u00edr excelentes lugares para o goce da natura?leza e, tam\u00e9n, como elementos vertebradores para o desenvolvemento, sa\u00fade e benestar do conxunto da sociedade.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Actualmente, Galicia conta con 16 carreiros azuis, e oito deles est\u00e1n na provincia de Pontevedra (Ponte Caldelas est\u00e1 a tramitar a s\u00faa candidatura para optar a esta distinci\u00f3n en 2016). Son, en concreto, o Roteiro de Don\u00f3n en Cangas do Morrazo, a Senda de ribeira e litoral Cami\u00f1o \u00e1 Beiramar de Vigo, a Ruta de Sendeirismo Cabo Udra en Bueu, a Senda Perimetral Bao-Xastelas na Illa de Arousa, a Senda Litoral da Guarda, o Carreiro Litoral Ecosistema Dunar Praia Am\u00e9rica?Panx\u00f3n en Nigr\u00e1n, o Carreiro Litoral de Baiona e o Carreiro Litoral Sanxenxo &#8211; Portonovo, que se sumou a esta Rede en 2015.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Xunto a estas rutas, no resto de Galicia existen outro oito Carreiros Azuis, catro na provincia da Coru\u00f1a e catro na de Lugo. Os coru\u00f1eses son o Bordo litoral R\u00eda de Ortigueira, o Carreiro da Praia da Laracha, a Senda Litoral de Arteixo e o Carreiro Litoral de Boiro; mentres que os lucenses son o Carreiro Azul Ruta do Litoral Burelense, o Carreiro Azul Praia Abrela &#8211; Punta Socastro do Vicedo, a Ruta do Faro de Illa Pancha \u00e1s Aceas en Ribadeo e o Paseo Ruta das Praias de Foz.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A Deputaci\u00f3n de Pontevedra puxo en marcha un proxecto para o impulso da Rede de Sendeiros Azuis, que integra os carreiros que enlazan praias e portos con Bandeira Azul en nove municipios da provincia (Cangas, Bueu, Vigo, A Illa de Arousa, A Guarda, Nigr\u00e1n, Baiona, Sanxenxo e Portonovo). Para iso a instituci\u00f3n provincial dotou\u00a0ao proxecto &#8230; <a title=\"Proxecto de revitalizaci\u00f3n da Rede de Sendeiros Azuis\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/proxecto-de-revitalizacion-da-rede-de-sendeiros-azuis\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre Proxecto de revitalizaci\u00f3n da Rede de Sendeiros Azuis\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[],"tags":[],"class_list":["post-25765","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25765","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=25765"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25765\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=25765"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=25765"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=25765"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}