{"id":27142,"date":"2017-11-17T05:24:45","date_gmt":"2017-11-17T05:24:45","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/mais-dun-cento-de-actividades-converten-a-ourense-na-capital-do-turismo-deportivo\/"},"modified":"2017-11-17T05:24:45","modified_gmt":"2017-11-17T04:24:45","slug":"mais-dun-cento-de-actividades-converten-a-ourense-na-capital-do-turismo-deportivo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/mais-dun-cento-de-actividades-converten-a-ourense-na-capital-do-turismo-deportivo\/","title":{"rendered":"M\u00e1is dun cento de actividades converten a Ourense na capital do turismo deportivo"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\">Do 17 ao 19 de novembro Expourense acolle a primeira edici\u00f3n de <a href=\"http:\/\/www.sporturgalicia.com\/index.php\" target=\"_blank\">Sportur, Sal\u00f3n do Deporte e Turismo Activo<\/a>, unha iniciativa coa que se busca dar a co\u00f1ecer Galicia como destino activo e saudable e promocionar a multitude de opci\u00f3ns que esta comunidade ofrece para os afeccionados ao deporte e \u00e1s actividades ao aire libre animando ao mesmo tempo aos propios galegos a practicalas. De feito a celebraci\u00f3n deste sal\u00f3n coincide coa celebraci\u00f3n da multitudinaria Carreira Popular de San Marti\u00f1o, cuxos participantes recoller\u00e1n os seus dorsais no propio recinto feiral.<br \/>\nUn programa con m\u00e1is de 100 actividades converte a esta cita no escaparate das federaci\u00f3ns e clubs deportivos da comunidade a trav\u00e9s dos 121 expositores participantes, 32 dos cales corresponden a clubs e asociaci\u00f3ns de distintos deportes que aproveitar\u00e1n a s\u00faa presenza no sal\u00f3n para promocionarse organizando distintas exhibici\u00f3ns, adestramentos ou campionatos. Os expositores desta primeira edici\u00f3n proceden de toda a Comunidade Galega e tam\u00e9n de Portugal, destacando a importante presenza da Entidade de Turismo Porto e Norte que convocou nesta cita a boa parte das s\u00faas parceiros, 21 en total.<br \/>\nOrganizado por Expourense e coa colaboraci\u00f3n da Axencia de Turismo de Galicia e da Secretar\u00eda Xeral para o Deporte, <strong>Sportur Galicia<\/strong> aspira a converterse en punto de encontro para o sector onde te\u00f1en cabida desde concellos ou outras entidades que queren promocionar os seus recursos vinculados a este sector (rutas de sendeirismo ou acu\u00e1ticas, instalaci\u00f3ns deportivas, carreiras, andainas, etc.), ata empresas de equipamentos para o deporte e a aventura ou especializadas na venda de paquetes tur\u00edsticos que incl\u00faen actividades deste tipo. De feito ser\u00e1 tam\u00e9n un centro de negocios onde destaca a organizaci\u00f3n do 1\u00ba Workshop de Turismo Activo de Galicia no que participar\u00e1n almacenistas de viaxes especializadas neste sector procedentes de distintos puntos de Espa\u00f1a e que contar\u00e1n cun completo programa que os levar\u00e1 a manter reuni\u00f3n B2B cos representantes de destinos de turismo activo presentes no sal\u00f3n, as\u00ed como a participar nas presentaci\u00f3ns de destino que realicen os expositores.<br \/>\nEste programa incl\u00fae a celebraci\u00f3n do 1\u00ba Seminario sobre Deporte e Turismo Activo de Galicia con conferencias e presentaci\u00f3ns como a de &#8220;Termalismo Deportivo. Planificaci\u00f3n de Eventos para Impulsar el Turismo Deportivo&#8221; que impartir\u00e1 o INORDE ou a de &#8220;Xeraci\u00f3n de Impacto Econ\u00f3mico e Tur\u00edstico a trav\u00e9s do Deporte&#8221; da Universidade de Vigo. Pola s\u00faa banda, a Fundaci\u00f3n Deporte Galego presentar\u00e1 a &#8220;Galicia Activa como ferramenta para o fomento da Actividade F\u00edsica Saudable e como Referencia de Recursos en Galicia&#8221;. Este seminario incl\u00fae ademais unha mesa redonda sobre as oportunidades que ofrece o Turismo Activo e Deportivo na que participar\u00e1n axentes especializados, consultores e a <a href=\"http:\/\/www.agetan.net\/\" target=\"_blank\">Asociaci\u00f3n Galega de Empresas de Turismo e Natureza (AGETAN).<\/a><br \/>\n<strong>Con vocaci\u00f3n internacional e de continuidade<\/strong><br \/>\nSportur Galicia foi presentada nun acto que contou coa participaci\u00f3n da secretaria xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Marta M\u00edguez: da directora xeral de Turismo, Nava Castro; do alcalde de Ourense, Jes\u00fas V\u00e1zquez; do vicepresidente da Deputaci\u00f3n Provincial de Ourense, Rosendo Fern\u00e1ndez; e do director xerente de Expourense, Alejandro Rub\u00edn. Todos eles indicaron que esta cita naceu con vocaci\u00f3n de continuidade e de converterse en feira internacional xa que \u00e9 unha cita que combina o binomio deporte + turismo e que permitir\u00e1 a desestacionalizaci\u00f3n do turismo achegando visitantes de proximidade a trav\u00e9s do deporte.<br \/>\nA entrada a Sportur Galicia \u00e9 gratu\u00edta. As novidades de Sportur poden seguirse a trav\u00e9s da s\u00faa web <a href=\"http:\/\/www.sporturgalicia.com\" target=\"_blank\">www.sporturgalicia.com<\/a> e dos seus perf\u00eds en Facebook e Twitter.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Do 17 ao 19 de novembro Expourense acolle a primeira edici\u00f3n de Sportur, Sal\u00f3n do Deporte e Turismo Activo, unha iniciativa coa que se busca dar a co\u00f1ecer Galicia como destino activo e saudable e promocionar a multitude de opci\u00f3ns que esta comunidade ofrece para os afeccionados ao deporte e \u00e1s actividades ao aire libre &#8230; <a title=\"M\u00e1is dun cento de actividades converten a Ourense na capital do turismo deportivo\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/mais-dun-cento-de-actividades-converten-a-ourense-na-capital-do-turismo-deportivo\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre M\u00e1is dun cento de actividades converten a Ourense na capital do turismo deportivo\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[],"tags":[],"class_list":["post-27142","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27142","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=27142"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27142\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=27142"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=27142"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=27142"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}