{"id":25873,"date":"2016-05-24T10:29:16","date_gmt":"2016-05-24T10:29:16","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/nunez-feijoo-destaca-o-peso-do-sector-turistico-no-conxunto-da-economia-galego-como-un-dos-alicerces-basicos-do-edificio-empresarial-de-galicia\/"},"modified":"2016-05-24T10:29:16","modified_gmt":"2016-05-24T09:29:16","slug":"nunez-feijoo-destaca-o-peso-do-sector-turistico-no-conxunto-da-economia-galego-como-un-dos-alicerces-basicos-do-edificio-empresarial-de-galicia","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/nunez-feijoo-destaca-o-peso-do-sector-turistico-no-conxunto-da-economia-galego-como-un-dos-alicerces-basicos-do-edificio-empresarial-de-galicia\/","title":{"rendered":"N\u00fa\u00f1ez Feij\u00f3o destaca o peso do sector tur\u00edstico no conxunto da econom\u00eda galego como &#8220;un dos alicerces b\u00e1sicos do edificio empresarial de Galicia&#8221;"},"content":{"rendered":"<h4 style=\"text-align: justify;\">O presidente da Xunta clausurou o acto de entrega das 274 Q de Calidade que Galicia acada\u00a0en 2016, seis m\u00e1is que o ano pasado<\/h4>\n<p style=\"text-align: justify;\">&#8220;Sodes o mellor reflexo de Galicia&#8221;. As\u00ed se manifestaba o presidente da Xunta, Alberto N\u00fa\u00f1ez Feij\u00f3o na entrega das <a href=\"http:\/\/www.calidadturistica.es\/motor.php?id_pagina=home\" target=\"_blank\">Q de Calidade<\/a> que tivo lugar no Real Club N\u00e1utico de Sanxenxo, unha entrega de marca, xa que a comunidade conta xa con 274 destas distinci\u00f3ns, s\u00f3 por detr\u00e1s de Andaluc\u00eda, algo que o presidente destacaba especialmente tendo en conta as diferenzas en volume de habitantes e establecementos entre as d\u00faas comunidades aut\u00f3nomas. N\u00fa\u00f1ez Feij\u00f3o destacou especialmente a progresi\u00f3n que Galicia viviu estes anos cara \u00e1 excelencia. Non en balde, se en 2004 apenas hab\u00eda 16 empresas certificadas, hoxe esta cifra chega \u00e1s 274 Q, liderando o n\u00famero de Q en infraestruturas como os hoteis, os apartamentos tur\u00edsticos, as casas de turismo rural, os balnearios ou as instalaci\u00f3ns n\u00e1uticas.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">&#8220;Celebramos o incremento do n\u00famero de empresas certificadas, con 6 m\u00e1is este ano, pero, sobre todo, celebramos o traballo a longo prazo&#8221;, abundou, incidindo en que a marca Q de calidade significa prestixio, diferenciaci\u00f3n, fiabilidade, rigorosidade e promoci\u00f3n. Neste sentido, o presidente da Xunta destacou, ademais, o traballo man a man co sector a trav\u00e9s do Cl\u00faster Turismo de Galicia que, xunto a Turismo de Galicia, traballan en diferentes iniciativas conxuntas a favor da excelencia e a profesionalizaci\u00f3n do sector, obxectivos recolleitos no Plan integral de turismo de Galicia 2014-2016 como un dos alicerces b\u00e1sicos sobre os que se debe sustentar &#8220;o edificio tur\u00edstico industrial de Galicia&#8221;.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Neste sentido, Feij\u00f3o aproveitou a s\u00faa participaci\u00f3n no acto para felicitar o esforzo de todo o sector e a s\u00faa aposta pola calidade, que se ve reflectida <a href=\"http:\/\/www.turismo.gal\/detalle-nova-turistica?langId=es_ES&amp;content=nova_1062.html&amp;ordRs=0\" target=\"_blank\">nas boas cifras acadadas neste primeiro cuadrimestre do ano<\/a>, en que a nosa comunidade recibiu a preto de 860.000 viaxeiros, un 7,3% m\u00e1is que no mesmo per\u00edodo de 2015. &#8220;Estamos a falar do mellor cuadrimestre desde que empezou a crise, cun n\u00famero de pernoctaciones que ascendeu a 1,5 mill\u00f3ns, e no tres sectores de demanda: tanto na demanda interna, que crece un 3,6%, como na demanda nacional (10,2%) e internacional (que crece un 4,3 %)&#8221;, dixo, subli\u00f1ando tam\u00e9n que de cada dez euros da econom\u00eda galega un prov\u00e9n do turismo. Feij\u00f3o mostrouse convencido de que este pode ser un gran ver\u00e1n para o sector.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">No acto de entrega das distinci\u00f3ns Q de Calidade, ademais do presidente da Xunta, tam\u00e9n estiveron presentes, entre outras autoridades, o presidente do <a href=\"http:\/\/www.icte.es\/ESP\/m\/1\/Inicio\/Inicio\" target=\"_blank\">ICTE<\/a>, Miguel Mirones, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, o delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, ou o presidente do Cl\u00faster Turismo de Galicia, Francisco Gonz\u00e1lez.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O presidente da Xunta clausurou o acto de entrega das 274 Q de Calidade que Galicia acada\u00a0en 2016, seis m\u00e1is que o ano pasado &#8220;Sodes o mellor reflexo de Galicia&#8221;. As\u00ed se manifestaba o presidente da Xunta, Alberto N\u00fa\u00f1ez Feij\u00f3o na entrega das Q de Calidade que tivo lugar no Real Club N\u00e1utico de Sanxenxo, &#8230; <a title=\"N\u00fa\u00f1ez Feij\u00f3o destaca o peso do sector tur\u00edstico no conxunto da econom\u00eda galego como &#8220;un dos alicerces b\u00e1sicos do edificio empresarial de Galicia&#8221;\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/nunez-feijoo-destaca-o-peso-do-sector-turistico-no-conxunto-da-economia-galego-como-un-dos-alicerces-basicos-do-edificio-empresarial-de-galicia\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre N\u00fa\u00f1ez Feij\u00f3o destaca o peso do sector tur\u00edstico no conxunto da econom\u00eda galego como &#8220;un dos alicerces b\u00e1sicos do edificio empresarial de Galicia&#8221;\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[],"tags":[],"class_list":["post-25873","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25873","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=25873"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25873\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=25873"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=25873"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=25873"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}