{"id":26226,"date":"2016-09-30T17:08:43","date_gmt":"2016-09-30T17:08:43","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/emocions-enoturismo-galicia-traballando-para-mellorar-a-comercializacion-dos-recursos-vitivinicolas-galegos\/"},"modified":"2016-09-30T17:08:43","modified_gmt":"2016-09-30T16:08:43","slug":"emocions-enoturismo-galicia-traballando-para-mellorar-a-comercializacion-dos-recursos-vitivinicolas-galegos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/emocions-enoturismo-galicia-traballando-para-mellorar-a-comercializacion-dos-recursos-vitivinicolas-galegos\/","title":{"rendered":"Emoci\u00f3ns Enoturismo Galicia, traballando para mellorar a comercializaci\u00f3n dos recursos vitivin\u00edcolas galegos"},"content":{"rendered":"<h4 style=\"text-align: justify;\">O proxecto impulsado por Proturga e Gallaecia, en colaboraci\u00f3n co Cl\u00faster Turismo, desenv\u00f3lvese en mesas de traballo con entidades e empresas do sector<\/h4>\n<h4 style=\"text-align: justify;\"><\/h4>\n<p style=\"text-align: justify;\">Un total de 132 persoas participaron xa nas diferentes mesas de traballo propostas no marco do proxecto &#8220;Comercializaci\u00f3n do Turismo Enol\u00f3gico de Galicia&#8221; posto en marcha pola <a href=\"http:\/\/proturga.org\/\" target=\"_blank\">Asociaci\u00f3n de Profesionais de Turismo de Galicia (PROTURGA)<\/a> e a <a href=\"http:\/\/www.sumilleres.com\/\" target=\"_blank\">Asociaci\u00f3n de Catadoras de Galicia (GALLAECIA)<\/a> dentro do concurso de ideas proposto polo Cl\u00faster Turismo de Galicia. O proxecto ten como obxectivo fundamental a creaci\u00f3n de paquetes enotur\u00edsticos atractivos e de calidade que po\u00f1a en valor os recursos vitivin\u00edcolas galegos \u00e1 vez que esta mellora contrib\u00faa tam\u00e9n \u00e1 dinamizaci\u00f3n do sector tur\u00edstico galego, incrementando os ingresos, xerando emprego e desestacionalizando a demanda.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Entidades como adegas, hoteis, restaurantes, gu\u00edas oficiais, artes\u00e1ns, museos, oficinas de turismo as\u00ed como entidades p\u00fablicas e privadas que forman parte das Rutas dos Vi\u00f1os de Galicia participaron nalgunha do dez mesas de traballo organizadas at\u00e9 a data baixo o nome EMOCIONES ENOTURISMO GALICIA.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Nestas mesas, desenvolvidas nos Consellos Reguladores das Denominaci\u00f3ns de Orixe (C.R.D.O.) R\u00edas Baixas, Ribeira Sacra e Monterrei, as\u00ed como no Centro de Desenvolvemento Comarcal do Ribeiro e na Aldea Rural Pazos de Arenteiro, presentouse a oferta e demanda a nivel auton\u00f3mico e nacional; solicitouse informaci\u00f3n dos servizos das empresas e lev\u00e1ronse a cabo tarefas de sensibilizaci\u00f3n sobre as posibilidades do subsector do enoturismo como fonte xeradora de ingresos. A continuaci\u00f3n, valorouse a oferta existente para a configuraci\u00f3n dos paquetes de forma consensuada.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Nos pr\u00f3ximos d\u00edas, levar\u00e1n a cabo reuni\u00f3ns con axencias de viaxes para dar a co\u00f1ecer os paquetes e presentaranse as conclusi\u00f3ns aos adheridos a este proxecto, en pr\u00f3ximas mesas de traballo, co obxectivo de levar a cabo a estratexia de comercializaci\u00f3n de forma conxunta.\u00a0Finalmente, realizarase unha presentaci\u00f3n p\u00fablica do proxecto, na que se expor\u00e1n os paquetes levados a cabo, as caracter\u00edsticas de cada un e a estratexia de venda.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Os interesados en seguir a evoluci\u00f3n do proxecto poden consultar a web do Cl\u00faster, a de PROTURGA (<a href=\"http:\/\/www.proturga.org\" target=\"_blank\">www.proturga.org<\/a>) e GALLAECIA (<a href=\"http:\/\/www.sumilleres.com\" target=\"_blank\">www.sumilleres.com<\/a>) as\u00ed como en redes sociais creadas exclusivamente para a difusi\u00f3n desta iniciativa (Facebook: <a href=\"https:\/\/www.facebook.com\/Emociones-Enoturismo-Galicia-1597407097221977\/?fref=ts\" target=\"_blank\">Emociones Turismo Galicia<\/a> e Twitter: <a href=\"https:\/\/twitter.com\/Enotur_Galicia\" target=\"_blank\">@enotur_galicia<\/a>)<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O proxecto impulsado por Proturga e Gallaecia, en colaboraci\u00f3n co Cl\u00faster Turismo, desenv\u00f3lvese en mesas de traballo con entidades e empresas do sector Un total de 132 persoas participaron xa nas diferentes mesas de traballo propostas no marco do proxecto &#8220;Comercializaci\u00f3n do Turismo Enol\u00f3gico de Galicia&#8221; posto en marcha pola Asociaci\u00f3n de Profesionais de Turismo &#8230; <a title=\"Emoci\u00f3ns Enoturismo Galicia, traballando para mellorar a comercializaci\u00f3n dos recursos vitivin\u00edcolas galegos\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/emocions-enoturismo-galicia-traballando-para-mellorar-a-comercializacion-dos-recursos-vitivinicolas-galegos\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre Emoci\u00f3ns Enoturismo Galicia, traballando para mellorar a comercializaci\u00f3n dos recursos vitivin\u00edcolas galegos\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2540,3737],"tags":[],"class_list":["post-26226","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-cluster","category-cluster-2"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26226","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=26226"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26226\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=26226"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=26226"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=26226"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}