{"id":26385,"date":"2016-12-01T16:21:14","date_gmt":"2016-12-01T16:21:14","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/turismo-de-futuro-turismo-para-todos\/"},"modified":"2016-12-01T16:21:14","modified_gmt":"2016-12-01T15:21:14","slug":"turismo-de-futuro-turismo-para-todos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/turismo-de-futuro-turismo-para-todos\/","title":{"rendered":"Turismo de futuro, turismo para todos"},"content":{"rendered":"<h4>O Foro Proturga,, que se celebra ata o venres en Pontevedra, incide na necesidade de maior formaci\u00f3n e na de contar cos colectivos implicados para crear produtos tur\u00edsticos accesibles<\/h4>\n<p style=\"text-align: justify;\">Un turismo inclusivo no que se desenvolvan produtos tur\u00edsticos que te\u00f1an en conta a opini\u00f3n dos colectivos aos que se dirixen as\u00ed como unha firme aposta polo turismo accesible a nivel destino, foron algunhas das cuesti\u00f3ns que se abordaron na primeira xornada do <a href=\"http:\/\/proturga.org\/actividades\/iv-experiencial-proturga-do-turismo-accesible-ao-sensitivo\/\" target=\"_blank\">IV Foro Proturga<\/a>, que se celebra en Pontevedra baixo o t\u00edtulo &#8220;Do Turismo Accesible ao sensitivo&#8221;. A formaci\u00f3n, pero tam\u00e9n a concienciaci\u00f3n por parte dos profesionais, as empresas e as entidades p\u00fablicas, foron aspectos nos que os participantes no foro fixeron fincap\u00e9, destacando a necesidade de apostar por un turismo no que caibamos todos. E \u00e9 que o colectivo accesible non s\u00f3 agrupa a persoas con diversidade funcional ou cognitiva, se non tam\u00e9n a persoas maiores ou familias con nenos pequenos, que tam\u00e9n necesitan adaptaci\u00f3ns na accesibilidade aos espazos de lecer ou nos puntos tur\u00edsticos. Estes colectivos representan, s\u00f3 en Europa, o 12% do conxunto do mercado tur\u00edstico, polo que &#8220;a nosa aposta como destino tur\u00edstico ha de ser pola calidade, a sustentabilidade e a accesibilidade, ofrecendo formaci\u00f3n neste sentido aos profesionais do sector e adoptando medidas que conjugue as pol\u00edticas de integraci\u00f3n social, as t\u00e9cnicas do dese\u00f1o universal e o emprego das novas tecnolox\u00edas e ferramentas de informaci\u00f3n, que nos permitan ofrecer unha experiencia completa e inesquecible a estes visitantes&#8221;, explicou o secretario do Cl\u00faster Turismo de Galicia, Ces\u00e1reo Pardal, quen tam\u00e9n participou na inauguraci\u00f3n do Foro, xunto con representantes do Concello de Pontevedra e da Deputaci\u00f3n de Pontevedra.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O foro, organizado pola <a href=\"http:\/\/proturga.org\/\" target=\"_blank\">Asociaci\u00f3n de Profesionais de Turismo de Galicia (PROTURGA)<\/a> contou coa participaci\u00f3n de representantes de distintos colectivos sensibles como o responsable de accesbilidad da Federaci\u00f3n de Asociaci\u00f3ns de Persoas Xordas de Galicia, Enrique Santos, o director do Centro de Recursos Educativos do Once de Pontevedra, Jos\u00e9 Anxo Abraldes, a directora da Asociaci\u00f3n Juan XXII, Nuria Luque, dirixida a persoas con d\u00e9ficits cognitivos, que trasladaron a profesionais e alumnos en formaci\u00f3n as necesidades e os xestos que poden xerar unha mellor experiencia tur\u00edstica. Todos eles coincidiron en destacar que a accesbilidad deber\u00eda ser unha materia obrigatoria na formaci\u00f3n e en que a aprendizaxe de pequenos xestos (sa\u00fados, forma de comunicarse cun cego ou cun xordo) mellorar\u00eda considerablemente a experiencia tur\u00edstica.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Houbo tam\u00e9n, oportunidade de co\u00f1ecer ferramentas que as novas tecnolox\u00edas facilitan para que estes colectivos poidan co\u00f1ecer mellor unha cidade ou visitar un museo. Do mesmo xeito, expux\u00e9ronse experiencias tur\u00edsticas de \u00e9xito como as Cabanas Accesibles que se est\u00e1n constru\u00edndo en Outes, dentro do proxecto de Cabanas do Bosque ou a da empresa Hydronauta, de Riveira.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>Pontevedra, sensitiva<\/strong><br \/>\nPero, ademais, o foro ten tam\u00e9n unha vertente pr\u00e1ctica pero, sobre todo, sensitiva, con catas de produtos como o caf\u00e9, o queixo ou o pan empregando s\u00f3 alg\u00fan dos nosos sentidos (tacto, olfacto, gusto) e limitando o da vista, por exemplo. Ou rutas sensitivas por Pontevedra para descubrir a cidade desde outro punto de vista. Todas elas actividades nas que o <a href=\"http:\/\/www.cifpcarlosoroza.es\/\" target=\"_blank\">CIFP Carlos Oroz<\/a>a est\u00e1 moi implicado a trav\u00e9s dos alumnos dos ciclos de Servizos e Restauraci\u00f3n, Coci\u00f1a e Gastronom\u00eda ou ciclo superior de Gu\u00eda, informaci\u00f3n e asistencia tur\u00edstica. As\u00ed o Foro Proturga serve tam\u00e9n para p\u00f3r en valor o traballo desenvolvido polo CIFP Carlos Oroza de Pontevedra, que nos \u00faltimos anos caracterizouse polo seu compromiso co turismo accesible e a capacidade creativa para dese\u00f1ar experiencias tur\u00edsticas baseadas nos sentidos.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Foro Proturga,, que se celebra ata o venres en Pontevedra, incide na necesidade de maior formaci\u00f3n e na de contar cos colectivos implicados para crear produtos tur\u00edsticos accesibles Un turismo inclusivo no que se desenvolvan produtos tur\u00edsticos que te\u00f1an en conta a opini\u00f3n dos colectivos aos que se dirixen as\u00ed como unha firme aposta &#8230; <a title=\"Turismo de futuro, turismo para todos\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/turismo-de-futuro-turismo-para-todos\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre Turismo de futuro, turismo para todos\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[3739,2547],"tags":[],"class_list":["post-26385","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-jornadas","category-xornadas"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26385","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=26385"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26385\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=26385"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=26385"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=26385"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}