{"id":26926,"date":"2017-07-20T13:23:58","date_gmt":"2017-07-20T13:23:58","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/comeza-a-nova-tempada-de-mini-cruceiros-costeiros-polas-rias-de-galicia\/"},"modified":"2017-07-20T13:23:58","modified_gmt":"2017-07-20T12:23:58","slug":"comeza-a-nova-tempada-de-mini-cruceiros-costeiros-polas-rias-de-galicia","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/comeza-a-nova-tempada-de-mini-cruceiros-costeiros-polas-rias-de-galicia\/","title":{"rendered":"Comeza a nova tempada de mini cruceiros costeiros polas r\u00edas de Galicia"},"content":{"rendered":"<h4 style=\"text-align: justify;\">Agardan mellorar os resultados da primeira tempada ao ofrecer maior n\u00famero de d\u00edas navegables e m\u00e1is opci\u00f3ns<\/h4>\n<p style=\"text-align: justify;\">Entre xullo e novembro deste ano desenvolverase a nova tempada dos mini cruceiros costeiros polas r\u00edas de Galicia co obxectivo de superar o n\u00famero de d\u00edas de navegaci\u00f3n e de usuarios deste produto tur\u00edstico diferenciador e desestacionalizador, tal e como o definiu Manuel Soli\u00f1o, representante de <a href=\"http:\/\/www.aganplus.org\/index.html\" target=\"_blank\">Agan<\/a>+ como impulsar da iniciativa, que conta co apoio da <a href=\"http:\/\/nauticdestination.org\/\" target=\"_blank\">Conseller\u00eda do Mar<\/a>, Portos de Galicia e Turismo de Galicia, ademais das mari\u00f1as e os concellos nos que se recalan os barcos, entre outras entidades.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">As\u00ed, se o ano pasado foron algo m\u00e1is de 1400 os viaxeiros este ano, de ocuparse todas as prazas, agardan superar os 2.300, grazas tam\u00e9n ao incremento de frecuencias, escalas e do n\u00famero de traxectos para esta segunda tempada. O proxecto Minicruceiro costeiros polas r\u00edas de Galicia foi impulsado pola Xunta de Galicia, a trav\u00e9s de Portos de Galicia en colaboraci\u00f3n con Turismo de Galicia e a <a href=\"http:\/\/www.aganplus.org\/index.html\" target=\"_blank\">Asociaci\u00f3n Galega de Actividades N\u00e1uticas (AGAN)<\/a> como unha iniciativa que se enmarca nos programas Nea 3 e Ecodestin_3IN, continuidade do programa Nea 2 da Uni\u00f3n Europea. No participou activamente Portos de Galicia e permitiu crear, en 2015, unha serie de itinerarios de navegaci\u00f3n polas R\u00edas Baixas, vinculando estas rutas a sectores de atracci\u00f3n tur\u00edstica como a cultura, o patrimonio e a enolox\u00eda.<br \/>\nPor outra banda, o programa Ecodestin_3IN, conta cun investimento pr\u00f3ximo aos 2 mill\u00f3ns de euros e enm\u00e1rcase no Programa INTERREG Espa\u00f1a-Portugal 2014-2020 (POCTEP). Persegue o incremento da atracci\u00f3n do territorio a trav\u00e9s do fomento e o desenvolvemento do patrimonio natural e cultural vinculado \u00e1s r\u00edas, r\u00edos e costa da eurorrexi\u00f3n Galicia-Norte de Portugal.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Neste sentido, a titular de Mar destacou a aposta de Galicia por aproveitar todas aquelas pancas econ\u00f3micas e administrativas como o Fondo Europeo Mar\u00edtimo e da Pesca, que permitan avanzar na visi\u00f3n do mar como punto de atracci\u00f3n tur\u00edstico. Neste campo destacou que Galicia forma parte do grupo de cabeza a nivel europeo na aplicaci\u00f3n desta ferramenta.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>Aposta polo turismo n\u00e1utico<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Na presentaci\u00f3n da nova tempada estiveron presentes, ademais da conselleira de Mar, Ana Rosa Quintana, o titultar de Portos de Galicia, Jos\u00e9 Juan Dur\u00e1n, o alcalde de Sanxenxo, Telmo Mart\u00edn, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro. Esta \u00faltima destacou que este tipo de iniciativas son necesarias para o sector tur\u00edstico galego xa que representan unha oportunidade para impulsar o gran potencial do turismo n\u00e1utico en Galicia ao converter \u00e1 nosa Comunidade en &#8220;referencia europea en cruceiros costeiros de escalas en terra e ao ser un importante acicate para p\u00f3r en valor o patrimonio natural, gastron\u00f3mico e cultural de Galicia&#8221;, dixo.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A<a href=\"http:\/\/nauticdestination.org\/folleto.pdf\" target=\"_blank\"> oferta deste ano incl\u00fae ata catro propostas diferentes<\/a> con seis rutas polas r\u00edas galegas en ferri-catamar\u00e1n ou en veleiro. Tr\u00e1tase dos itinerarios Minicruceiro costeiro polas r\u00edas, de seis d\u00edas de duraci\u00f3n; Minicruceiro Costeiro a Vea Ruta Xacobea Mar de Arousa, de dous d\u00edas; e Minicruceiro Costeiro Illas Atl\u00e1nticas e Vilas mari\u00f1eiras pola R\u00eda de Vigo e Minicruceiro Costeiro a Vela Tesouros d\u00e1 R\u00eda de Vigo, ambos dun d\u00eda de duraci\u00f3n e coa posibilidade de escoller entre dous itinerarios diferentes pola r\u00eda de Vigo.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A bordo destes minicruceros, os visitantes poder\u00e1n gozar do turismo mari\u00f1eiro e co\u00f1ecer, entre outros moitos recursos, o Parque Nacional d\u00e1s Illas Atl\u00e1nticas e ata rememorar o percorrido que os restos do Ap\u00f3stolo Santiago seguiron pola r\u00eda de Arousa. Os interesados poden obter a informaci\u00f3n correspondente \u00e1 iniciativa, aos itinerarios, prezos e d\u00edas na <a href=\"http:\/\/nauticdestination.org\/\" target=\"_blank\">p\u00e1xina web<\/a>.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Agardan mellorar os resultados da primeira tempada ao ofrecer maior n\u00famero de d\u00edas navegables e m\u00e1is opci\u00f3ns Entre xullo e novembro deste ano desenvolverase a nova tempada dos mini cruceiros costeiros polas r\u00edas de Galicia co obxectivo de superar o n\u00famero de d\u00edas de navegaci\u00f3n e de usuarios deste produto tur\u00edstico diferenciador e desestacionalizador, tal &#8230; <a title=\"Comeza a nova tempada de mini cruceiros costeiros polas r\u00edas de Galicia\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/comeza-a-nova-tempada-de-mini-cruceiros-costeiros-polas-rias-de-galicia\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre Comeza a nova tempada de mini cruceiros costeiros polas r\u00edas de Galicia\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[],"tags":[],"class_list":["post-26926","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26926","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=26926"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26926\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=26926"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=26926"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=26926"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}