{"id":27091,"date":"2017-10-23T05:00:07","date_gmt":"2017-10-23T05:00:07","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/programa-especial-cheo-de-actividades-para-conmemorar-o-30-aniversario-do-camino-de-santiago-como-primeiro-itinerario-cultural-europeo\/"},"modified":"2017-10-23T05:00:07","modified_gmt":"2017-10-23T04:00:07","slug":"programa-especial-cheo-de-actividades-para-conmemorar-o-30-aniversario-do-camino-de-santiago-como-primeiro-itinerario-cultural-europeo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/programa-especial-cheo-de-actividades-para-conmemorar-o-30-aniversario-do-camino-de-santiago-como-primeiro-itinerario-cultural-europeo\/","title":{"rendered":"Programa especial cheo de actividades para conmemorar o 30 aniversario do Cami\u00f1o de Santiago como primeiro itinerario cultural europeo"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\">Compostela acoller\u00e1 ata o pr\u00f3ximo 18 de novembro un completo programa composto por unha serie de seminarios, congresos e actividades con motivo da celebraci\u00f3n do 30 aniversario da declaraci\u00f3n do <a href=\"http:\/\/www.caminodesantiago.gal\/gl\/inicio\" target=\"_blank\">Cami\u00f1o de Santiago<\/a> como Primeiro <a href=\"https:\/\/www.cultura.gal\/es\/itinerarios-culturales-europeos\" target=\"_blank\">Itinerario Cultural Europeo<\/a>. Un programa especial impulsado por <a href=\"http:\/\/turismo.gal\" target=\"_blank\">Turismo de Galici<\/a>a que arrinca o luns 23 de outubro con acto oficial e un concerto de Amancio Prada na Catedral de Santiago.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Desde ese mesmo luns d\u00eda 23 e ata o m\u00e9rcores 25, ter\u00e1 lugar o seminario Cami\u00f1o de Santiago e Europa, organizado pola C\u00e1tedra do Cami\u00f1o de Santiago e as peregrinaci\u00f3ns da Universidade de Santiago (USC), en colaboraci\u00f3n co Grupo Compostela de Universidades. Este encontro, con relatorio, mesas de debate e laboratorios pr\u00e1cticos desenvolverase no Paraninfo da USC e Museo das Peregrinaci\u00f3ns e de Santiago. Nel, catedr\u00e1ticos, profesores e especialistas de varios pa\u00edses profundar\u00e1n na realidade da ruta xacobea desde perspectivas variadas como a antropolox\u00eda, o patrimonio, a sustentabilidade, as pol\u00edticas p\u00fablicas, a arte, ou a historia, entre outras. Marcelino Orella, que no ano 1987 dirix\u00eda o Consello de Europa, ser\u00e1 o encargado de pronunciar a conferencia inaugural. Tam\u00e9n nese tres d\u00edas reunirase na capital galega o Comit\u00e9 T\u00e9cnico da Federaci\u00f3n Europea do Cami\u00f1o de Santiago e, na xornada do luns, far\u00e1 o propio o Comit\u00e9 Executivo do Consello Xacobeo, co fin de avanzar en diversas li\u00f1as de traballo entre as comunidades polas que discorre a ruta xacobea.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>Premios Cami\u00f1o de Santiago 2017<\/strong><br \/>\nUn d\u00eda despois, o martes 24, entregaranse os<a href=\"http:\/\/www.turismo.gal\/espazo-profesional\/actualidade\/detalle-nova?langId=es_ES&amp;content=nova_1385.html\" target=\"_blank\"> Premios Cami\u00f1o de Santiago 2017<\/a>, cos que se reco\u00f1ece o traballo neste campo de instituci\u00f3n p\u00fablicas, asociaci\u00f3ns, empresas, colexios, universidades e investigadores, profundando nos obxectivos do Consello de Europa.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O programa conmemorativo proseguir\u00e1 en novembro, con tres citas m\u00e1is. A primeira ser\u00e1 o d\u00eda 6, cun Encontro dos Itinerarios Culturais Europeos no Centro Superior de Hostalar\u00eda de Galicia (CSHG). Seguiralle, desde o xoves 9 ata o s\u00e1bado 11, o X Congreso Internacional de Estudos Xacobeos impulsado polo Comit\u00e9 Internacional de Expertos do Cami\u00f1o de Santiago e que nesta ocasi\u00f3n leva por t\u00edtulo Iacobus Patronus. Finalmente, porase o broche de ouro co International Seminar on Transnational Tourism Themes and Routes, organizado por Turismo de Galicia xunto \u00e1 European Travel Comission (ETC.) e a World Tourism Organisation (UNWTO).<br \/>\nNesta cita estar\u00e1n presentes os responsables de ambos os organismos, ademais de membros de instituci\u00f3ns tan relevantes como a Unesco, o Parlamento e a Comisi\u00f3n Europea, o Instituto Europeo de Rutas Culturais, a Asociaci\u00f3n Europea de Turismo (ETOA), Ibertur ou a Federaci\u00f3n Europea de Cidades Napole\u00f3nicas.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Con esta programaci\u00f3n, a Xunta de Galicia quere lembrar unha data crave na historia recente do fen\u00f3meno xacobeo, co impulso dos seus valores e a s\u00faa revitalizaci\u00f3n como espazo crave na configuraci\u00f3n da identidade europea \u00e1 vez que fai un repaso de todo o conseguido ata a data e senta as bases dos retos e as oportunidades nunha \u00e9poca na que os valores da ruta seguen estando vixentes e o Cami\u00f1o segue marcando marcas de afluencia, xa que acaba de superar os 280.000 peregrinos, a cifra m\u00e1is elevada da s\u00faa historia, dos que ata o 55% proceden de 177 nacionalidades diferentes.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Compostela acoller\u00e1 ata o pr\u00f3ximo 18 de novembro un completo programa composto por unha serie de seminarios, congresos e actividades con motivo da celebraci\u00f3n do 30 aniversario da declaraci\u00f3n do Cami\u00f1o de Santiago como Primeiro Itinerario Cultural Europeo. Un programa especial impulsado por Turismo de Galicia que arrinca o luns 23 de outubro con acto &#8230; <a title=\"Programa especial cheo de actividades para conmemorar o 30 aniversario do Cami\u00f1o de Santiago como primeiro itinerario cultural europeo\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/programa-especial-cheo-de-actividades-para-conmemorar-o-30-aniversario-do-camino-de-santiago-como-primeiro-itinerario-cultural-europeo\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre Programa especial cheo de actividades para conmemorar o 30 aniversario do Cami\u00f1o de Santiago como primeiro itinerario cultural europeo\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2547,3739],"tags":[],"class_list":["post-27091","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-xornadas","category-jornadas"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27091","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=27091"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27091\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=27091"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=27091"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=27091"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}