{"id":27055,"date":"2017-09-29T12:58:10","date_gmt":"2017-09-29T12:58:10","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/a-mellora-de-pernoitas-a-estancia-media-e-a-rendibilidade-claves-para-avaliar-positivamente-a-tempada-estival-galega\/"},"modified":"2017-09-29T12:58:10","modified_gmt":"2017-09-29T11:58:10","slug":"a-mellora-de-pernoitas-a-estancia-media-e-a-rendibilidade-claves-para-avaliar-positivamente-a-tempada-estival-galega","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/a-mellora-de-pernoitas-a-estancia-media-e-a-rendibilidade-claves-para-avaliar-positivamente-a-tempada-estival-galega\/","title":{"rendered":"A mellora de pernoitas, a estancia media e a rendibilidade, claves para avaliar positivamente a tempada estival galega"},"content":{"rendered":"<h4>O Cl\u00faster Turismo de Galicia fai balance positivo do ver\u00e1n e convida o sector a seguir traballando en prol da ordenaci\u00f3n, a desestacionalizaci\u00f3n e regulaci\u00f3n dun turismo sustentable e de futuro<\/h4>\n<h4>Considera moi positiva a subida de prezos que permitan apostar por un turismo de calidade, baseado en servizos e instalaci\u00f3ns de excelencia que atraian novos segmentos de mercado<\/h4>\n<p style=\"text-align: justify;\">\nTrala publicaci\u00f3n dos datos relativos a chegada de turistas estranxeiros e a ocupaci\u00f3n nos establecementos extrahoteleros durante o mes de agosto, o <strong>Cl\u00faster Turismo de Galicia fai un balance moi positivo da tempada estival<\/strong>, entendida como os meses de xullo e agosto, ao confirmarse o incremento de pernoitas, a estancia media e a ocupaci\u00f3n media, o que repercutiu directamente na mellora da rendibilidade do conxunto do sector tur\u00edstico galego e \u00e1 progresiva recuperaci\u00f3n de prezos anteriores \u00e1 crise. Unha satisfacci\u00f3n que sit\u00faa ao sector no bo cami\u00f1o pero co obxectivo de seguir traballando para incrementar marxes de beneficio que permitan asumir unha aposta clara pola a profesionalizaci\u00f3n, a calidade e a renovaci\u00f3n da industria tur\u00edstica galega, imprescindible para conseguir un sector moderno e competitivo.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Segundo os datos recompilados a partir das estat\u00edsticas do INE, <strong>Galicia sit\u00faase este ver\u00e1n como unha das zonas de Espa\u00f1a que demostra maior dinamismo no sector tur\u00edstico<\/strong> durante os meses centrais do ver\u00e1n ao rexistrar <strong>algo m\u00e1is de 1,5 mill\u00f3ns de turistas e superar os 4 mill\u00f3ns de pernoitas<\/strong>, unha cifra nunca antes alcanzada e que sup\u00f3n un incremento de case 5% con respecto aos meses de xullo e agosto do 2016. Un crecemento importante se temos en conta que se produce no per\u00edodo de maior ocupaci\u00f3n, con cifras xa excepcionais o ano pasado, o que fai que a marxe de mellora sexa menor.<strong> No que vai de ano m\u00e1is de 3,5 mill\u00f3ns viaxeiros elixiron Galicia para os seus d\u00edas de descanso<\/strong>, o que sup\u00f3n tam\u00e9n unha cifra marca e v\u00e9n demostrar a capacidade de crecemento do noso territorio, que se consolida como o 4\u00ba destino favorito dos espa\u00f1ois en agosto, aglutinando o 7,7% do total de noites que se produciron en Espa\u00f1a o mes pasado.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Os turistas, ademais, quedaron m\u00e1is d\u00edas de media este ver\u00e1n, subindo a estancia media en torno ao 5% e situ\u00e1ndose en algo m\u00e1is de d\u00faas noite de media. Este incremento permitiu mellorar tam\u00e9n os niveis de ocupaci\u00f3n, que se situaron en torno ao 60% nos meses de xullo e agosto &#8211; 65% durante os fins de semana-, o que sup\u00f3n un incremento de 2,7 puntos tras cinco anos consecutivos \u00e1 alza. No caso dos apartamentos, o grao de ocupaci\u00f3n foi m\u00e1is elevado, alcanzado o 80% mentres que no turismo rural a ocupaci\u00f3n rolda o 48% con Pontevedra e A Coru\u00f1a situadas entre as 15 provincias con maior n\u00famero de pasas a noite neste tipo de establecementos durante o mes de agosto. Con todo atop\u00e1monos lonxe a\u00ednda do 77,5% de ocupaci\u00f3n de media en Espa\u00f1a, o que nos deixa unha marxe de mellora, especialmente en territorios f\u00f3ra dos puntos de maior afluencia tur\u00edstica.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Neste sentido desde o Cl\u00faster ap\u00fantase a necesidade de redobrar esforzos para incrementar a desestacionalizaci\u00f3n e mellorar a media de ocupaci\u00f3n ao longo do ano, que actualmente se sit\u00faa en torno ao 32%, creando novos produtos tur\u00edsticos, pondo en valor os existentes e convertendo os nosos recursos en produtos tur\u00edsticos. Pero, sobre todo, faise imprescindible a an\u00e1lise dos fluxos tur\u00edsticos e as capacidades de carga dalg\u00fans dos nosos principais puntos tur\u00edsticos. A pesar de que en Galicia a\u00ednda non se alcanzou as cifras de ocupaci\u00f3n no per\u00edodo estival de autonom\u00edas similares \u00e1 nosa como Asturias ou Cantabria, si hai destinos que mesmo superan o 77% da media espa\u00f1ola como Sanxenxo (90,6%) Santiago (87,3%), O Grove (84,4%), A Coru\u00f1a, Vigo, Lugo ou Ribadeo, que roldan o 80% de ocupaci\u00f3n durante o per\u00edodo estival, o que fai imprescindible p\u00f3r en marcha a creaci\u00f3n de novos produtos tur\u00edsticos que permita diversificar e amplificar estes fluxos.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>Mellora da rendibilidade e subida de prezos<\/strong><br \/>\nCun prezo medio de habitaci\u00f3n por noite de 62,4 euros en xullo e 68,7 euros en agosto, <strong>os hoteis galegos at\u00f3panse en proceso de recuperaci\u00f3n dos prezos precrisi<\/strong>s. O incremento de prezos de 5 puntos con respecto ao ano pasado traduciuse nunha mellora da rendibilidade de case 10 puntos e permitiu aos aloxamentos da comunidade aumentar a s\u00faa rendibilidade nun 25% desde 2008 ao pasar dos 37,6? que ga\u00f1aban por habitaci\u00f3n en agosto de 2008 aos 46,87 euros do mes pasado.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">As\u00ed, a facturaci\u00f3n media diaria dos hoteis por cada habitaci\u00f3n ocupada (ADR) no conxunto destes dous meses foi de 65,5 euros, o que sup\u00f3n un aumento do 6,0% respecto ao mesmo per\u00edodo de 2016, mentres que o ingreso medio diario por habitaci\u00f3n dispo\u00f1ible (RevPAR), que est\u00e1 condicionado pola ocupaci\u00f3n rexistrada nos establecementos hoteleiros, alcanzou os 40,75 euros, cun incremento do 6,4%. Estas cifras non sit\u00faan a\u00ednda lonxe da media nacional, de ao redor de 100 euros por habitaci\u00f3n ocupada e de 78 euros de ingreso medio por cada cuarto e deixan ao sector a\u00ednda cunha ampla marxe de mellora de rendibilidade xa que a nosa comunidade segue sendo a cuarta m\u00e1is econ\u00f3mica para aloxarse no ver\u00e1n en Espa\u00f1a, s\u00f3 superada por Arag\u00f3n, Castela e Le\u00f3n, Castela-A Mancha, Estremadura, A Rioxa e Melilla.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>Crecemento do turismo estranxeiro <\/strong><br \/>\nA recuperaci\u00f3n de prezos \u00e9, pois, clave para garantir un turismo de calidade, a trav\u00e9s da mellora dos servizos e instalaci\u00f3ns que atraian novos nichos de mercado e, neste sentido, o sector tur\u00edstico galego cifra as s\u00faas expectativas de crecemento e ocupaci\u00f3n ao longo do ano en dous aspectos fundamentais: a especializaci\u00f3n en novos segmentos de mercado e o incremento de viaxeiros estranxeiros, especialmente tanxible na contorna do Cami\u00f1o de Santiago. <strong>Nos meses centrais do ver\u00e1n visitaron Galicia m\u00e1is de 412 mil estranxeiros, o que sup\u00f3n unha subida do 17% respecto ao mesmo per\u00edodo do ano pasado.<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Con todo, o turismo nacional e interno seguen tendo un peso maioritario, en torno ao 75%, durante a tempada estival. Un turismo interno e nacional que ha ido recuperando peso e que sup\u00f3n 4,7 mill\u00f3ns de viaxes e m\u00e1is de 12 mill\u00f3ns de pasas a noite no que vai de ano, un per\u00edodo no que galegos e espa\u00f1ois gastaron un media de 57 euros por persoa, tres euros m\u00e1is que a media nacional.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>Xeraci\u00f3n de emprego<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A tempada estival trouxo consigo tam\u00e9n un incremento do emprego, fundamentalmente durante o mes de xullo. Desde 2014 <strong>o sector tur\u00edstico galego experimentou unha progresiva recuperaci\u00f3n da confianza e do emprego que se perdeu durante os anos da crise, o que se traduciu nun crecemento este ano de 3,5 puntos no n\u00famero de empregados durante a tempada estival<\/strong>, roldando o 87 mil afiliados na Seguridade Social en xullo e 84 mil no mes de agosto, correspondentes a l conxunto dos servizos de aloxamento, restauraci\u00f3n e servizos de axencias de viaxes, operadores tur\u00edsticos, etc. (CNAE 55. 56 e 79).<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A\u00ednda que \u00e9 certo que a temporalidade \u00e9 inherente a este tipo de contratos, a subida no n\u00famero de empregados vinculados \u00e1s diferentes ramas do sector foi constante nos \u00faltimos anos, alcanzando unha media de 108 mil traballadores, un 60% dos cales te\u00f1en un contrato indefinido. O peso que est\u00e1 a alcanzar o sector tur\u00edstico galego \u00e9 obvio, como motor econ\u00f3mico do pa\u00eds, pero lonxe a\u00ednda doutras comunidades aut\u00f3nomas. O peso das actividades tur\u00edsticas sobre o total das afiliaci\u00f3ns \u00e1 Seguridade Social en Galicia \u00e9 do 8,6%, moi lonxe do peso que sup\u00f3n noutros territorios, onde sup\u00f3n en torno ao 30 ou 40% do total de empregados.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>Traballo conxunto do sector<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Desde a s\u00faa constituci\u00f3n o Cl\u00faster Turismo de Galicia traballou man a man co sector e coas diferentes administraci\u00f3ns p\u00fablicas para xerar sinerx\u00edas que permitir\u00e1n ao sector modernizarse e facerse m\u00e1is competitivo. A creaci\u00f3n de novos produtos tur\u00edsticos especializados que aposten por p\u00f3r en valor recursos existentes (Enoturismo Galicia, Galicia Destino Familiar, Galicia Destino Activo&#8230;) as\u00ed como unha aposta decidida pola excelencia, coa consecuci\u00f3n de m\u00e1is dun centenar de novas certificaci\u00f3ns Q de Calidade e das 44 primeiras de Galicia Calidade Lecer, avalan unha traxectoria de tres anos na que non se deixou de lado nin a comercializaci\u00f3n nin a internacionalizaci\u00f3n da oferta tur\u00edstica, a trav\u00e9s da organizaci\u00f3n de workshop e misi\u00f3ns comerciais \u00e1s principais feiras profesionais do sector. A formaci\u00f3n, a modernizaci\u00f3n e a profesionalizaci\u00f3n do noso sector tam\u00e9n estivo moi presente nos obxectivos deste Cl\u00faster que traballa para a consecuci\u00f3n dun turismo galego sustentable e de futuro.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Un sector de futuro no que a\u00ednda queda moito traballo por facer para continuar na senda marcada de aposta pola profesionalizaci\u00f3n e a excelencia para a consecuci\u00f3n dun turismo diferenciado, sustentable, rendible, competitivo e con futuro a medio e longo prazo.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Cl\u00faster Turismo de Galicia fai balance positivo do ver\u00e1n e convida o sector a seguir traballando en prol da ordenaci\u00f3n, a desestacionalizaci\u00f3n e regulaci\u00f3n dun turismo sustentable e de futuro Considera moi positiva a subida de prezos que permitan apostar por un turismo de calidade, baseado en servizos e instalaci\u00f3ns de excelencia que atraian &#8230; <a title=\"A mellora de pernoitas, a estancia media e a rendibilidade, claves para avaliar positivamente a tempada estival galega\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/a-mellora-de-pernoitas-a-estancia-media-e-a-rendibilidade-claves-para-avaliar-positivamente-a-tempada-estival-galega\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre A mellora de pernoitas, a estancia media e a rendibilidade, claves para avaliar positivamente a tempada estival galega\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2540,3737],"tags":[],"class_list":["post-27055","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-cluster","category-cluster-2"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27055","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=27055"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27055\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=27055"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=27055"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=27055"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}