{"id":26430,"date":"2016-12-28T07:42:45","date_gmt":"2016-12-28T07:42:45","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/a-xunta-destina-a-turismo-de-galicia-un-orzamento-para-2017-de-46-millons-de-euros-un-54-mais-que-o-exercicio-pasado\/"},"modified":"2016-12-28T07:42:45","modified_gmt":"2016-12-28T06:42:45","slug":"a-xunta-destina-a-turismo-de-galicia-un-orzamento-para-2017-de-46-millons-de-euros-un-54-mais-que-o-exercicio-pasado","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/a-xunta-destina-a-turismo-de-galicia-un-orzamento-para-2017-de-46-millons-de-euros-un-54-mais-que-o-exercicio-pasado\/","title":{"rendered":"A Xunta destina a Turismo de Galicia un orzamento para 2017 de 46 mill\u00f3ns de euros, un 5,4% m\u00e1is que o exercicio pasado"},"content":{"rendered":"<h4 style=\"text-align: justify;\">O Cami\u00f1o de Santiago e a mellora dos recursos tur\u00edsticos locais centrar\u00e1n boa parte dos investimentos<\/h4>\n<h4 style=\"text-align: justify;\">Entre as novidades para 2017, a creaci\u00f3n dos Premios Galicia Parab\u00e9ns<\/h4>\n<p style=\"text-align: justify;\">Baixo as m\u00e1ximas de seguir contruyendo un turismo de calidade orientado cara \u00e1 internacionalizaci\u00f3n, a innovaci\u00f3n e a diferenciaci\u00f3n, o orzamento que manexa <a href=\"http:\/\/www.turismo.gal\" target=\"_blank\">Turismo de Galicia<\/a> para 2017 crece un 5,4% at\u00e9 alcanzar algo m\u00e1is de 46 mill\u00f3ns de euros.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Unha das partidas que m\u00e1is crecen para este pr\u00f3ximo ano \u00e9 a destinada \u00e1 conservaci\u00f3n e promoci\u00f3n do <a href=\"http:\/\/www.caminodesantiago.gal\/es\/inicio\" target=\"_blank\">Cami\u00f1o de Santiago<\/a>, un 33% m\u00e1is at\u00e9 superar os dous mill\u00f3ns de euros. Este reforzo destinarase \u00e1 mellora das infraestruturas tur\u00edsticas relativas \u00e1s rutas xacobeas coa finalizaci\u00f3n do albergue no centro da cidade de Ourense, a apertura dun novo albergue na Cabana-Friol, o equipamento do albergue da Fonsagrada e a dotaci\u00f3n de albergue de peregrinos a Ordes coa rehabilitaci\u00f3n da Casa Reitoral de Poulo, sen esquecer as actuaci\u00f3ns do Monte do Gozo. Por outra banda, mellorarase a Rede P\u00fablica con intervenci\u00f3ns en diversos albergues de m\u00e1is de vinte anos do Cami\u00f1o Franc\u00e9s. Ademais, realizarase un importante esforzo para a mellora e sinalizaci\u00f3n do Cami\u00f1o Ingl\u00e9s e da Ruta Fisterra -Mux\u00eda.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Ademais, est\u00e1 prevista a edici\u00f3n de gu\u00edas dos recentemente oficializados Cami\u00f1o Inverno e Portugu\u00e9s pola Costa, o desenvolvemento dunha programaci\u00f3n de actividades para a celebraci\u00f3n do 30\u00ba aniversario da Declaraci\u00f3n de Santiago de Compostela como Itinerario Cultural Europeo e a posta en marcha do Cart\u00f3n Peregrino.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Outro dos eixos que vertebran os orzamentos de Turismo de Galicia para o 2017, \u00e9 a mellora das infraestruturas tur\u00edsticas. Neste \u00e1mbito, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro explicou que se recollen por primeira vez dous proxectos espec\u00edficos, <strong>Miradoiros de Galicia e Rutas e Sendas de Galicia<\/strong>, nos que se intervir\u00e1 na adecuaci\u00f3n do espazo de Estaca de Bares e no acondicionamento e sinalizaci\u00f3n da Ruta do Ulla e da Ruta da lamprea.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Outra actuaci\u00f3n destacada por Nava Castro para o 2017 \u00e9 o <a href=\"http:\/\/www.turismo.gal\/canle-profesional\/plans-e-proxectos\/plan-de-turismo-termal?langId=es_ES\" target=\"_blank\">Plan de turismo de sa\u00fade e termal de Galicia,<\/a> que se finalizar\u00e1 a principios do pr\u00f3ximo ano e na que se aposta por unha estratexia de posicionamento dos recursos orientado ao turismo de benestar e aos coidados posteriores aos tratamentos estritamente m\u00e9dicos<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>Premios Galicia Parab\u00e9ns<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Con obxecto de distinguir as iniciativas p\u00fablicas destinadas a conservar, mellorar e embelecer as paisaxes, os n\u00facleos poboacionais e os Cami\u00f1os de Santiago de Galicia, Turismo de Galicia crea para 2017 os novos premios Galicia Parab\u00e9ns, cos que se busca avanzar na mellora da paisaxe do noso territorio, apoiando ademais \u00e1s entidades locais para a mellora dos seus recursos tur\u00edsticos.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>Promoci\u00f3n do destino Galicia<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Respecto \u00e1s acci\u00f3ns de promoci\u00f3n do destino de Galicia, a directora fixo referencia \u00e1 posta en marcha dunha importante campa\u00f1a de medios nacionais e internacionais, a presenza en doce feiras de turismo nacionais e 24 internacionais as\u00ed como a edici\u00f3n de material promocional.\u00a0Ao tempo, segundo explicou, incidirase nas viaxes de familiarizaci\u00f3n para operadores tur\u00edsticos e nas viaxes para a prensa especializada, as\u00ed como na organizaci\u00f3n e fomento de xornadas e eventos que xeren fluxos tur\u00edsticos continuando con programas como Outono Gastron\u00f3mico, De tapas por Galicia, a Ruta da Camelia ou os Trens Tur\u00edsticos.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Cami\u00f1o de Santiago e a mellora dos recursos tur\u00edsticos locais centrar\u00e1n boa parte dos investimentos Entre as novidades para 2017, a creaci\u00f3n dos Premios Galicia Parab\u00e9ns Baixo as m\u00e1ximas de seguir contruyendo un turismo de calidade orientado cara \u00e1 internacionalizaci\u00f3n, a innovaci\u00f3n e a diferenciaci\u00f3n, o orzamento que manexa Turismo de Galicia para 2017 &#8230; <a title=\"A Xunta destina a Turismo de Galicia un orzamento para 2017 de 46 mill\u00f3ns de euros, un 5,4% m\u00e1is que o exercicio pasado\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/a-xunta-destina-a-turismo-de-galicia-un-orzamento-para-2017-de-46-millons-de-euros-un-54-mais-que-o-exercicio-pasado\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre A Xunta destina a Turismo de Galicia un orzamento para 2017 de 46 mill\u00f3ns de euros, un 5,4% m\u00e1is que o exercicio pasado\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[],"tags":[],"class_list":["post-26430","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26430","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=26430"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26430\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=26430"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=26430"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=26430"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}