{"id":26298,"date":"2016-10-31T13:39:37","date_gmt":"2016-10-31T13:39:37","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/premios-de-accesibilidade-para-a-ruta-do-vino-rias-baixas\/"},"modified":"2016-10-31T13:39:37","modified_gmt":"2016-10-31T12:39:37","slug":"premios-de-accesibilidade-para-a-ruta-do-vino-rias-baixas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/premios-de-accesibilidade-para-a-ruta-do-vino-rias-baixas\/","title":{"rendered":"Premios de accesibilidade para a Ruta do Vi\u00f1o R\u00edas Baixas"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\">A<a href=\"http:\/\/rutadelvinoriasbaixas.com\/\" target=\"_blank\"> Ruta do Vi\u00f1o R\u00edas Baixas<\/a> recibiu o M\u00e9rito \u00e1 Accesibilidade no Enoturismo 2016, un reco\u00f1ecemento inclu\u00eddo dentro dos<strong><a href=\"http:\/\/wineroutesofspain.com\/ver\/4195\/PREMIADOS-Y-MENCIONES-ESPECIALES.html\" target=\"_blank\"> III Premios de Enoturismo Rutas do Vi\u00f1o de Espa\u00f1a<\/a><\/strong>, convocado pola <a href=\"http:\/\/www.acevin.es\/\" target=\"_blank\">Asociaci\u00f3n de Cidades do Vi\u00f1o (ACEVIN)<\/a>, e que destacou a este itinerario enotur\u00edstico entre as 115 candidaturas presentadas \u00e1s 13 categor\u00edas deste certame. Este galard\u00f3n premia a posta en marcha do Taller de Memoria Sensorial para Invidentes desenvolvido o pasado ano en colaboraci\u00f3n co ONCE dentro da programaci\u00f3n especial do D\u00eda Europeo do Enoturismo 2015. Naquel taller participaron unha trintena de participantes con deficiencias visuais nunha cata de vi\u00f1os da Denominaci\u00f3n de Orixe R\u00edas Baixas dirixida polo catador Nacho Costoya.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Ademais, dous socios desta ruta, Pazo Bai\u00f3n e Quinta de San Amaro recibiron tam\u00e9n reco\u00f1ecementos nestes premios. As\u00ed, a adega <strong>Pazo Bai\u00f3n<\/strong> levouse o galard\u00f3n ao <strong>Mellor Recuncho Enotur\u00edstico 2016<\/strong>, &#8220;pola singularidade da finca situada no coraz\u00f3n do Val do Saln\u00e9s e cunha superficie de 30 hect\u00e1reas de vi\u00f1edos que conta cun das paisaxes m\u00e1is espectaculares do panorama vitivin\u00edcola mundial&#8221;, segundo destacou o fallo do xurado, mentres que <strong>Quinta San Amar<\/strong>o recibiu unha menci\u00f3n especial dentro da secci\u00f3n de <strong>Mellor Aloxamento Enotur\u00edstico 2016<\/strong>, &#8220;pola s\u00faa privilexiada localizaci\u00f3n nun mar de vi\u00f1edos de uva albari\u00f1o nas R\u00edas Baixas, as\u00ed como polas innovadoras e atractivas actividades ligadas ao vi\u00f1o que ofrece ao visitante para descubrir a esencia cultural e paisax\u00edstica da contorna&#8221;, determina o xurado.<\/p>\n<p><strong>A entrega, o 22 de novembro en Madrid<\/strong><\/p>\n<p>Os III Premios de Enoturismo Rutas do Vi\u00f1o de Espa\u00f1a bateron unha marca de participaci\u00f3n, sendo 115 as candidaturas presentadas a este certame. As propostas foron valoradas, nunha primeira fase, polo p\u00fablico ?a trav\u00e9s de votaci\u00f3ns online- e, nunha segunda fase, por un xurado multidisciplinar.<\/p>\n<p>A entrega dos premios e menci\u00f3ns especiais desenvolveranse o pr\u00f3ximo 22 de novembro en Madrid. Esta cita contar\u00e1 coa participaci\u00f3n de representantes dos Ministerios de Industria, Enerx\u00eda e Turismo, e de Agricultura, Alimentaci\u00f3n e Medio Ambiente.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A Ruta do Vi\u00f1o R\u00edas Baixas recibiu o M\u00e9rito \u00e1 Accesibilidade no Enoturismo 2016, un reco\u00f1ecemento inclu\u00eddo dentro dos III Premios de Enoturismo Rutas do Vi\u00f1o de Espa\u00f1a, convocado pola Asociaci\u00f3n de Cidades do Vi\u00f1o (ACEVIN), e que destacou a este itinerario enotur\u00edstico entre as 115 candidaturas presentadas \u00e1s 13 categor\u00edas deste certame. Este galard\u00f3n &#8230; <a title=\"Premios de accesibilidade para a Ruta do Vi\u00f1o R\u00edas Baixas\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/premios-de-accesibilidade-para-a-ruta-do-vino-rias-baixas\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre Premios de accesibilidade para a Ruta do Vi\u00f1o R\u00edas Baixas\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[],"tags":[],"class_list":["post-26298","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26298","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=26298"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26298\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=26298"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=26298"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=26298"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}