{"id":26725,"date":"2017-05-08T07:37:51","date_gmt":"2017-05-08T07:37:51","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/a-xunta-de-galicia-presenta-a-estratexia-de-turismo-de-galicia-2020-unha-aposta-polo-turismo-tranquilo-de-maxima-calidade\/"},"modified":"2017-05-08T07:37:51","modified_gmt":"2017-05-08T06:37:51","slug":"a-xunta-de-galicia-presenta-a-estratexia-de-turismo-de-galicia-2020-unha-aposta-polo-turismo-tranquilo-de-maxima-calidade","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/a-xunta-de-galicia-presenta-a-estratexia-de-turismo-de-galicia-2020-unha-aposta-polo-turismo-tranquilo-de-maxima-calidade\/","title":{"rendered":"A Xunta de Galicia presenta a Estratexia de Turismo de Galicia 2020, unha aposta polo turismo tranquilo de m\u00e1xima calidade"},"content":{"rendered":"<h4 style=\"text-align: justify;\">O presidente da Xunta e a directora de Turismo de Galicia foron os encargados de presentar o plan nun acto no que tam\u00e9n se celebrou un coloquio con representates do sector<\/h4>\n<p style=\"text-align: justify;\">O presidente da Xunta, Alberto N\u00fa\u00f1ez Feij\u00f3o, reivindicou hoxe a aposta de Galicia polo ?turismo tranquilo, polo slow turismo de m\u00e1xima calidade? para seguir batendo marcas de visitantes e no que os turistas gocen sen pr\u00e9sas do patrimonio, da historia, da cultura e da natureza da Comunidade. E f\u00edxoo na presentaci\u00f3n oficial da <strong><a href=\"http:\/\/www.turismo.gal\/canle-institucional\/turismo-de-galicia\/a-axencia\/estratexia-do-turismo-de-galicia-2020?langId=es_ES\" target=\"_blank\">Estratexia de Turismo de Galicia 2020<\/a><\/strong>, a folla de ruta para o sector no horizonte do catro pr\u00f3ximos anos na que se cifran varios obxectivos cuantitativos: alcanzar os 6 mill\u00f3ns de turistas; dos cales 2 mill\u00f3ns ser\u00edan turistas internacionais e conseguir os 60 euros de gasto medio por habitaci\u00f3n hoteleira. Uns obxectivos cuantitativos pero tam\u00e9n cuantitativos, apostando pola sustentabilidade dun destino no que tam\u00e9n se mellore na s\u00faa competitividade e rendibilidade, situ\u00e1ndose como sector crave da econom\u00eda galega para o que ser\u00e1 precisa a\u00a0colaboraci\u00f3n dos campos p\u00fablico e privado\u00a0para o seu impulso, coordinaci\u00f3n, xesti\u00f3n, promoci\u00f3n, ordenaci\u00f3n, innovaci\u00f3n e internacionalizaci\u00f3n.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Segundo explicou N\u00fa\u00f1ez Feij\u00f3o na s\u00faa intervenci\u00f3n, a Estratexia aposta por &#8220;un destino tranquilo, pensando para perdurar no tempo, co acento posto na sustentabilidade, ao que non lle dea vertixe ofrecer novos produtos tur\u00edsticos e experiencias diferentes a outros lugares&#8221;, dixo, ao que engadiu que para iso, o Goberno galego destinar\u00e1 m\u00e1is de 240 mill\u00f3ns de euros neste catro anos, para consolidar a marca Galicia, &#8220;para que Galicia non sexa unha moda pasaxeira sen\u00f3n un destino indispensable para a axenda de calquera turista ou viaxeiro&#8221;.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Durante a presentaci\u00f3n da Estratexia de Turismo de Galicia 2020, Feij\u00f3o incidiu tam\u00e9n na necesidade dun traballo conxunto co sector &#8220;porque non s\u00f3 queremos que os turistas ve\u00f1an sen\u00f3n que os turistas volvan&#8221; polo que, parafraseando unha das frases xurdidas durante o coloquio dos representantes do sector, &#8220;debemos darlle raz\u00f3ns para volver&#8221;.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Co obxectivo de fidelizar os visitantes e impulsar a imaxe de Galicia como destino tur\u00edstico \u00fanico, Feij\u00f3o avanzou, entre as 90 acci\u00f3ns inclu\u00eddas no plan, a creaci\u00f3n do Cart\u00f3n do turista que supor\u00e1 importantes descontos e facilidades para o transporte e avogou por potenciar ao m\u00e1ximo a Ruta Xacobea de face ao ano santo 2021, e para dar a co\u00f1ecer os bens patrimonio da humanidade, os parques naturais e para consolidarnos tam\u00e9n como unha referencia termal.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>Unha estratexia din\u00e1mica e participativa<\/strong><br \/>\nAo longo da s\u00faa intervenci\u00f3n, o presidente da Xunta referiuse a esta estratexia como unha folla de ruta transversal, din\u00e1mica e participativa. Unha folla de ruta que contempla Galicia como uno todo; que ser\u00e1 revisada de maneira peri\u00f3dica para adaptala \u00e1 conxuntura de cada momento; que implicar\u00e1 todo o tecido social; e que foi elaborada en colaboraci\u00f3n co Cl\u00faster de Turismo e co tres universidades galegas, a trav\u00e9s de 28 mesas de traballo, 80 entrevistas individuais e 300 enquisas.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>Coloquio do sector<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Ademais da intervenci\u00f3n do presidente da Xunta, o acto tam\u00e9n contou coa participaci\u00f3n da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, que agradeceu o traballo do sector, e dun coloquio con diferentes representantes do sector tur\u00edstico que servi\u00f3 para tocar alg\u00fans dos aspectos que se abordan no plan como a paisaxe, a gastronom\u00eda, a necesidade de profesionalizaci\u00f3n ou de desestacionalizaci\u00f3n do sector. Conducido por Susana Pedreira, o coloquio estivo a cargo do presidente do Cl\u00faster Turismo de Galicia, Francisco Gonz\u00e1lez, o chef Pepe Solla, a directora de Tee Travel, Mar Rodr\u00edguez, Marcos Branco, director da Pantin Classic e Beatriz Castro, directora do Hotel Cons da Garda no Grove.<\/p>\n<blockquote>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/www.turismo.gal\/docs\/mdaw\/mjkz\/~edisp\/turga293237.pdf?langId=es_ES\" target=\"_blank\">Descarga o resumo executivo<\/a><\/p>\n<\/blockquote>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O presidente da Xunta e a directora de Turismo de Galicia foron os encargados de presentar o plan nun acto no que tam\u00e9n se celebrou un coloquio con representates do sector O presidente da Xunta, Alberto N\u00fa\u00f1ez Feij\u00f3o, reivindicou hoxe a aposta de Galicia polo ?turismo tranquilo, polo slow turismo de m\u00e1xima calidade? para seguir &#8230; <a title=\"A Xunta de Galicia presenta a Estratexia de Turismo de Galicia 2020, unha aposta polo turismo tranquilo de m\u00e1xima calidade\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/a-xunta-de-galicia-presenta-a-estratexia-de-turismo-de-galicia-2020-unha-aposta-polo-turismo-tranquilo-de-maxima-calidade\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre A Xunta de Galicia presenta a Estratexia de Turismo de Galicia 2020, unha aposta polo turismo tranquilo de m\u00e1xima calidade\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2540,3737],"tags":[],"class_list":["post-26725","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-cluster","category-cluster-2"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26725","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=26725"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26725\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=26725"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=26725"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=26725"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}