{"id":26986,"date":"2017-08-25T10:56:25","date_gmt":"2017-08-25T10:56:25","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/560-000-euros-para-promocionar-o-seis-xeodestinos-da-provincia-da-coruna\/"},"modified":"2017-08-25T10:56:25","modified_gmt":"2017-08-25T09:56:25","slug":"560-000-euros-para-promocionar-o-seis-xeodestinos-da-provincia-da-coruna","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/560-000-euros-para-promocionar-o-seis-xeodestinos-da-provincia-da-coruna\/","title":{"rendered":"560.000 euros para promocionar o seis xeodestinos da provincia da Coru\u00f1a"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\">A <a href=\"http:\/\/tradutor.dacoruna.gal\/fron-trad\/urlTranslate.php?marcar3=&amp;direccion3=es-gl&amp;tipo=html&amp;inurl=https:\/\/www.dicoruna.es\/\" target=\"_blank\">Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a<\/a> fixo p\u00fablico o programa de subvenci\u00f3ns dirixidas a entes de xesti\u00f3n, asociaci\u00f3ns, mancomunidades e consorcios tur\u00edsticos para a mellora da calidade e a competitividade, as\u00ed como a realizaci\u00f3n de actividades tur\u00edsticas durante o ano 2017 na que se concede un total de 560.000 euros destinados a oito entidades de toda a provincia para o impulso do turismo de calidade e a profesionalizaci\u00f3n e modernizaci\u00f3n do sector tur\u00edstico.<br \/>\nFerrolterra \u00e9 o consegue m\u00e1is fondos, 180.000 euros que se reparten entre a <a href=\"http:\/\/www.comarcaferrolterra.es\/\" target=\"_blank\">Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol<\/a>, que recibe 100.000 euros para elaborar un plan de promoci\u00f3n das R\u00edas Altas a trav\u00e9s de diversos eventos e a creaci\u00f3n de bonos de experiencias, e a Sociedade Mixta de Turismo de Ferrol, \u00e1 que se lle concederon 80.000 euros para potenciar rutas como a das Meninas de Canido ou o Cami\u00f1o Ingl\u00e9s e mellorar a xesti\u00f3n t\u00e9cnica da entidade.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Na comarca de Barbanza foron tres os entes tur\u00edsticos que solicitaron as axudas da Deputaci\u00f3n: a Asociaci\u00f3n Rural de Desenvolvemento da R\u00eda de Muros-Noia recibiu 40.000 euros para realizar cursos para profesionais do turismo e desenvolver o programa &#8220;Experiencia R\u00eda de Muros-Noia&#8221;, que incl\u00fae actividades gastron\u00f3micas, culturais e deportivas. A Asociaci\u00f3n Socio-Cultural Auga e Sal utilizar\u00e1 os 20.000 euros achegados pola Deputaci\u00f3n para adquirir material de promoci\u00f3n e realizar visitas guiadas na contorna de Muros. Por \u00faltimo, a <a href=\"http:\/\/www.arousa-norte.es\/gl\/\" target=\"_blank\">Mancomunidade da r\u00eda de Arousa-Zona Norte<\/a>, que conta cunha achega provincial de 60.000 euros, financiar\u00e1 a participaci\u00f3n en feiras internacionais como ITB Berl\u00edn, WTM Londres ou o Sal\u00f3n N\u00e1utico de Par\u00eds, as\u00ed como a organizaci\u00f3n de eventos tur\u00edsticos na zona e a mellora da xesti\u00f3n t\u00e9cnica.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Doutra banda, <a href=\"http:\/\/www.santiagoturismo.com\/\" target=\"_blank\">Informaci\u00f3n e Comunicaci\u00f3n Local (INCOLSA)<\/a> tam\u00e9n contar\u00e1 cunha achega provincial de 120.000 euros para levar a cabo acciones como o evento Santiago (e)tapas, desenvolver unha aplicaci\u00f3n tur\u00edstica e realizar novas actividades ao redor da m\u00fasica e as tradici\u00f3ns populares no xeodestino das Terras de Santiago.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Unha achega da mesma cont\u00eda econ\u00f3mica tam\u00e9n foi concedida ao <a href=\"http:\/\/turismocoruna.com\/web\/\" target=\"_blank\">Consorcio de Turismo e Congresos da Coru\u00f1a<\/a>, para a realizaci\u00f3n de actividades na zona das Mari\u00f1as, como os econtros gastron\u00f3micos Picado e Bocadillo Gourmet ou o I Xornada de Turismo Urb\u00e1n.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">No caso de Costa da Morte, a Deputaci\u00f3n contribuir\u00e1, cunha achega de 20.000 euros, ao desenvolvemento do programa &#8220;O Encaixe no Cami\u00f1o&#8221;, do que se encarga a asociaci\u00f3n de Empresarios e de Promoci\u00f3n Tur\u00edstica de Camari\u00f1as. Este programa incl\u00fae unha exposici\u00f3n no Faro Vil\u00e1n, unha ruta deste Camari\u00f1as ata Santiago de Compostela e unha celebraci\u00f3n do d\u00eda de Camari\u00f1as o 25 de xullo, consistente nunha recreaci\u00f3n da lenda sobre a orixe do Encaixe.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a fixo p\u00fablico o programa de subvenci\u00f3ns dirixidas a entes de xesti\u00f3n, asociaci\u00f3ns, mancomunidades e consorcios tur\u00edsticos para a mellora da calidade e a competitividade, as\u00ed como a realizaci\u00f3n de actividades tur\u00edsticas durante o ano 2017 na que se concede un total de 560.000 euros destinados a oito entidades de toda a &#8230; <a title=\"560.000 euros para promocionar o seis xeodestinos da provincia da Coru\u00f1a\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/560-000-euros-para-promocionar-o-seis-xeodestinos-da-provincia-da-coruna\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre 560.000 euros para promocionar o seis xeodestinos da provincia da Coru\u00f1a\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[],"tags":[],"class_list":["post-26986","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26986","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=26986"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26986\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=26986"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=26986"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=26986"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}