{"id":25891,"date":"2016-05-30T11:09:19","date_gmt":"2016-05-30T11:09:19","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/o-sector-termal-en-espana-alcanza-o-volume-de-negocio-do-turismo-rural\/"},"modified":"2016-05-30T11:09:19","modified_gmt":"2016-05-30T10:09:19","slug":"o-sector-termal-en-espana-alcanza-o-volume-de-negocio-do-turismo-rural","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/o-sector-termal-en-espana-alcanza-o-volume-de-negocio-do-turismo-rural\/","title":{"rendered":"O sector termal en Espa\u00f1a alcanza o volume de negocio do turismo rural"},"content":{"rendered":"<h4 style=\"text-align: justify;\">O informe Turismo Termal en Espa\u00f1a analiza a situaci\u00f3n, debilidades e posibilidades de mellora do termalismo en Espa\u00f1a<\/h4>\n<p style=\"text-align: justify;\">Problemas de comercializaci\u00f3n, co\u00f1ecemento e mantemento das instalaci\u00f3ns e un posicionamento pouco claro dun sector moi fragmentado son algunhas das debilidades do sector termal en Espa\u00f1a, un sector que, con todo, facturou 225 mill\u00f3ns de euros o ano pasado a trav\u00e9s das 20.000 prazas ofertadas nos 114 balnearios existentes no noso territorio. Este volume de negocio sit\u00faa ao sector termal ao mesmo nivel que o das casas de turismo rural, polo que \u00e9 evidente que nos atopamos ante un sector estrat\u00e9xico, tam\u00e9n en Galicia.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Non en balde no territorio galego comercial\u00edzanse 3000 prazas en 21 establecementos, sen esquecer as 300 captaci\u00f3ns de augas termais existentes, segundo os datos de 2013 da <a href=\"http:\/\/www.balneariosdegalicia.gal\/\" target=\"_blank\">Asociaci\u00f3n de Balnearios de Galicia<\/a>. &#8220;O turismo termal abre un novo nicho de clientes porque proporciona un novo abanico de sistemas, m\u00e9todos e que vai consolidar o futuro deste mercado no noso pa\u00eds&#8221;, afirma Mar\u00edo Crecente, o autor do <a href=\"http:\/\/www.eoi.es\/savia\/documento\/eoi-80475\/turismo-termal-en-espana\" target=\"_blank\">estudo O Turismo Termal en Espa\u00f1a<\/a>. Neste informe, que foi presentado en Madrid este mes de maio, recolle unha serie de propostas para mellorar o co\u00f1ecemento do patrimonio, atender \u00e1 demanda e as s\u00faas necesidades, facer un correcto seguimento do mantemento das instalaci\u00f3ns, as\u00ed como a mellora do equipamento e unha xesti\u00f3n enerx\u00e9tica eficiente.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Crecente destaca no seu informe que \u00e9 necesario clasificar e definir a oferta, dotala de calidade, facer unha xesti\u00f3n dos recursos sustentable e ter unhas instalaci\u00f3ns especializadas, ademais de mellorar a comercializaci\u00f3n do produto a trav\u00e9s da creaci\u00f3n de webs e app especializadas ou a trav\u00e9s de clubs de produto ou asociaci\u00f3ns especializadas na comercializaci\u00f3n deste tipo de produto xa que estamos ante unha oferta moi fragmentada e pouco co\u00f1ecida entre os turoperadores internacionais. Neste sentido, ser\u00eda necesario mellorar a formaci\u00f3n de gu\u00edas de turismo, idiomas, ciclos formativos, comercializaci\u00f3n ao sector m\u00e9dico ou a creaci\u00f3n dun Ciclo Superior en Dese\u00f1o Termal.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O informe Turismo Termal en Espa\u00f1a analiza a situaci\u00f3n, debilidades e posibilidades de mellora do termalismo en Espa\u00f1a Problemas de comercializaci\u00f3n, co\u00f1ecemento e mantemento das instalaci\u00f3ns e un posicionamento pouco claro dun sector moi fragmentado son algunhas das debilidades do sector termal en Espa\u00f1a, un sector que, con todo, facturou 225 mill\u00f3ns de euros o &#8230; <a title=\"O sector termal en Espa\u00f1a alcanza o volume de negocio do turismo rural\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/o-sector-termal-en-espana-alcanza-o-volume-de-negocio-do-turismo-rural\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre O sector termal en Espa\u00f1a alcanza o volume de negocio do turismo rural\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[],"tags":[],"class_list":["post-25891","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25891","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=25891"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25891\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=25891"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=25891"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=25891"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}