{"id":26593,"date":"2017-03-03T07:19:02","date_gmt":"2017-03-03T07:19:02","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/a-camelia-camino-da-profesionalizacion-como-produto-turistico\/"},"modified":"2017-03-03T07:19:02","modified_gmt":"2017-03-03T06:19:02","slug":"a-camelia-camino-da-profesionalizacion-como-produto-turistico","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/a-camelia-camino-da-profesionalizacion-como-produto-turistico\/","title":{"rendered":"A Camelia cami\u00f1o da profesionalizaci\u00f3n como produto tur\u00edstico"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\">Baixo a m\u00e1xima de que a camelia \u00e9 un recurso diferenciador \u00fanico e que a enorme riqueza e expansi\u00f3n desta flor en Galicia converteuna nun valor paisax\u00edstico e patrimonio que sit\u00faa ao noso territorio como referente internacional, Turismo de Galicia ven de avanzar que a administraci\u00f3n auton\u00f3mica por\u00e1 en marcha o Comit\u00e9 da <a href=\"http:\/\/www.turismo.gal\/que-facer\/ruta-da-camelia?langId=es_ES\" target=\"_blank\">Ruta da Camelia<\/a> que supor\u00e1 &#8220;un paso definitivo&#8221; na profesionalizaci\u00f3n dos xard\u00edns que se incl\u00faen neste produto \u00fanico.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A responsable de Turismo da Xunta tam\u00e9n avanzou outras acci\u00f3ns previstas como a posta en marcha dunha campa\u00f1a de vi\u00f1os e camelias, as\u00ed como a participaci\u00f3n cun xard\u00edn de dese\u00f1o inspirado en Galicia, dedicado \u00e1 camelia, no Festival Internacional de Xardinar\u00eda de Hampton Court. &#8220;Iniciativas que contin\u00faan coa aposta por potenciar esta Ruta da Camelia que temos a sorte de ter en Galicia&#8221;, explicou.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">E \u00e9 que as actividades vinculadas coa camelia suc\u00e9dense nestes d\u00edas e \u00e1s <a href=\"http:\/\/www.cameliagalicia.com\/Blog\/xxii-xornadas-arredor-da-camelia-vedra-26-febr-a-9-de-marzo-2017\/\" target=\"_blank\">XXII Xornadas Arredor da Camelia<\/a>, organizadas pola Asociaci\u00f3n Amigos d\u00e1 Camelia do Val do Ulla en colaboraci\u00f3n co Concello de Vedra celebradas esta semana \u00e1 beira do Pazo de Santa Cruz de Ribadulla, sucedeulle o <a href=\"https:\/\/www.pazoderubianes.com\/jornada-internacional-paisaje-camelia-2-3-marzo-2017\/\" target=\"_blank\">Congreso Internacional Camelia e Paisaxismo<\/a>, unha iniciativa da Escola de Paisaxismo de Galicia que se celebrou o 2 e 3 de marzo no Pazo de Rubi\u00e1ns coa participaci\u00f3n de expertos mundiais nesta flor que permitiron co\u00f1ecer de primeira man tanto a historia das camelias, actualidade, presenza noutros territorios, beleza das s\u00faas variedades como o seu potencial ornamental e paisax\u00edstico. As xornadas, impulsadas en colaboraci\u00f3n coa Deputaci\u00f3n de Pontevedra, Xunta de Galicia e a USC, tiveron ademais como un dos seus obxectivos aproveitar as investigaci\u00f3ns levadas a cabo por Gao Yiyin, profesor do Instituto de Investigaci\u00f3ns de Silvicultura Subtropical e Arquitectura de Paisaxes de China para avanzar no cultivo de variedades de camelia que florezan todo o ano, algo que xa se conseguiu no pa\u00eds asi\u00e1tico, o que permitir\u00eda gozar desta flor tam\u00e9n durante o ver\u00e1n. Ademais, a Deputaci\u00f3n de Pontevedra quere seguir incrementado o seu n\u00famero de Xard\u00edns de Excelencia Internacional da Camelia, presentando as candidaturas do Pazo da Saleta e de Quinteiro da Cruz. Este \u00faltimo acoller\u00e1, ademais, unhas <a href=\"https:\/\/clusterturismogalicia.comla-camelia-celebra-su-i-jornada-internacional\/\" target=\"_blank\">xornadas sobre camelia e gastronom\u00eda a finais do mes de marzo<\/a>.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Na actualidade a nosa comunidade \u00e9 o segundo lugar con m\u00e1is variedades de camelia despois do Xap\u00f3n, ao albergar m\u00e1is de duascentas especies e preto de 30 mil variedades diferentes de camelias. Ademais, ning\u00fan outro lugar ofrece ao visitante unha variedade de especies de flor de camelia, de coleccionistas, de exposici\u00f3ns e de produtores de planta de camelia que se pareza \u00e1 de Galicia. Mesmo a s\u00faa presenza at\u00f3pase nos centros das cidades, convert\u00e9ndose, para moitos galegos, na flor insignia de Galicia, explicou a directora de Turismo de Galicia.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>Con sinalizaci\u00f3n tur\u00edstica propia<\/strong><br \/>\nA trav\u00e9s da Ruta da Camelia, un referente internacional formado por unha ducia de xard\u00edns tanto p\u00fablicos como privados, a Xunta de Galicia segue apostando por p\u00f3r en valor o noso patrimonio hist\u00f3rico e bot\u00e1nico permitindo descubrir os recursos dos concellos nos que se sit\u00faan os principais enclaves e xard\u00edns con camelias e que te\u00f1en a s\u00faa sinalizaci\u00f3n tur\u00edstica propia para identificala.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Baixo a m\u00e1xima de que a camelia \u00e9 un recurso diferenciador \u00fanico e que a enorme riqueza e expansi\u00f3n desta flor en Galicia converteuna nun valor paisax\u00edstico e patrimonio que sit\u00faa ao noso territorio como referente internacional, Turismo de Galicia ven de avanzar que a administraci\u00f3n auton\u00f3mica por\u00e1 en marcha o Comit\u00e9 da Ruta da &#8230; <a title=\"A Camelia cami\u00f1o da profesionalizaci\u00f3n como produto tur\u00edstico\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/a-camelia-camino-da-profesionalizacion-como-produto-turistico\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre A Camelia cami\u00f1o da profesionalizaci\u00f3n como produto tur\u00edstico\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2547,3739],"tags":[],"class_list":["post-26593","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-xornadas","category-jornadas"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26593","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=26593"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26593\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=26593"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=26593"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=26593"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}