{"id":25849,"date":"2016-05-14T10:02:47","date_gmt":"2016-05-14T10:02:47","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/cluster-turismo-de-galicia-valora-positivamente-o-novo-decreto-de-regulaciacion-dos-establecementos-hoteleiros\/"},"modified":"2016-05-14T10:02:47","modified_gmt":"2016-05-14T09:02:47","slug":"cluster-turismo-de-galicia-valora-positivamente-o-novo-decreto-de-regulaciacion-dos-establecementos-hoteleiros","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/cluster-turismo-de-galicia-valora-positivamente-o-novo-decreto-de-regulaciacion-dos-establecementos-hoteleiros\/","title":{"rendered":"Cl\u00faster Turismo de Galicia valora positivamente o novo decreto de regulaciaci\u00f3n dos establecementos hoteleiros"},"content":{"rendered":"<h4>O interlocutor do sector tur\u00edstico galego destaca que a nova normativa introduce criterios de valoraci\u00f3n baseados na calidade dos servizos e flexibiliza os par\u00e1metros m\u00e9tricos<\/h4>\n<p style=\"text-align: justify;\">A expensas da s\u00faa publicaci\u00f3n no DOGA, o <a href=\"http:\/\/www.xunta.gal\/c\/document_library\/get_file?folderId=906666&amp;name=DLFE-25902.pdf\" target=\"_blank\">Consello da Xunta de Galicia<\/a> desta semana aprobou finalmente a nova normativa que regular\u00e1 os establecementos hostaleiros, un decreto que desde o Cl\u00faster Turismo de Galicia val\u00f3rase positivamente pola introduci\u00f3n, por vez primeira, de criterios de percepci\u00f3n de calidade por parte do usuario as\u00ed como dunha importante flexibilizaci\u00f3n nos par\u00e1metros m\u00e9tricos.<br \/>\nTr\u00e1tase, ademais, da primeira das normativas que se xestou cunha flu\u00edda comunicaci\u00f3n entre a Administraci\u00f3n P\u00fablica e o sector, da man do Cl\u00faster Turismo de Galicia como interlocutor. &#8220;Para a elaboraci\u00f3n desta nova normativa, que introduce importantes avances en canto \u00e1 valoraci\u00f3n dos servizos prestados fronte \u00e1 rixidez dos metros cadrados, escoitouse ao sector e tiv\u00e9ronse en conta as nosas consideraci\u00f3ns para introducir novos criterios de valoraci\u00f3n. \u00c9 un paso moi importante para n\u00f3s como colectivo&#8221;, explica o presidente do Cl\u00faster Turismo de Galicia, Francisco Gonz\u00e1lez.<br \/>\nEntre as principais novidades que achega esta normativa destaca a <strong>introduci\u00f3n dun sistema de cualificaci\u00f3ns por puntos<\/strong> que permita ter en conta, por unha banda, as infraestruturas e o cumprimento duns m\u00ednimos obrigatorios para todos os establecementos da mesma categor\u00eda, e por outra banda, os servizos prestados polos establecementos, ofrecidos \u00e1 libre elecci\u00f3n dos titulares dos mesmos.<br \/>\nEste novo sistema sup\u00f3n a introduci\u00f3n de par\u00e1metros de calidade do servizo na categorizaci\u00f3n dos establecementos a trav\u00e9s da valoraci\u00f3n de aspectos como confortabilidad, mobiliario e equipamentos das habitaci\u00f3ns, acceso aos servizos complementarios, servizos de restauraci\u00f3n, servizos de telecomunicaci\u00f3ns, etc.<br \/>\nNeste novo sistema de clasificaci\u00f3n por puntos val\u00f3ranse tanto a importancia da percepci\u00f3n da calidade que te\u00f1en os consumidores e usuarios, como os requisitos m\u00ednimos que se te\u00f1an que cumprir en todo o territorio galego, adecuados aos est\u00e1ndares xenerais do sector. As\u00ed mesmo, incl\u00fae a posibilidade de mellorar a competitividade dos establecementos, mediante un sistema flexible da clasificaci\u00f3n cun espazo que permite a innovaci\u00f3n empresarial no noso territorio.<br \/>\n<strong>Armonizaci\u00f3n con outras normativas<\/strong><br \/>\nAdemais, introd\u00facense elementos de f<strong>lexibilidade na rixidez m\u00e9trica das superficies esixidas<\/strong> coa finalidade de facilitar a rehabilitaci\u00f3n de edificios, a conservaci\u00f3n do patrimonio hist\u00f3rico e art\u00edstico e unha adecuada adaptaci\u00f3n da norma tentando de harmonizalo tanto co resto de normas doutras comunidades aut\u00f3nomas como coas da nosa contorna m\u00e1is inmediata, en especial coa normativa europea.<br \/>\nCoa posta en marcha desta nova normativa, que ter\u00e1 lugar tras a s\u00faa publicaci\u00f3n no DOGA ? previsiblemente a pr\u00f3xima semana- os establecementos hostaleiros quedar\u00e1n agrupados en dous grupos, hoteis e pensi\u00f3ns. \u00c1 s\u00faa vez a categor\u00eda hoteis incl\u00fae varias subcategor\u00edas: hoteis, hoteis apartamentos, moteles e d\u00faas novas subcategor\u00edas: hoteis balneario e hoteis talaso.<br \/>\n<strong>Mantense a clasificaci\u00f3n por estrelas<\/strong><br \/>\nCon independencia da modalidade \u00e1 que pertenzan, todos os establecementos hostaleiros seguir\u00e1n acollidos ao sistema de clasificaci\u00f3n por estrelas, exceptuando os moteles, que se clasifican nunha \u00fanica categor\u00eda debendo cumprir como m\u00ednimo as condici\u00f3ns que lle corresponder\u00edan a un hotel de d\u00faas estrelas. Tam\u00e9n quedan acollidos \u00e1 clasificaci\u00f3n por estrelas as pensi\u00f3ns, agrupadas en tres categor\u00edas dunha, d\u00faas e tres estrelas. As categor\u00edas dunha, d\u00faas, tres, catro e cinco estrelas poder\u00e1n ter, ademas, a cualificaci\u00f3n de superior.<br \/>\nNo que se refire \u00e1s pensi\u00f3ns, a normativa recolle que se poder\u00e1 denominar Hostal a aquelas pensi\u00f3ns que d\u00faas e tres elas que cumpran cos requisitos establecidos no Decreto. A denominaci\u00f3n de Pousada quedar\u00e1 supeditada a aprobaci\u00f3n por parte de Turismo de Galicia, sendo necesario que cumpra unha serie de requisitos, entre eles que o establecemento estea clasificado, como m\u00ednimo, como un hotel de d\u00faas estrelas superior.<br \/>\nO decreto decidiu manter a clasificaci\u00f3n de estrelas atendendo ao seu reco\u00f1ecemento internacional xa que se considera que os turistas seguen asociando o n\u00famero de estrelas outorgadas en cada establecemento hostaleiro cun determinado nivel de calidade de instalaci\u00f3ns e servizos.<\/p>\n<blockquote>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/transparencia.xunta.gal\/tema\/informacion-de-relevancia-xuridica\/normativa-en-tramitacion\/pendente-de-aprobacion\/-\/nt\/0022\/proxecto-decreto-2016-polo-que-establece-ordenacion-dos-establecementos-hoteleiros\" target=\"_blank\">Consulta o anteproxecto aqu\u00ed<\/a><\/p>\n<\/blockquote>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O interlocutor do sector tur\u00edstico galego destaca que a nova normativa introduce criterios de valoraci\u00f3n baseados na calidade dos servizos e flexibiliza os par\u00e1metros m\u00e9tricos A expensas da s\u00faa publicaci\u00f3n no DOGA, o Consello da Xunta de Galicia desta semana aprobou finalmente a nova normativa que regular\u00e1 os establecementos hostaleiros, un decreto que desde o &#8230; <a title=\"Cl\u00faster Turismo de Galicia valora positivamente o novo decreto de regulaciaci\u00f3n dos establecementos hoteleiros\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/cluster-turismo-de-galicia-valora-positivamente-o-novo-decreto-de-regulaciacion-dos-establecementos-hoteleiros\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre Cl\u00faster Turismo de Galicia valora positivamente o novo decreto de regulaciaci\u00f3n dos establecementos hoteleiros\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2540,3737],"tags":[],"class_list":["post-25849","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-cluster","category-cluster-2"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25849","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=25849"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25849\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=25849"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=25849"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=25849"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}