{"id":27258,"date":"2018-01-15T06:12:35","date_gmt":"2018-01-15T06:12:35","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/a-xunta-avanza-que-galicia-superara-a-cifra-dos-5-millons-de-viaxeiros-en-2017\/"},"modified":"2018-01-15T06:12:35","modified_gmt":"2018-01-15T05:12:35","slug":"a-xunta-avanza-que-galicia-superara-a-cifra-dos-5-millons-de-viaxeiros-en-2017","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/a-xunta-avanza-que-galicia-superara-a-cifra-dos-5-millons-de-viaxeiros-en-2017\/","title":{"rendered":"A Xunta avanza que Galicia superar\u00e1 a cifra dos 5 mill\u00f3ns de viaxeiros en 2017"},"content":{"rendered":"<h4 style=\"text-align: justify;\">N\u00fa\u00f1ez Feij\u00f3o adiantou este balance no Consello da Xunta no que anunciou a posta en marcha da comisi\u00f3n organizadora do Xacobeo 2021<\/h4>\n<p style=\"text-align: justify;\">O presidente da Xunta de Galicia, Alberto N\u00fa\u00f1ez Feij\u00f3o, adiantou un primeiro balance tur\u00edstico do 2017 tras o Consello Executivo no que anunciou a posta en marcha da comisi\u00f3n que se encargar\u00e1 da organizaci\u00f3n do Xacobeo 2021. Segundo apuntou o presidente do Executivo auton\u00f3mico, atendendo aos datos do acumulado de xaneiro-novembro de 2017 e tendo en conta a previsi\u00f3n de crecemento sostido que se veu experimentando ata agora, de en torno ao 3%, Galicia superar\u00eda os 5 mill\u00f3ns de visitantes en 2017, unha cifra nunca antes alcadada.<br \/>\nPero m\u00e1is al\u00f3 desta cifra, Feij\u00f3o destacou que o crecemento do sector tur\u00edstico experimentouse noutros aspectos, como o n\u00famero de pasas a noite, que previsiblemente superar\u00e1n os 10,6 mill\u00f3ns, a estancia media, que se incrementa ao redor de dous puntos, a ocupaci\u00f3n, que crece m\u00e1is de 7 puntos e a rendibilidade do sector hoteleiro, que sobe ao redor do dez puntos.<br \/>\nSon cifras que consolidan a li\u00f1a ascendente que o turismo v\u00e9n experimentando no \u00faltimos cinco anos e que permitiu incrementar a ocupaci\u00f3n especialmente o sector hoteleiro, dos apartamentos tur\u00edstico e do turismo rural. Entre os datos positivos, Feij\u00f3o destacou, do mesmo xeito que o sector tur\u00edstico no seu conxunto, a importancia de conseguir crecer en tempada media e baixa, trabjanado para consolidar a Galicia como destino atractivo f\u00f3ra de tempada alta.<br \/>\nAdemais, mellor\u00e1ronse resultados no turismo estranxeiro, que seguiu crecendo nos \u00faltimos anos ata supor case o 30% do total de viaxeiros que recibe Galicia.<br \/>\nFeij\u00f3o lembrou, ademais que o Cami\u00f1o de Santiago experimentou en todo 2017 un crecemento dun 8,3% en relaci\u00f3n ao 2016, superando, por vez primeira vez, os 300.000 peregrinos. O n\u00famero de cruceristas que chegaron a Galicia roldou os 340.000, o que sup\u00f3n un incremento de m\u00e1is do 12% en relaci\u00f3n ao mesmo per\u00edodo de 2016; e c\u00f3mputo global de pasaxeiros nos aeroportos incrementouse un 6,8% ata o mes de novembro, rexistrando preto de 4,5 mill\u00f3ns no conxunto da comunidade, cun crecemento xeneralizado no tres aeroportos.<br \/>\nEn relaci\u00f3n ao turismo nacional, a Comunidade galega \u00e9 a oitava en canto a n\u00famero de viaxeiros e de pernoitas, situ\u00e1ndose \u00e1 cabeza das autonom\u00edas da cornixa cant\u00e1brica, agrupadas baixo a marca Espa\u00f1a Verde, por diante de Asturias, Cantabria e do Pa\u00eds Vasco.<br \/>\nFeij\u00f3o conclu\u00edu facendo fincap\u00e9 en que as cifras demostran a progresiva consecuci\u00f3n dos obxectivos da Estratexia do turismo 2020, &#8220;porque estamos no cami\u00f1o de que se siga incrementando a afluencia tur\u00edstica, de que os turistas ve\u00f1an durante todo o ano, de ter cada vez m\u00e1is demanda internacional e de que queden m\u00e1is tempo e gasten m\u00e1is&#8221;.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>N\u00fa\u00f1ez Feij\u00f3o adiantou este balance no Consello da Xunta no que anunciou a posta en marcha da comisi\u00f3n organizadora do Xacobeo 2021 O presidente da Xunta de Galicia, Alberto N\u00fa\u00f1ez Feij\u00f3o, adiantou un primeiro balance tur\u00edstico do 2017 tras o Consello Executivo no que anunciou a posta en marcha da comisi\u00f3n que se encargar\u00e1 da &#8230; <a title=\"A Xunta avanza que Galicia superar\u00e1 a cifra dos 5 mill\u00f3ns de viaxeiros en 2017\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/a-xunta-avanza-que-galicia-superara-a-cifra-dos-5-millons-de-viaxeiros-en-2017\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre A Xunta avanza que Galicia superar\u00e1 a cifra dos 5 mill\u00f3ns de viaxeiros en 2017\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[],"tags":[],"class_list":["post-27258","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27258","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=27258"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27258\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=27258"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=27258"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=27258"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}