{"id":25984,"date":"2016-07-04T12:11:45","date_gmt":"2016-07-04T12:11:45","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/a-finais-de-xullo-comeza-a-segunda-fase-de-mellora-da-sinalizacion-do-camino-frances-por-importe-de-mais-de-500-000-euros\/"},"modified":"2016-07-04T12:11:45","modified_gmt":"2016-07-04T11:11:45","slug":"a-finais-de-xullo-comeza-a-segunda-fase-de-mellora-da-sinalizacion-do-camino-frances-por-importe-de-mais-de-500-000-euros","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/a-finais-de-xullo-comeza-a-segunda-fase-de-mellora-da-sinalizacion-do-camino-frances-por-importe-de-mais-de-500-000-euros\/","title":{"rendered":"A finais de xullo comeza a segunda fase de mellora da sinalizaci\u00f3n do Cami\u00f1o Franc\u00e9s por importe de m\u00e1is de 500.000 euros"},"content":{"rendered":"<h4 style=\"text-align: justify;\">Con este novo investimento, esta ruta do Cami\u00f1o de Santiago recibir\u00eda m\u00e1is de 800.000 euros para a sinalizaci\u00f3n e mellora do Cami\u00f1o Franc\u00e9s<\/h4>\n<h4 style=\"text-align: justify;\">A Catedral de Santiago recibiu ao peregrino 100.000 deste ano<\/h4>\n<p style=\"text-align: justify;\">Os concellos de Arz\u00faa, Pedrafita do Cebreiro, Sarria, Paradela, Portomar\u00edn e Samos ser\u00e1n os beneficiados dos traballos de mellora da sinalizaci\u00f3n do Cami\u00f1o Franc\u00e9s que <a href=\"http:\/\/www.turismo.gal\" target=\"_blank\">Turismo de Galicia<\/a> por\u00e1 en marcha a finais do mes de xullo para completar os traballos iniciados a comezos de ano cun investimento inicial de 320.000 euros e que supor\u00e1n, coa nova achega, un investimento total de algo m\u00e1is de 800.000 euros nesta ruta.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">As obras previstas, licitadas por un importe superior ao medio mill\u00f3n de euros, actuar\u00e1n sobre a sinalizaci\u00f3n existente e tam\u00e9n sobre o estado de accesibilidade do Cami\u00f1o. Ademais, supo\u00f1en a apertura de tramos at\u00e9 agora non abertos ao tr\u00e1nsito dos peregrinos, garantindo as m\u00e1ximas garant\u00edas de respecto aos valores tradicionais.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">En canto \u00e1 sinalizaci\u00f3n, colocaranse mouteiras, cunchas cer\u00e1micas ou de bronce, placas e outros sinais atendendo ao <a href=\"http:\/\/www.turismo.gal\/docs\/mdaw\/mtuz\/~edisp\/turga153279.pdf?langId=es_ES\" target=\"_blank\">Manual de Sinalizaci\u00f3n Tur\u00edstico de Galicia<\/a> que establece que as mouteiras han de ser de granito, con frecha tallada e pintada en amarelo, placa de lat\u00f3n co punto quilom\u00e9trico e co texto &#8220;Galicia&#8221; gravado. En canto \u00e1s cunchas, ser\u00e1n de cer\u00e1mica e colocadas en horizontal cunha frecha das mesmas dimensi\u00f3ns indicativa da direcci\u00f3n. Nos lugares considerados Ben de Interese Cultural disporanse cunchas de bronce. Con estas actuaci\u00f3ns, cunha duraci\u00f3n prevista de 4 meses, compl\u00e9tase o programa de sinalizaci\u00f3n do Cami\u00f1o Franc\u00e9s posto en marcha por Turismo de Galicia e que segue sendo a v\u00eda de maior chegada de peregrinos, un 65,61% do total en 2015.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>Peregrino 100.000<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A\u00ednda que non foi precismente o Cami\u00f1o Franc\u00e9s o escollido polo peregrino 100.000 deste ano se non o Portugu\u00e9s. O murciano Jos\u00e9 Rodr\u00edguez foi este ano o peregrino que alcanzou esta cifra, o que lle fixo acredor dunha homenaxe na Catedral, un libro e un diploma acreditativo. O peregrino explicou que escolleu esta ruta porque o seu fillo, con quen compartiu o Cami\u00f1o, est\u00e1 a estudar na Universidade de Lisboa. O xerente do <a href=\"http:\/\/www.caminodesantiago.gal\/es\" target=\"_blank\">Xacobeo<\/a>, Rafael S\u00e1nchez, pola s\u00faa banda, aproveitou para lembrar que este ano seguen bat\u00e9ndose records de chegada de peregrinos, 8000 mil m\u00e1is que o ano pasado no mesmo per\u00edodo, o 64% deles de orixe internacional.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Con este novo investimento, esta ruta do Cami\u00f1o de Santiago recibir\u00eda m\u00e1is de 800.000 euros para a sinalizaci\u00f3n e mellora do Cami\u00f1o Franc\u00e9s A Catedral de Santiago recibiu ao peregrino 100.000 deste ano Os concellos de Arz\u00faa, Pedrafita do Cebreiro, Sarria, Paradela, Portomar\u00edn e Samos ser\u00e1n os beneficiados dos traballos de mellora da sinalizaci\u00f3n do &#8230; <a title=\"A finais de xullo comeza a segunda fase de mellora da sinalizaci\u00f3n do Cami\u00f1o Franc\u00e9s por importe de m\u00e1is de 500.000 euros\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/a-finais-de-xullo-comeza-a-segunda-fase-de-mellora-da-sinalizacion-do-camino-frances-por-importe-de-mais-de-500-000-euros\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre A finais de xullo comeza a segunda fase de mellora da sinalizaci\u00f3n do Cami\u00f1o Franc\u00e9s por importe de m\u00e1is de 500.000 euros\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[],"tags":[],"class_list":["post-25984","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25984","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=25984"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25984\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=25984"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=25984"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=25984"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}