{"id":27246,"date":"2018-01-10T05:27:18","date_gmt":"2018-01-10T05:27:18","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/convocatoria-de-axudas-do-ministerio-de-enerxia-turismo-e-axenda-dixital-para-a-implantacion-da-banda-ancha-no-rural\/"},"modified":"2018-01-10T05:27:18","modified_gmt":"2018-01-10T04:27:18","slug":"convocatoria-de-axudas-do-ministerio-de-enerxia-turismo-e-axenda-dixital-para-a-implantacion-da-banda-ancha-no-rural","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/convocatoria-de-axudas-do-ministerio-de-enerxia-turismo-e-axenda-dixital-para-a-implantacion-da-banda-ancha-no-rural\/","title":{"rendered":"Convocatoria de axudas do Ministerio de Enerx\u00eda, Turismo e Axenda Dixital para a implantaci\u00f3n da banda ancha no rural"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\">Coas axudas aprobadas este ano polo Goberno, os operadores de telecomunicaci\u00f3ns levar\u00e1n a fibra a m\u00e1is de 1,15 mill\u00f3ns de fogares e locais comerciais de m\u00e1is de 2.300 entidades singulares de poboaci\u00f3n de zonas non rendibles, o que sup\u00f3n beneficiar a algo m\u00e1is de dous mill\u00f3ns de habitantes, fundamentalmente pernecientes a \u00e1reas rurais, o que pode beneficiar directamente \u00e1s empresas de turismo rural.<br \/>\nAs citadas axudas est\u00e1n recollidas na convocatoria 2017 do <a href=\"http:\/\/www.minetad.gob.es\/PortalAyudas\/banda-ancha\/Paginas\/Index.aspx\" target=\"_blank\">Programa de Extensi\u00f3n da Banda Ancha de nova xeraci\u00f3n (PEBA-NGA)<\/a> do <a href=\"http:\/\/www.minetad.gob.es\/es-ES\/Paginas\/index.aspx\" target=\"_blank\">Ministerio de Enerx\u00eda, Turismo e Axenda Dixital<\/a>, cuxo obxectivo \u00e9 garantir altas conectividades en banda ancha fixa a zonas sen cobertura actual nin prevista, xa sexa porque son municipios pequenos ou porque as rendas ou as perspectivas de adopci\u00f3n son menores \u00e1s que levar\u00e1 unha cobertura de banda ancha ultrarr\u00e1pida de polo menos 100 Megabits por segundo (Mbps), maioritariamente con proxectos de fibra.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Na convocatoria de 2017, o programa comprende axudas por case 105 mill\u00f3ns de euros (25 na modalidade de subvenci\u00f3n e 80 na de anticipo FEDER), o que sup\u00f3n un notable incremento respecto de 2016. As axudas cobren entre o 40 e o 80 % do custo dos proxectos, polo que se se engade o que achegan os propios operadores, os 138 proxectos aprobados xerar\u00e1n un investimento inducido de 169,5 mill\u00f3ns.<br \/>\nAs comunidades onde m\u00e1is investimento se mobilizar\u00e1 son Andaluc\u00eda (33,9 mill\u00f3ns) e, en segundo lugar, <a href=\"http:\/\/www.minetad.gob.es\/PortalAyudas\/banda-ancha\/Descripcion\/Paginas\/zonas-actuacion.aspx\" target=\"_blank\">Galicia<\/a>, con 15,2 mill\u00f3ns de euros, xa que a\u00ednda que a Comunidade Valenciana ten unha maior dotaci\u00f3n (25,2 mill\u00f3ns) a intensidade m\u00e1xima da axuda nesta comunidade \u00e9 da 80% fronte ao 55% da Comunidade Valenciana. As diferenzas na intensidade da axuda responden a varios factores, como as condici\u00f3ns orogr\u00e1ficas, o tama\u00f1o das localidades, o tipo de proxecto ou os recursos de que se dispo\u00f1en.<br \/>\n<strong>Oportunidade para o turismo rural<\/strong><br \/>\nA mellora da conectividade nestes puntos pode unha gran oportunidade para desenvolver con m\u00e1is forza o turismo de interior. E \u00e9 que&#8221;o problema da conectividade no mundo rural \u00e9 o principal h\u00e1ndicap que administraci\u00f3n e empresas sinalan, e que se converte nunha aut\u00e9ntica barreira de acceso nun momento en que a necesidade de estar conectado forma parte das demandas de consumo fundamentais de moitos viaxeiros&#8221;, segundo recolle uns recentes estudos sobre o turismo rural.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Coas axudas aprobadas este ano polo Goberno, os operadores de telecomunicaci\u00f3ns levar\u00e1n a fibra a m\u00e1is de 1,15 mill\u00f3ns de fogares e locais comerciais de m\u00e1is de 2.300 entidades singulares de poboaci\u00f3n de zonas non rendibles, o que sup\u00f3n beneficiar a algo m\u00e1is de dous mill\u00f3ns de habitantes, fundamentalmente pernecientes a \u00e1reas rurais, o que &#8230; <a title=\"Convocatoria de axudas do Ministerio de Enerx\u00eda, Turismo e Axenda Dixital para a implantaci\u00f3n da banda ancha no rural\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/convocatoria-de-axudas-do-ministerio-de-enerxia-turismo-e-axenda-dixital-para-a-implantacion-da-banda-ancha-no-rural\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre Convocatoria de axudas do Ministerio de Enerx\u00eda, Turismo e Axenda Dixital para a implantaci\u00f3n da banda ancha no rural\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[],"tags":[],"class_list":["post-27246","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27246","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=27246"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27246\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=27246"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=27246"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=27246"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}