{"id":27031,"date":"2017-09-21T09:13:00","date_gmt":"2017-09-21T09:13:00","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/o-plan-estratexico-de-turismo-de-pontevedra-estara-aprobado-en-decembro\/"},"modified":"2017-09-21T09:13:00","modified_gmt":"2017-09-21T08:13:00","slug":"o-plan-estratexico-de-turismo-de-pontevedra-estara-aprobado-en-decembro","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/o-plan-estratexico-de-turismo-de-pontevedra-estara-aprobado-en-decembro\/","title":{"rendered":"O Plan Estrat\u00e9xico de Turismo de Pontevedra estar\u00e1 aprobado en decembro"},"content":{"rendered":"<h4 style=\"text-align: justify;\">A Deputaci\u00f3n de Pontevedra presentou esta semana as conclusi\u00f3ns da primeira fase de recollida de valoraci\u00f3ns por parte de concellos e sector privado<\/h4>\n<p style=\"text-align: justify;\">A trav\u00e9s de mesas de traballo tem\u00e1ticas, entrevistas e enquisas en li\u00f1a, a <a href=\"https:\/\/www.depo.es\/\" target=\"_blank\">Deputaci\u00f3n de Pontevedra<\/a> levou a cabo a primeira fase do <strong>Plan Estrat\u00e9xico de Turismo de Pontevedra<\/strong>, na que se recolleron as valoraci\u00f3ns e opini\u00f3ns sobres diferentes temas relativos ao futuro do sector tur\u00edstico na provincia de Pontevedra. As conclusi\u00f3ns deste plan de concertaci\u00f3n present\u00e1ronse esta semana nun acto presidido pola presidenta da Deputaci\u00f3n de Pontevedra, Carmela Silva, acompa\u00f1ada polo Deputado delegado de Turismo R\u00edas Baixas, Santos H\u00e9ctor Rodr\u00edguez e ante alcaldes, alcaldesas e representantes dos concellos da provincia. Entre as conclusi\u00f3ns desta primeira fase de concertaci\u00f3n destacaron que o destino debe ser de calidade e non masificado, baixo un modelo tur\u00edstico sustentable, cunha oferta diversificada, un destino aut\u00e9ntico e diferenciado, desestacionalizado, con proxecci\u00f3n internacional e coordinado.<br \/>\nConcl\u00fae as\u00ed a primeira fase do Plan Estrat\u00e9xico de Turismo da provincia de Pontevedra para os anos 2017-2020 que a Deputaci\u00f3n de Pontevedra calcula ter aprobado para o pr\u00f3ximo mes de decembro. Neste sentido, a presidenta lembrou que a importancia deste Plan Estrat\u00e9xico, o primeiro destas caracter\u00edsticas que se formula na provincia coa colaboraci\u00f3n de concellos e sector privado. Carmela Silva sinalou que &#8220;o turismo representa o 11% do PIB de Galicia e o 12% da ocupaci\u00f3n laboral, polo que nos xogamos, con este plan consensuado e con recursos para poder desenvolver as li\u00f1as que se marquen, a actividade econ\u00f3mica, o crecemento econ\u00f3mico e a creaci\u00f3n de emprego da nosa provincia&#8221;.<br \/>\nPara o desenvolvemento desta primeira fase a Deputaci\u00f3n de Pontevedra puxo en marcha 10 mesas de traballo organizadas en oito tem\u00e1ticas (litorais; culturais; sobre cruceiros, MICE e turismo urbano; enogastronom\u00eda; natureza e termalismo; o Cami\u00f1o de Santiago; turismo deportivo, activo e de aventura e tam\u00e9n sobre turismo rural e de ra\u00edces), que contaron cunha participaci\u00f3n media de 15 persoas. Ademais, realiz\u00e1ronse 70 entrevistas cos 11 concellos tur\u00edsticos da provincia de Pontevedra, 7 entidades xestoras, 11 asociaci\u00f3ns e 41 empresas clave do sector e, por \u00faltimo, levaron a cabo enquisas en li\u00f1a para 61 concellos (dos que responderon 54) e 140 empresas, das cales a maior parte delas proced\u00edan de Sanxenxo (un 16%), Pontevedra (un 13%) e Vigo (o 9% delas)\/delas).<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>Primeiras conclusi\u00f3ns<\/strong><br \/>\nNo plan de concertaci\u00f3n avaliouse a situaci\u00f3n actual do sector tur\u00edstico, tanto nos aspectos xerais do destino R\u00edas Baixas como nos relativos ao \u00e1mbito p\u00fablico e ao privado. Ademais, identific\u00e1ronse os produtos prioritarios, entre eles o turismo cultural, termal, de natureza, rural ou o enogastron\u00f3mico. Tam\u00e9n se concretaron as li\u00f1as de acci\u00f3ns promocionais, nas que destacaron a promoci\u00f3n nas redes sociais, os acordos con empresas tour-operadoras e a p\u00e1xina web<a href=\"http:\/\/turismoriasbaixas.com\/gl\/web\/portal-web\/inicio\" target=\"_blank\"> www.turismoriasbaixas.com<\/a> e establec\u00e9ronse os mercados xeogr\u00e1ficos prioritarios, tanto nacionais como internacionais. En canto \u00e1s materias de formaci\u00f3n, a pesar da destacar todas como prioritarias, valoraron especialmente os idiomas, a atenci\u00f3n aos usuarios e usuarias e a innovaci\u00f3n tur\u00edstica. No que se corresponde cos retos identificados, a colaboraci\u00f3n e coordinaci\u00f3n entre as administraci\u00f3ns e o sector persoal, a desestacionalizaci\u00f3n, a diversificaci\u00f3n da oferta, a profesionalizaci\u00f3n do sector e a promoci\u00f3n e difusi\u00f3n da provincia con fincap\u00e9 na promoci\u00f3n do interior.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A Deputaci\u00f3n de Pontevedra presentou esta semana as conclusi\u00f3ns da primeira fase de recollida de valoraci\u00f3ns por parte de concellos e sector privado A trav\u00e9s de mesas de traballo tem\u00e1ticas, entrevistas e enquisas en li\u00f1a, a Deputaci\u00f3n de Pontevedra levou a cabo a primeira fase do Plan Estrat\u00e9xico de Turismo de Pontevedra, na que se &#8230; <a title=\"O Plan Estrat\u00e9xico de Turismo de Pontevedra estar\u00e1 aprobado en decembro\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/o-plan-estratexico-de-turismo-de-pontevedra-estara-aprobado-en-decembro\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre O Plan Estrat\u00e9xico de Turismo de Pontevedra estar\u00e1 aprobado en decembro\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[],"tags":[],"class_list":["post-27031","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27031","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=27031"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27031\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=27031"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=27031"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=27031"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}