{"id":26549,"date":"2017-02-15T11:55:42","date_gmt":"2017-02-15T11:55:42","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/un-traballo-das-universidades-de-vigo-e-a-coruna-analiza-as-bases-do-desenvolvemento-do-turismo-en-espana-entre-1900-e-1936\/"},"modified":"2017-02-15T11:55:42","modified_gmt":"2017-02-15T10:55:42","slug":"un-traballo-das-universidades-de-vigo-e-a-coruna-analiza-as-bases-do-desenvolvemento-do-turismo-en-espana-entre-1900-e-1936","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/un-traballo-das-universidades-de-vigo-e-a-coruna-analiza-as-bases-do-desenvolvemento-do-turismo-en-espana-entre-1900-e-1936\/","title":{"rendered":"Un traballo das Universidades de Vigo e A Coru\u00f1a analiza as bases do desenvolvemento do turismo en Espa\u00f1a entre 1900 e 1936"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\">O profesor Rafael Vallejo da Facultade de Ciencias Econ\u00f3micas e Empresariais da <a href=\"http:\/\/www.uvigo.gal\/\" target=\"_blank\">Universidade de Vigo<\/a>, e as docentes de a\u00a0<a href=\"https:\/\/www.udc.es\/\" target=\"_blank\">Universidade da Coru\u00f1a<\/a>,\u00a0Elvira Lindoso e Margarita Vilar, membros do grupo\u00a0<a href=\"https:\/\/grupoturhis.wordpress.com\/subproyecto\/2016-turhisgal-universitas\/\" target=\"_blank\">Turhisgal<\/a> son os autores dun estudo publicado na Revista da Historia da Econom\u00eda e da Empresa no que analizan por primeira vez o peso do turismo en Espa\u00f1a no primeiro terzo do s\u00e9culo XX. Baixo o t\u00edtulo <strong>Os antecedentes do turismo de masas en Espa\u00f1a. 1900-1936<\/strong>, o traballo analiza esta fase de &#8220;fermento tur\u00edstico&#8221; dunha forma innovadora, xa que nestas datas non exist\u00edan a\u00ednda as estat\u00edsticas tur\u00edsticas, que se comezar\u00edan a publicar a partir de 1929. Por iso os investigadores botaron man de ferramentas cuantitativas alternativas, como a Estat\u00edstica Administrativa da Contribuci\u00f3n Industrial e de Comercio, os Anuarios financeros das Sociedades An\u00f3nimas, cifras do Padroado Nacional de Turismo, Anuario Estat\u00edstico de Espa\u00f1a, etc. para suplir esta falta de informaci\u00f3n, ademais de usar as hemerotecas dixitais da prensa escrita para elaborar un\u00a0\u00cdndice de Intensidade Medi\u00e1tica do Turismo e outro sobre Balnearios.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O\u00a0achegamento cuantitativo aos inicios do turismo en Espa\u00f1a\u00a0permitiu aos investigadores galegos obter algunhas conclusi\u00f3ns sobre o impacto deste sector na econom\u00eda e sobre a oferta de establecementos e equipamentos tur\u00edsticos como balnearios, ba\u00f1os, hoteis, etc. Sit\u00faan nesta primeira parte do s\u00e9culo o nacemento da &#8220;industria dos forasteiros&#8221;, que non hai que identificar exclusivamente coas persoas estranxeiras, sen\u00f3n tam\u00e9n co turismo interior. A comezos de s\u00e9culo \u00e9 un &#8220;fen\u00f3meno elitista, que se vai estendendo progresivamente e no ano 30 certos sectores das clases medias xa participan destas pr\u00e1cticas&#8221;, explican os investigadores. De feito, a principios de s\u00e9culo &#8220;cidades como Santander ou San Sebasti\u00e1n eran xa cidades tur\u00edsticas, onde este tipo de actividades achegaban uns ingresos significativos e hab\u00eda xa unha industria relacionada con esta actividade&#8221;. Empezan a xurdir axentes persoais e p\u00fablicos, \u00e1brense hoteis e balnearios, axencias de viaxes, ofr\u00e9cense paquetes de produtos, ponse en marcha transporte especializado, etc. e arrinca tam\u00e9n a pol\u00edtica tur\u00edstica para xestionar este novo sector con potencial de crecemento.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>Destinos tur\u00edsticos en Galicia<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">En Galicia desputan como destinos tur\u00edsticos Pontevedra, Santiago, Coru\u00f1a e Vigo, cidades estas d\u00faas \u00faltimas favorecidas na d\u00e9cada de 1930 pola expansi\u00f3n do turismo mar\u00edtimo de cruceiros, a pesar de ser os anos de contracci\u00f3n econ\u00f3mica, pois as compa\u00f1\u00edas navieiras inclin\u00e1ronse polo turismo para compensar a ca\u00edda da emigraci\u00f3n e do tr\u00e1fico de mercador\u00edas. Por exemplo, en\u00a0Vigo\u00a0formouse en 1933 a\u00a0Sociedade An\u00f3nima de Iniciativas Tur\u00edsticas\u00a0sendo un dos seus fundadores\u00a0Estanislao Dur\u00e1n, impulsor de varias iniciativas relacionadas co turismo nesta \u00e9poca.\u00a0Galicia\u00a0foi avanzando as\u00ed nestas d\u00e9cadas en equipamento e oferta para recibir visitantes, apoi\u00e1ndose nunha primeira etapa principalmente no termalismo, con establecementos tan destacados como o Balneario de Mondariz ou o da Toxa para dar paso a outro tipo de oferta menos medicinal e m\u00e1is tur\u00edstica, de lecer e cultural.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Este traballo destes investigadores ser\u00e1 presentado ademais, con novas cifras o pr\u00f3ximo mes de xu\u00f1o en VI Conferencia de <a href=\"http:\/\/www.tourism-economics.net\/\" target=\"_blank\">IATE\u00a0(International Association for Tourism Economics)<\/a>, que se celebrar\u00e1 en Rimini (Italia) baixo o auspicio da Universidade de Bolonia.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O profesor Rafael Vallejo da Facultade de Ciencias Econ\u00f3micas e Empresariais da Universidade de Vigo, e as docentes de a\u00a0Universidade da Coru\u00f1a,\u00a0Elvira Lindoso e Margarita Vilar, membros do grupo\u00a0Turhisgal son os autores dun estudo publicado na Revista da Historia da Econom\u00eda e da Empresa no que analizan por primeira vez o peso do turismo en &#8230; <a title=\"Un traballo das Universidades de Vigo e A Coru\u00f1a analiza as bases do desenvolvemento do turismo en Espa\u00f1a entre 1900 e 1936\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/un-traballo-das-universidades-de-vigo-e-a-coruna-analiza-as-bases-do-desenvolvemento-do-turismo-en-espana-entre-1900-e-1936\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre Un traballo das Universidades de Vigo e A Coru\u00f1a analiza as bases do desenvolvemento do turismo en Espa\u00f1a entre 1900 e 1936\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[],"tags":[],"class_list":["post-26549","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26549","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=26549"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26549\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=26549"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=26549"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=26549"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}