{"id":26869,"date":"2017-06-29T12:33:33","date_gmt":"2017-06-29T12:33:33","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/situar-a-marca-galicia-turismo-activo-un-dos-obxectivos-fixados-tras-a-xornada-turismo-activo-celebrada-en-ourense\/"},"modified":"2017-06-29T12:33:33","modified_gmt":"2017-06-29T11:33:33","slug":"situar-a-marca-galicia-turismo-activo-un-dos-obxectivos-fixados-tras-a-xornada-turismo-activo-celebrada-en-ourense","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/situar-a-marca-galicia-turismo-activo-un-dos-obxectivos-fixados-tras-a-xornada-turismo-activo-celebrada-en-ourense\/","title":{"rendered":"Situar a marca Galicia Turismo Activo, un dos obxectivos fixados tras a xornada turismo activo celebrada en Ourense"},"content":{"rendered":"<h4>Medio centenar de expertos constataron o enorme potencial de Galicia para o desenvolvemento deste tipo de turismo<\/h4>\n<h4>Profesionalizaci\u00f3n e estruturaci\u00f3n do sector e a da s\u00faa comercializaci\u00f3n, principais retos para o turismo activo galego<\/h4>\n<p style=\"text-align: justify;\">A constataci\u00f3n de que a\u00ednda non existe unha marca de turismo activo nin un sector profesionalizado nin organizado en Galicia xunto co enorme potencial do noso territorio cunha imaxe fortemente vinculado \u00e1 paisaxe e a natureza foron algunhas das conclusi\u00f3ns que se extraeron na <a href=\"http:\/\/xornada.galiciadestinoactivo.com\/\" target=\"_blank\"><strong>Xornada Novo Turismo Activo en Galicia<\/strong><\/a>, impulsada polo Cl\u00faster Turismo de Galicia en colaboraci\u00f3n con Turismo de Galicia e <a href=\"http:\/\/www.galiciadestinoactivo.com\/\" target=\"_blank\">Galicia Destino Activo<\/a>, que se celebrou esta ma\u00f1\u00e1 no Balneario Caldaria-Laias, en Cenlle.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">&#8220;Hai bastantes empresas de turismo activo que est\u00e1n a facer as cousas moi ben en Galicia pero f\u00e1ltanos moita informaci\u00f3n sobre a situaci\u00f3n real deste sector en Galicia, temos que estruturalo, profesionalizarnos e situarnos como marca, primeiro a nivel interno e nacional&#8221;, explicou Agust\u00edn Rico, representante da <a href=\"http:\/\/www.agetan.net\/\" target=\"_blank\">Asociaci\u00f3n de Empresas de Turismo Activo e de Natureza, AGETAN,<\/a> que afirmou que o &#8220;potencial galego \u00e9 enorme, coa gran vantaxe de que os recursos est\u00e1n distribu\u00eddos por todo o territorio&#8221;. &#8220;Ben estruturado e cunha boa comercializaci\u00f3n, o impacto do turismo activo en Galicia \u00e9 enorme, tanto como oferta complementaria ou como motivador principal da chegada de viaxeiros que buscan este tipo de experiencias&#8221;.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>Medio centenar de profesionais e tres mesas de traballo<\/strong><br \/>\nNa xornada, na que se deron cita medio centenar de profesionais, dividiuse en dous partes, unha primeira de an\u00e1lise de situaci\u00f3n e de presentaci\u00f3n dun caso de \u00e9xito de organizaci\u00f3n dun destino tur\u00edstico activo como \u00e9 o de Prepyr365, nos Pireneos aragoneses, que puxeron en marcha un destino paraugas para superar a atomizaci\u00f3n da oferta de microdestino, traballando conxuntamente para situar a marca e incrementar o fluxo de visitantes. &#8220;Os empresarios debemos ser os propios embaixadores do noso produto, os que m\u00e1is creamos no noso produto e apostar polo posicionamento dunha marca potente&#8221;, asegurou Javier Garc\u00eda, presidente da Asociaci\u00f3n Prepyr365.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Precisamente a cooperaci\u00f3n p\u00fablico-privada e a posta en valor destes recursos foi un dos aspectos que destacou o secretario do Cl\u00faster Turismo de Galicia, Ces\u00e1reo Pardal, que interveu na inauguraci\u00f3n da xornada, na que tam\u00e9n tomou parte o director de Competitividade de Turismo de Galicia, Jos\u00e9 Lu\u00eds Mestre e o alcalde de Cenlle, Javier Al\u00e9n, que destacou tam\u00e9n a necesidade de superar localismos e traballar conxuntamente na explotaci\u00f3n sustentable dos recursos tur\u00edsticos galegos. Neste sentido, Mestre tam\u00e9n incidiu na necesidade de traballar nunha etiqueta verde espec\u00edfica vinculada ao turismo activo e sustentable. Ademais, defendeu na s\u00faa intervenci\u00f3n a necesidade de diferenciar a libre pr\u00e1ctica deste tipo de turismo e a s\u00faa comercializaci\u00f3n, un tema que xerou moitos comentarios na mesa de debate coa que se pechou a xornada, na que participaron o profesor e responsable do Master de Turismo de Ourense, Jos\u00e9 Antonio Fraiz, e o responsable da oficina t\u00e9cnica de Prepyr365, Adri\u00e1n Tejero.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Ademais, e desaroll\u00e1ndose en Ourense e nun balneario, a xornada tam\u00e9n prestou atenci\u00f3n \u00e1 creaci\u00f3n de sinerx\u00edas entre o turismo activo e o turismo termal, elemento diferenciador desta provincia, que foi unha das tem\u00e1ticas das mesas de traballo que se desenvolveron de forma paralela \u00e1 mesa de debate. Xunto a esta mesa de traballo desenvolv\u00e9ronse outras d\u00faas, vinculadas \u00e1 competitividade e \u00e1 promoci\u00f3n e comercializaci\u00f3n deste tipo de turismo co obxectivo de implicar a toda a cadea de valor do turismo, creando sinerx\u00edas entre os diferentes axentes e establecendo unha comunicaci\u00f3n a longo prazo que mellore a implementaci\u00f3n do turismo activo en Galicia.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Medio centenar de expertos constataron o enorme potencial de Galicia para o desenvolvemento deste tipo de turismo Profesionalizaci\u00f3n e estruturaci\u00f3n do sector e a da s\u00faa comercializaci\u00f3n, principais retos para o turismo activo galego A constataci\u00f3n de que a\u00ednda non existe unha marca de turismo activo nin un sector profesionalizado nin organizado en Galicia xunto &#8230; <a title=\"Situar a marca Galicia Turismo Activo, un dos obxectivos fixados tras a xornada turismo activo celebrada en Ourense\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/situar-a-marca-galicia-turismo-activo-un-dos-obxectivos-fixados-tras-a-xornada-turismo-activo-celebrada-en-ourense\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre Situar a marca Galicia Turismo Activo, un dos obxectivos fixados tras a xornada turismo activo celebrada en Ourense\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[3737,2540,3739,2547],"tags":[],"class_list":["post-26869","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-cluster-2","category-cluster","category-jornadas","category-xornadas"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26869","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=26869"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26869\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=26869"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=26869"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=26869"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}