{"id":26232,"date":"2016-10-02T10:54:35","date_gmt":"2016-10-02T10:54:35","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/mais-de-30-paises-aproveitaron-a-formacion-impartida-en-termatalia-mexico-que-pechou-as-suas-portas-con-grande-exito\/"},"modified":"2016-10-02T10:54:35","modified_gmt":"2016-10-02T09:54:35","slug":"mais-de-30-paises-aproveitaron-a-formacion-impartida-en-termatalia-mexico-que-pechou-as-suas-portas-con-grande-exito","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/mais-de-30-paises-aproveitaron-a-formacion-impartida-en-termatalia-mexico-que-pechou-as-suas-portas-con-grande-exito\/","title":{"rendered":"M\u00e1is de 30 pa\u00edses aproveitaron a formaci\u00f3n impartida en Termatalia M\u00e9xico que pechou as s\u00faas portas con grande \u00e9xito"},"content":{"rendered":"<h4 style=\"text-align: justify;\">O Cl\u00faster Turismo de Galicia participou con caseta propia, ademais de tomar parte en presentaci\u00f3ns de produto e marca Galicia<\/h4>\n<p style=\"text-align: justify;\">Tras tres d\u00edas de intensa actividade feiral e de celebraci\u00f3n das diferentes actividades programadas, <a href=\"http:\/\/www.termatalia.com\/\" target=\"_blank\">Termatalia M\u00e9xico<\/a> pechou as s\u00faas portas con sensaci\u00f3n de \u00e9xito cultivado e confirmando o gran momento que vive o termalismo a nivel mundial. A terceira das edici\u00f3ns celebradas en Am\u00e9rica Latina, e a 16\u00aa edici\u00f3n no seu conxunto, concl\u00fae as\u00ed plenamente convertida nun espazo de capacitaci\u00f3n e formaci\u00f3n que profesionais de 30 pa\u00edses aproveitaron para ampliar os seus co\u00f1ecementos no referente ao turismo de sa\u00fade.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A presenza en feira dos principais destinos termais de Am\u00e9rica Latina e a participaci\u00f3n como relatoras e impartindo cursos dos principais expertos mundiais do sector, consolidan a Termatalia na como a principal internacional do turismo de sa\u00fade \u00e1 que a pr\u00e1ctica totalidade dos pa\u00edses de Am\u00e9rica Latina acudiu para promocionarse e, sobre todo, formarse e capacitarse no desenvolvemento dos seus recursos termais. Os expositores desta edici\u00f3n mostraron a s\u00faa satisfacci\u00f3n polos contactos e reuni\u00f3ns realizadas e afirmaron cubrir as s\u00faas expectativas.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>M\u00e9xico, potencial termal<\/strong><br \/>\nTermatalia M\u00e9xico \u00e9 o reflexo do bo momento que atravesa o turismo de sa\u00fade a nivel mundial que leva xa varios anos crecendo a un ritmo do 9% anual. E a celebraci\u00f3n desta edici\u00f3n da feira en M\u00e9xico serviu para mostrar o potencial do turismo de sa\u00fade no pa\u00eds e a s\u00faa capacidade de foco de atracci\u00f3n do turismo norteamericano. O turismo de sa\u00fade e benestar neste pa\u00eds sup\u00f3n o 50% dos ingresos no sector de toda Am\u00e9rica Latina e o Caribe, dato que ampl\u00eda as posibilidades de negocio das empresas que se decidan a participar nesta cita. Este tipo de turismo que vive un momento de expansi\u00f3n considerable xa que, entre 2007 e 2013 duplicou o seu n\u00famero de spas, contando na actualidade con m\u00e1is de 3.000 en todo o pa\u00eds e aos que hai que sumar os m\u00e1is de 575 ba\u00f1os termais repartidos por toda a s\u00faa vasta xeograf\u00eda.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>Participaci\u00f3n do Cl\u00faster Turismo de Galicia<\/strong><br \/>\nEsta tam\u00e9n foi a primeira ocasi\u00f3n na que o Cl\u00faster Turismo de Galicia participou nesta feira internacional con caseta propia co obxectivo de contribu\u00edr a situar a imaxe de calidade das empresas tur\u00edsticas galegas no mercado mexicano. Ademais de contar cunha caseta, durante eses d\u00edas desenvolv\u00e9ronse unha serie de acci\u00f3ns promocionais concentradas neste mercado como a participaci\u00f3n no Workshop con operadores de Turismo de M\u00e9xico (tanto especializados en turismo de sa\u00fade como xeneralista), a presentaci\u00f3n do produto tur\u00edstico de Galicia a operadores e axencias de viaxes de M\u00e9xico, as\u00ed como a prensa especializada en Turismo e prescriptores ou a presentaci\u00f3n de iniciativas conxuntas entre o CTG e <a href=\"http:\/\/www.balneariosdegalicia.gal\/\" target=\"_blank\">Balnearios de Galicia<\/a>, todo iso en virtude da axuda concedida polo IGAPE para participar no Programa Galicia Exporta Organismos Intermedios 2016, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa Operativo FEDER de Galicia 2014-2020. OT3. Para conseguir un tecido empresarial mais competitivo.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, unha maneira de facer Europa<\/strong><br \/>\nO obxectivo principal do Programa Exporta Organismos Intermedios 2016 \u00e9 incentivar e estimular o comercio exterior galego e a internacionalizaci\u00f3n das pemes galegas. O resultado que se pretende \u00e9 aumentar a base de empresas exportadoras e consolidar a presenza de empresas galegas nos mercados internacionais.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Conclu\u00edda Termatalia M\u00e9xico, comeza a traballarse xa para a celebraci\u00f3n de Termatalia 2017 que se celebrar\u00e1 no mes de setembro en Ourense, cidade na que naceu e creceu este proxecto convertido en marca do termalismo mundial. A pr\u00f3xima edici\u00f3n en Am\u00e9rica Latina ser\u00e1 en 2018 nun dos dous pa\u00edses que onte presentaron oficialmente as s\u00faas candidaturas para acoller a feira: Brasil e Colombia. Por Brasil pres\u00e9ntase a rexi\u00f3n de Foz de Iguaz\u00fa onde est\u00e1n situadas as famosas cataratas que promove o binom,io natureza + termalismo. Por parte colombiana, presentouse Departamento de Risaralda, en pleno ?eixo cafetero? e que combinar\u00eda caf\u00e9 + termalismo. A organizaci\u00f3n estudar\u00e1 detidamente as d\u00faas candidaturas e elixir\u00e1 a sede de 2018 nos pr\u00f3ximos meses.<\/p>\n<p><span style=\"font-size: medium;\"><b>PROXECTO COFINANCIADO POR IGAPE, XUNTA DE GALICIA E FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL DO PROGRAMA OPERATIVO 2014-2020<\/b><\/span><\/p>\n<p><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"alignnone wp-image-6257 size-full\" src=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/wp-content\/uploads\/2025\/11\/logos-FEDER-IGAPE.jpg\" alt=\"logos FEDER IGAPE\" width=\"1434\" height=\"215\" \/><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Cl\u00faster Turismo de Galicia participou con caseta propia, ademais de tomar parte en presentaci\u00f3ns de produto e marca Galicia Tras tres d\u00edas de intensa actividade feiral e de celebraci\u00f3n das diferentes actividades programadas, Termatalia M\u00e9xico pechou as s\u00faas portas con sensaci\u00f3n de \u00e9xito cultivado e confirmando o gran momento que vive o termalismo a &#8230; <a title=\"M\u00e1is de 30 pa\u00edses aproveitaron a formaci\u00f3n impartida en Termatalia M\u00e9xico que pechou as s\u00faas portas con grande \u00e9xito\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/mais-de-30-paises-aproveitaron-a-formacion-impartida-en-termatalia-mexico-que-pechou-as-suas-portas-con-grande-exito\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre M\u00e1is de 30 pa\u00edses aproveitaron a formaci\u00f3n impartida en Termatalia M\u00e9xico que pechou as s\u00faas portas con grande \u00e9xito\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2540,3737],"tags":[],"class_list":["post-26232","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-cluster","category-cluster-2"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26232","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=26232"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26232\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=26232"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=26232"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=26232"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}