{"id":26510,"date":"2017-01-23T21:28:58","date_gmt":"2017-01-23T21:28:58","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/o-espazo-de-traballo-do-cluster-turismo-de-galicia-en-fitur-xestionou-mais-de-300-encontros-profesionais\/"},"modified":"2017-01-23T21:28:58","modified_gmt":"2017-01-23T20:28:58","slug":"o-espazo-de-traballo-do-cluster-turismo-de-galicia-en-fitur-xestionou-mais-de-300-encontros-profesionais","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/o-espazo-de-traballo-do-cluster-turismo-de-galicia-en-fitur-xestionou-mais-de-300-encontros-profesionais\/","title":{"rendered":"O espazo de traballo do Cl\u00faster Turismo de Galicia en Fitur xestionou m\u00e1is de 300 encontros profesionais"},"content":{"rendered":"<h4 style=\"text-align: justify;\">As 12 mesas de traballo xestionadas na caseta galega foron punto de encontro para quen se achegaba a solicitar informaci\u00f3n sobre Destino Galicia<\/h4>\n<p style=\"text-align: justify;\">O Sal\u00f3n Internacional de Turismo de Madrid, <a href=\"http:\/\/www.ifema.es\/fitur_01\/\" target=\"_blank\">FITUR 2017<\/a>, pechou as s\u00faas portas o domingo con marca de visitantes, m\u00e1is de 245.000, e tam\u00e9n con moi boas sensaci\u00f3ns no espazo de traballo que, por terceiro ano consecutivo, xestionou o Cl\u00faster de Turismo de Galicia na caseta de Galicia. Ao redor de 250 profesionais do sector tur\u00edstico interes\u00e1ronse polo destino Galicia e desenvolv\u00e9ronse m\u00e1is de 300 encontros profesionais xestionados directamente aos que haber\u00eda que engadir as axendas de cada un dos turoperadores que participaron neste espazo orientado a profesionais, que tiveron \u00e1 s\u00faa disposici\u00f3n un total de 12 mesas de traballo.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Durante os d\u00edas dedicados ao sector profesional, do 18 ao 20 de xaneiro, o espazo de Galicia en Fitur acolleu unha intensa actividade de networking que permitiu pechar encontros entre hostaleiros, consultoras, responsables de novas tecnolox\u00edas, portais de xesti\u00f3n de reservas en li\u00f1a, axencias de viaxes e empresas de receptivo que se interesaron pola oferta tur\u00edstica galega. Este ano levouse a cabo, ademais, contacto con outros Cluster de Turismo como o Cluster de Turismo Rural Asturias, Cl\u00faster do Turismo de Monterrei (M\u00e9xico) ou o Cl\u00faster de Turismo de Roman\u00eda, interesados en co\u00f1ecer o proceso de posta en marcha do Cl\u00faster galego.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>O exemplo de Cl\u00faster galego<\/strong><br \/>\nUnha gran cantidade de solicitudes de contacto para manter reuni\u00f3ns no espazo de networking foron hoteis que mantiveron encontros con axencias e axencias de viaxe en li\u00f1a como Logitravel, Destinia, Edreams, consultoras e cadeas hostaleiras. Fundamentalmente buscaban informaci\u00f3n e apoio para implementar novas tecnolox\u00edas ou mellorar a xesti\u00f3n hostaleira, reservas, etc.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O Cami\u00f1o de Santiago volveu ser un recurso con moito tir\u00f3n, a\u00ednda que nesta edici\u00f3n houbo maior n\u00famero de contactos relacionados con implementaci\u00f3n de servizos para os peregrinos e establecementos interesados en captar fluxo de peregrinos fronte \u00e1 edici\u00f3n pasada onde era maior o n\u00famero de axencias interesadas no Cami\u00f1o. O maior peso en canto \u00e1 procedencia dos contactos foi espa\u00f1ola a\u00ednda que tam\u00e9n houbo contactos con empresas procedentes de Italia, Portugal, Su\u00edza, Alema\u00f1a, M\u00e9xico, Venezuela, Marrocos, China, Inglaterra e Estados Unidos.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>Resposta efectiva para os profesionais<\/strong><br \/>\nOs encontros suced\u00e9ronse nas mesas habilitadas para tal fin na caseta de Galicia, en franxas de 30 minutos e co apoio de persoal de asistencia t\u00e9cnica do Cl\u00faster do Turismo, que orientou e asesorou sobre as necesidades de cada un dos profesionais que se achegaron a interesarse pola oferta tur\u00edstica galega, derivando a cada solicitante a quen lle puidese ofrecer resposta \u00e1 s\u00faa solicitude.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Desde o Cl\u00faster o seu presidente, Francisco Gonz\u00e1lez, valorou moi positivamente tanto o incremento de reuni\u00f3ns de traballo como a aposta de Turismo de Galicia por este punto de networking para profesionais, que &#8220;demostrou dar unha resposta efectiva para o sector tur\u00edstico galego, que conta cun espazo id\u00f3neo para completar o seu traballo en Fitur&#8221;.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>As 12 mesas de traballo xestionadas na caseta galega foron punto de encontro para quen se achegaba a solicitar informaci\u00f3n sobre Destino Galicia O Sal\u00f3n Internacional de Turismo de Madrid, FITUR 2017, pechou as s\u00faas portas o domingo con marca de visitantes, m\u00e1is de 245.000, e tam\u00e9n con moi boas sensaci\u00f3ns no espazo de traballo &#8230; <a title=\"O espazo de traballo do Cl\u00faster Turismo de Galicia en Fitur xestionou m\u00e1is de 300 encontros profesionais\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/o-espazo-de-traballo-do-cluster-turismo-de-galicia-en-fitur-xestionou-mais-de-300-encontros-profesionais\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre O espazo de traballo do Cl\u00faster Turismo de Galicia en Fitur xestionou m\u00e1is de 300 encontros profesionais\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2540,3737],"tags":[],"class_list":["post-26510","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-cluster","category-cluster-2"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26510","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=26510"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26510\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=26510"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=26510"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=26510"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}