{"id":25780,"date":"2016-04-22T12:31:03","date_gmt":"2016-04-22T12:31:03","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/sanxenxo-acolleu-unha-charla-informativa-sobre-as-vivendas-de-uso-turistico\/"},"modified":"2016-04-22T12:31:03","modified_gmt":"2016-04-22T11:31:03","slug":"sanxenxo-acolleu-unha-charla-informativa-sobre-as-vivendas-de-uso-turistico","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/sanxenxo-acolleu-unha-charla-informativa-sobre-as-vivendas-de-uso-turistico\/","title":{"rendered":"Sanxenxo acolleu unha charla  informativa sobre as vivendas de uso tur\u00edstico"},"content":{"rendered":"<h4 style=\"text-align: justify;\">Organizada polo CETS, o encontro contou coa presenza dun responsable de Turismo de Galicia para resolver d\u00fabidas respecto ao Decreto que regular\u00eda este tipo de aloxamentos<\/h4>\n<p style=\"text-align: justify;\">O <a href=\"http:\/\/www.sanxenxoturismo.com\/\" target=\"_blank\">Consorcio de Empresarios de Sanxenxo<\/a> celebrou unha presentaci\u00f3n aberta ao p\u00fablico para informar o <a href=\"http:\/\/www.turismo.gal\/canle-institucional\/normativa\/detalle?langId=es_ES&amp;content=normativa_0073.html\" target=\"_blank\">Decreto de regulaci\u00f3n das Vivendas Tur\u00edsticas<\/a>, pendente a\u00ednda de aprobaci\u00f3n por parte da Xunta, pero que regular\u00e1 por vez primeira o uso tur\u00edstico das vivendas particulares. A\u00ednda que o Decreto recolle a regulaci\u00f3n que afecta tanto aos apartamentos tur\u00edsticos, como \u00e1s vivendas tur\u00edsticas, son as vivendas de uso tur\u00edstico as que xeraron un maior n\u00famero de cuesti\u00f3ns e d\u00fabidas entre os participantes \u00e1 charla.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O director de Competitividade de <a href=\"http:\/\/www.turismo.gal\" target=\"_blank\">Turismo de Galicia<\/a>, Jos\u00e9 Lu\u00eds Mestre Casti\u00f1eiras, foi o encargado de ofrecer unha presentaci\u00f3n centrada nesta terceira tipolox\u00eda, as vivendas de uso tur\u00edstico, establecendo que \u00e9 o que se entende por este tipo de vivenda e que requisitos deben cumprir para poder ter esa consideraci\u00f3n e entrar nas canles tur\u00edsticas. Neste sentido, Mestre Casti\u00f1eiras fixo fincap\u00e9 en que para a redacci\u00f3n deste regulamento seguiuse a normativa de Catalu\u00f1a, ?porque cremos que garante un equilibrio entre clientes e alquiladores e \u00e9 que a que m\u00e1is tempo leva en funcionamento. Outras regulamentaci\u00f3ns como as de Madrid ou Andalucia, por exemplo, son mais restritivas e estan recorridas?, explicou.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A presentaci\u00f3n serviu para que os potenciais interesados en dar de alta as s\u00faas vivendas nun novo uso, o tur\u00edstico, co\u00f1ecesen a documentaci\u00f3n necesaria que necesitar\u00edan para iso as\u00ed como os requisitos que ha de cumprir a vivenda. Cabe destacar que se entende como vivendas de uso tur\u00edstico todas aquelas en as que a cesi\u00f3n de uso \u00e9 inferior a 30 d\u00edas consecutivos ou que se ceda dous ou m\u00e1is veces no prazo dun ano. Non se permite o aluguer por estancias, se non que se aluga a vivenda de forma conxunta.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Tras a aprobaci\u00f3n do Decreto darase un prazo de seis meses para que aquelas persoas afectadas por este cambio de regulaci\u00f3n poidan darse de alta no rexistro de vivendas de uso tur\u00edstico, a\u00ednda que o responsable de Turismo de Galicia destacou que non est\u00e1 no \u00e1nimo da Xunta proceder a realizar inspecci\u00f3ns sistem\u00e1ticas destas vivendas a\u00ednda que si as prod\u00eda haber se hai denuncias contra elas ou se detectan irregularidades. Neste caso, o r\u00e9xime sancionador que se lles aplicar\u00eda ser\u00eda o mesmo que o dos establecementos tur\u00edsticos.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Durante a charla resolv\u00e9ronse un gran n\u00famero de d\u00fabidas referentes a calefacci\u00f3n nas vivendas, accesibilidade, instalaci\u00f3n ou non de ascensores, obrigaci\u00f3n de ter rexistro de viaxeiros, normas de uso, etc.<\/p>\n<blockquote>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong><a href=\"https:\/\/clusterturismogalicia.com\/wp-content\/uploads\/2016\/04\/Presentacion-Contido-Decreto-Vivendas-de-uso-tur\u00edstico-1.pdf\" target=\"_blank\">Descarga o documento resume sobre as Vivendas de Uso Tur\u00edstico<\/a><\/strong><\/p>\n<\/blockquote>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Organizada polo CETS, o encontro contou coa presenza dun responsable de Turismo de Galicia para resolver d\u00fabidas respecto ao Decreto que regular\u00eda este tipo de aloxamentos O Consorcio de Empresarios de Sanxenxo celebrou unha presentaci\u00f3n aberta ao p\u00fablico para informar o Decreto de regulaci\u00f3n das Vivendas Tur\u00edsticas, pendente a\u00ednda de aprobaci\u00f3n por parte da Xunta, &#8230; <a title=\"Sanxenxo acolleu unha charla  informativa sobre as vivendas de uso tur\u00edstico\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/sanxenxo-acolleu-unha-charla-informativa-sobre-as-vivendas-de-uso-turistico\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre Sanxenxo acolleu unha charla  informativa sobre as vivendas de uso tur\u00edstico\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2547,3739],"tags":[],"class_list":["post-25780","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-xornadas","category-jornadas"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25780","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=25780"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25780\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=25780"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=25780"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=25780"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}