{"id":26361,"date":"2016-11-24T15:52:45","date_gmt":"2016-11-24T15:52:45","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/mesa-redonda-sobre-accesibilidade-no-cshg-coa-participacion-da-ruta-do-vino-rias-baixas\/"},"modified":"2016-11-24T15:52:45","modified_gmt":"2016-11-24T14:52:45","slug":"mesa-redonda-sobre-accesibilidade-no-cshg-coa-participacion-da-ruta-do-vino-rias-baixas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/mesa-redonda-sobre-accesibilidade-no-cshg-coa-participacion-da-ruta-do-vino-rias-baixas\/","title":{"rendered":"Mesa redonda sobre accesibilidade no CSHG coa participaci\u00f3n da Ruta do Vi\u00f1o R\u00edas Baixas"},"content":{"rendered":"<h4 style=\"text-align: justify;\">Madrid acolleu a entrega dos premios ACEVIN nos que a ruta obtivo tres premios<\/h4>\n<p style=\"text-align: justify;\">O <a href=\"http:\/\/www.cshg.es\/index.php\/gl\/\" target=\"_blank\">Centro Superior de Hostalar\u00eda de Galicia (CSHG)<\/a> acolleu esta semana unha mesa redonda sobre accesibilidade organizada por PREDIF Galicia, na que participaron unha vintena de persoas e que contou coa experiencia da Ruta do Vi\u00f1o R\u00edas Baixas. O t\u00e9cnico da Ruta, Laura Exp\u00f3sito, explicou nunha presentaci\u00f3n como se desenvolveron todos os preparativos para o taller de memoria sensorial para usuarios de ONCE Galicia que se desenvolveu este ano e que lles fixo acredores dun dos premios anuais que concede ACEVIN.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">As\u00ed mesmo, o t\u00e9cnico recolleu o desenvolvemento da actividade e as impresi\u00f3ns dos seus participantes, ademais de mencionar a actividade desenvolvida durante este mes, con motivo do D\u00eda Europeo do Enoturismo, enfocada aos usuarios da Fundaci\u00f3n Down Compostela. &#8220;Para o futuro, marc\u00e1monos o obxectivo de ofrecer cada ano polo menos unha actividade accesible. Na medida do posible iremos enfocando as iniciativas a distinto tipo de colectivos&#8221;, adiantou Exp\u00f3sito ao peche da s\u00faa exposici\u00f3n.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A <a href=\"http:\/\/rutadelvinoriasbaixas.com\/\" target=\"_blank\">Ruta do Vi\u00f1o R\u00edas Baixas<\/a> estar\u00e1 tam\u00e9n presente a pr\u00f3xima semana nun novo taller sobre turismo accesible que se desenvolver\u00e1 no CSHG durante d\u00faas xornadas, unha te\u00f3rica e outra pr\u00e1ctica.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>Entrega dos premios ACEVIN<\/strong><br \/>\nTanto a propia Ruta como d\u00faas dos seus asociados tam\u00e9n se desprazaron esta semana a recoller os seus <a href=\"http:\/\/wineroutesofspain.com\/ver\/3793\/PremiosDeEnoturismoRVE.html\" target=\"_blank\">Premios do Enoturismo Rutas do Vi\u00f1o de Espa\u00f1a<\/a> a Madrid. No caso da Ruta, o seu presidente Juan Gil de Ara\u00fajo recibiu o M\u00e9rito \u00e1 Accesibilidade polo desenvolvemento o pasado ano dun taller de memoria sensorial ofrecido a unha vintena de asociado de ONCE Galicia. Un premio que &#8220;reforza a nosa convicci\u00f3n de seguir traballando por un enoturismo inclusivo. Estas experiencias poden e deben ser gozadas por todas as persoas&#8221;, asegurou. Entre os m\u00e1is de trinta premios entregados durante esta gala tam\u00e9n se inclu\u00edron os de Mellor Recuncho Enotur\u00edstico, que recaeu na adega Pazo Bai\u00f3n, e a Menci\u00f3n Especial ao Mellor Aloxamento Enotur\u00edstico que recibiu o hotel Quinta de San Amaro. Ambos son establecementos asociados \u00e1 Ruta do Vi\u00f1o R\u00edas Baixas.<\/p>\n\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Madrid acolleu a entrega dos premios ACEVIN nos que a ruta obtivo tres premios O Centro Superior de Hostalar\u00eda de Galicia (CSHG) acolleu esta semana unha mesa redonda sobre accesibilidade organizada por PREDIF Galicia, na que participaron unha vintena de persoas e que contou coa experiencia da Ruta do Vi\u00f1o R\u00edas Baixas. O t\u00e9cnico da &#8230; <a title=\"Mesa redonda sobre accesibilidade no CSHG coa participaci\u00f3n da Ruta do Vi\u00f1o R\u00edas Baixas\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/mesa-redonda-sobre-accesibilidade-no-cshg-coa-participacion-da-ruta-do-vino-rias-baixas\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre Mesa redonda sobre accesibilidade no CSHG coa participaci\u00f3n da Ruta do Vi\u00f1o R\u00edas Baixas\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[],"tags":[],"class_list":["post-26361","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26361","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=26361"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26361\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=26361"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=26361"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=26361"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}