{"id":26349,"date":"2016-11-17T21:44:16","date_gmt":"2016-11-17T21:44:16","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/o-sector-galego-de-congresos-pon-en-marcha-de-forma-conxunta-duas-ferramentas-para-potenciar-galicia-como-destino-do-turismo-de-reunions\/"},"modified":"2016-11-17T21:44:16","modified_gmt":"2016-11-17T20:44:16","slug":"o-sector-galego-de-congresos-pon-en-marcha-de-forma-conxunta-duas-ferramentas-para-potenciar-galicia-como-destino-do-turismo-de-reunions","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/o-sector-galego-de-congresos-pon-en-marcha-de-forma-conxunta-duas-ferramentas-para-potenciar-galicia-como-destino-do-turismo-de-reunions\/","title":{"rendered":"O sector galego de congresos pon en marcha de forma conxunta d\u00faas ferramentas para potenciar Galicia como destino do turismo de reuni\u00f3ns"},"content":{"rendered":"<h4 style=\"text-align: justify;\">Madrid acolleu a presentaci\u00f3n do proxecto Galicia MICE, unha iniciativa xurdida do sector MICE galego no seu conxunto e apoiada polo Cl\u00faster Turismo de Galicia e Turismo de Galicia no marco do concurso de ideasl do CTG para mellorar a comercializaci\u00f3n do destino Galicia<\/h4>\n<p style=\"text-align: justify;\">O proxecto <strong><a href=\"http:\/\/galiciamice.com\/\" target=\"_blank\">Galicia MICE<\/a><\/strong>, presentado na capital madrile\u00f1a a m\u00e1is dun centenar de empresas e entidades vinculadas co turismo de reuni\u00f3ns ten como finalidade situar Galicia entre os principais destinos nacionais e internacionais para a celebraci\u00f3n de eventos. Con este obxectivo ponse en marcha o proxecto Galicia MICE que persegue establecer unha organizaci\u00f3n permanente do sector, actualmente desestructurado e sen un espazo de referencia, creando ferramentas e desenvolvendo acci\u00f3ns destinadas a promover unha oferta global de Galicia como destino, o que permitir\u00e1 lograr visibilidade entre os potenciais p\u00fablicos de interese para este tipo de turismo.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Galicia MICE nace ademais con d\u00faas ferramentas potentes para conseguir est obxectivo: a Gu\u00eda Galicia MICE, unha gu\u00eda profesional dos recursos MICE de Galicia, editada en formato USB e apoiada noutra das acci\u00f3ns inclu\u00eddas no proxecto, a creaci\u00f3n dun portal web de referencia do sector, que se integrar\u00e1 nos da Axencia de Turismo, o Cl\u00faster e as propias organizaci\u00f3ns impulsoras da iniciativa.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/www.opcgalicia.org\/\" target=\"_blank\">OPC Galicia<\/a> (Organizadores Profesionais de Congresos), a <a href=\"http:\/\/apcgalicia.es\/\" target=\"_blank\">Asociaci\u00f3n de Palacios de Congresos de Galicia<\/a>, HOSPECO (Asociaci\u00f3n Empresarial de Hospedaxe da Coru\u00f1a) e <a href=\"http:\/\/www.hotelesdepontevedra.com\/\" target=\"_blank\">ASEHOPO<\/a> (Asociaci\u00f3n de Empresarios de Hospedaxe da provincia de Pontevedra) son os promotores da iniciativa que foi presentada no restaurante Atl\u00e1ntico, Casa de Comidas, rexentado polo chef galego Pepe Solla e que contou coas intervenci\u00f3ns do presidente do Cl\u00faster de Turismo de Galicia, Francisco Gonz\u00e1lez, do Xefe de \u00c1rea de Imaxe e Xesti\u00f3n de Marca da Axencia Turismo Galicia, Jos\u00e9 Ram\u00f3n Casti\u00f1eira, e da presidenta de OPC Galicia, Yolanda Barbeito.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>Sector crave para a desestacionalizaci\u00f3n<\/strong><br \/>\nAdemais de dar a co\u00f1ecer o MICE galego como produto, Galicia MICE quere impulsar o traballo conxunto e dar a co\u00f1ecer este sector en Galicia, que at\u00e9 o momento operaba en base a acci\u00f3ns individuais de cada unha das organizaci\u00f3ns ou empresas Actualmente cel\u00e9branse en Galicia m\u00e1is de mil eventos anuais de diferentes tama\u00f1os, que concentran un turismo de alto poder adquisitivo, xa que se estima que o gasto medio dun participante en reuni\u00f3ns e congresos \u00e9 un 30% superior ao dun turista convencional, alcanzando unha media de 250 euros ao d\u00eda. O turismo de congresos \u00e9, ademais, a principal baza para lograr unha continuidade ao longo do ano na econom\u00eda tur\u00edstica debido ao seu car\u00e1cter desestacionalizador, posto que os eventos adoitan organizarse en tempadas media e baixa, sendo un sector que factura cada ano ao redor de 60 mill\u00f3ns de euros.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Madrid acolleu a presentaci\u00f3n do proxecto Galicia MICE, unha iniciativa xurdida do sector MICE galego no seu conxunto e apoiada polo Cl\u00faster Turismo de Galicia e Turismo de Galicia no marco do concurso de ideasl do CTG para mellorar a comercializaci\u00f3n do destino Galicia O proxecto Galicia MICE, presentado na capital madrile\u00f1a a m\u00e1is dun &#8230; <a title=\"O sector galego de congresos pon en marcha de forma conxunta d\u00faas ferramentas para potenciar Galicia como destino do turismo de reuni\u00f3ns\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/o-sector-galego-de-congresos-pon-en-marcha-de-forma-conxunta-duas-ferramentas-para-potenciar-galicia-como-destino-do-turismo-de-reunions\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre O sector galego de congresos pon en marcha de forma conxunta d\u00faas ferramentas para potenciar Galicia como destino do turismo de reuni\u00f3ns\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[],"tags":[],"class_list":["post-26349","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26349","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=26349"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26349\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=26349"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=26349"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=26349"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}