{"id":27293,"date":"2018-01-21T13:22:19","date_gmt":"2018-01-21T13:22:19","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/un-camino-de-santiago-mais-inclusivo-presentase-en-fitur-como-embaixador-do-destino-galicia\/"},"modified":"2018-01-21T13:22:19","modified_gmt":"2018-01-21T12:22:19","slug":"un-camino-de-santiago-mais-inclusivo-presentase-en-fitur-como-embaixador-do-destino-galicia","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/un-camino-de-santiago-mais-inclusivo-presentase-en-fitur-como-embaixador-do-destino-galicia\/","title":{"rendered":"Un Cami\u00f1o de Santiago m\u00e1is inclusivo pres\u00e9ntase en Fitur como embaixador do destino Galicia"},"content":{"rendered":"<h4 style=\"text-align: justify;\">As asociaci\u00f3ns de hostalar\u00eda e restauraci\u00f3n de Lugo, A Coru\u00f1a e Santiago \u00fanense ao proxecto Peregrinos polo Norte, de hotel en hotel<\/h4>\n<p style=\"text-align: justify;\">No ano en que se celebra o 25\u00ba aniversario da declaraci\u00f3n do Cami\u00f1o de Santiago como Patrimonio da Humanidade, a Ruta Xacobea ti\u00f1a que ter tam\u00e9n presencia en Fitur, na que se presentaron os novos produtos que permiten vivir o Cami\u00f1o de Santiago a peregrinos en cadeira de rodas. Baixo o nome Descobre o teu propio Cami\u00f1o, Turismo de Galicia e Xacobeo presentaron paquetes tur\u00edsticos concibidos para facilitar a peregrinaci\u00f3n a trav\u00e9s do emprego de handbikes el\u00e9ctricas e h\u00edbridas que se poden contratar en diferentes etapas do Cami\u00f1o Franc\u00e9s entre Galicia e Le\u00f3n. Esta iniciativa \u00e9 resultado do proxecto europeo Saber Universal no que participa a Xunta e que se desenvolve no principal itinerario xacobeo e no cami\u00f1o de San Benedicto de Italia. En total, habilit\u00e1ronse cinco paquetes para persoas con discapacidade visual, mobilidade reducida e p\u00fablico senior.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">?Na Xunta de Galicia queremos que o Cami\u00f1o de Santiago sexa unha experiencia inclusiva. Por iso aprobamos o pasado ano o Plan de accesibilidade tur\u00edstica e do Cami\u00f1o , declarou Nava Castro. Nesta li\u00f1a, subli\u00f1ou que os aseos e dormitorios da rede p\u00fablica de albergues do Xacobeo foron adaptados. Ademais, entre eles, destacan especialmente os casos de Melide e Ribadiso (Arz\u00faa), nos que se finalizaron proxectos de accesibilidade universal.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Na presentaci\u00f3n tam\u00e9n participaron Rafael S\u00e1nchez, xerente do Xacobeo; Emilio L\u00f3pez, director do Centro Nacional de Informaci\u00f3n Xeogr\u00e1fica (IGN), e Juan Serrano, presidente da Mancomunidade de Concellos Galegos do Cami\u00f1o Franc\u00e9s. L\u00f3pez presentou o Mapa dos Cami\u00f1os de Santiago en Europa, realizado en colaboraci\u00f3n coa Federaci\u00f3n de Asociaci\u00f3ns de Amigos do Cami\u00f1o, representada neste acto polo seu presidente, Lu\u00eds Guti\u00e9rrez. Este mapa permite visualizar m\u00e1is de 80.000 quil\u00f3metros marcados como ruta xacobea en 28 pa\u00edses europeos. Pola s\u00faa banda, Juan Serrano expuxo O Cami\u00f1o dos sentidos, no que se re\u00fane a oferta gastron\u00f3mica dos municipios que integran este itinerario xacobeo.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Precisamente as presentaci\u00f3ns te\u00f1en como contexto o 25 aniversario da declaraci\u00f3n do Cami\u00f1o Franc\u00e9s como Patrimonio Mundial, o primeiro do tres itinerarios xacobeos que recibiron este reco\u00f1ecemento da Unesco. Foi en 1993, distinci\u00f3n \u00e1 que seguir\u00eda en 2015 a do Cami\u00f1o Primitivo e o Cami\u00f1o do Norte. A celebraci\u00f3n deste cuarto de s\u00e9culo coincide que o Ano Europeo do Patrimonio Cultural, unha cita que Galicia aproveitar\u00e1 para impulsar a\u00ednda m\u00e1is o turismo cultural e o uso tur\u00edstico sustentables dos seus numerosos recursos.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Ademais, en colaboraci\u00f3n coas rexi\u00f3ns que forman a Macrorregi\u00f3n de Rexi\u00f3ns do Suroeste Europeo RESOE (Galicia, Asturias, Castela e Le\u00f3n, Cantabria e Norte e Centro de Portugal), a Xunta de Galicia traballa nun novo produto que te\u00f1a como f\u00edo condutor o Cami\u00f1o e os numerosos Patrimonios Mundiais existentes neste amplo territorio de Espa\u00f1a e Portugal.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>Irmandamento co Kumano Kodo<\/strong><br \/>\nFitur tam\u00e9n foi o escenario para que o Cami\u00f1o de Santiago e o cami\u00f1o de Kumano Kodo de Xap\u00f3n engadisen un novo cap\u00edtulo \u00e1 s\u00faa historia de colaboraci\u00f3n coa apertura en Fitur da conmemoraci\u00f3n dos seus 20 anos de amizade. Ambas as rutas de peregrinaci\u00f3n, d\u00faas das m\u00e1is importantes do mundo e protexidas pola Unesco, se hermanaron en 1998, comezando unha intensa relaci\u00f3n que contribu\u00edu a incrementar os lazos entre o pa\u00eds xapon\u00e9s e Galicia.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Os directores de Turismo de Galicia e da prefectura de Wakayama, Nava Castro e Nobuko Goto, reun\u00edronse no expositor da Comunidade galega para resaltar os valores com\u00fans que ambos os cami\u00f1os de peregrinaci\u00f3n comparten a pesar de xurdir en territorios a miles de quil\u00f3metros de distancia e cunha ra\u00edz relixiosa diferente. ?O Cami\u00f1o de Santiago e o Kumano Kodo forma parte de culturas en aparencia moi diferentes, pero o substrato que comparten avivouse ao longo destas d\u00faas d\u00e9cadas desde a s\u00faa declaraci\u00f3n de amizade?, afirmou a titular de Turismo do Goberno galego.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>Peregrinos polo Norte<\/strong><br \/>\nE precisamente froito tam\u00e9n da cooperaci\u00f3n xurdiu o preoyecto <a href=\"https:\/\/www.peregrinosporelnorte.com\/\" target=\"_blank\">Peregrinos polo Norte, de hotel en Hotel<\/a>, unha iniciativa de car\u00e1cter privado da que forman parte a Asociaci\u00f3n Hostalar\u00eda Compostela, a de Coru\u00f1a e a Asociaci\u00f3n de Empresarios de Hostalar\u00eda de Lugo co obxectivo de ofrecer unha selecci\u00f3n de hoteis especializados en peregrinos que est\u00e1n a realizar o Cami\u00f1o de Santiago<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A presentaci\u00f3n do proxecto tivo lugar na caseta de Asturias, baixo o impulso de Otea, a Asociaci\u00f3n de Hostalar\u00eda e Turismo de Asturias,onde se asinou a incorporaci\u00f3n\u00a0das provincias de Biscaia e Guip\u00fazcoa, do Pa\u00eds Vasco; e de Lugo, A Coru\u00f1a e Santiago de Compostela, por parte de Galicia, e a renovaci\u00f3n de Cantabria, a trav\u00e9s das s\u00faas respectivas\u00a0asociaci\u00f3ns de hostalar\u00eda, hoteler\u00eda e turismo. O proxecto busca que cada peregrino te\u00f1a unha\u00a0referencia de establecementos de aloxamentos que te\u00f1en un servizo diferenciado e adaptado\u00a0\u00e1s s\u00faas necesidades.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>As asociaci\u00f3ns de hostalar\u00eda e restauraci\u00f3n de Lugo, A Coru\u00f1a e Santiago \u00fanense ao proxecto Peregrinos polo Norte, de hotel en hotel No ano en que se celebra o 25\u00ba aniversario da declaraci\u00f3n do Cami\u00f1o de Santiago como Patrimonio da Humanidade, a Ruta Xacobea ti\u00f1a que ter tam\u00e9n presencia en Fitur, na que se presentaron &#8230; <a title=\"Un Cami\u00f1o de Santiago m\u00e1is inclusivo pres\u00e9ntase en Fitur como embaixador do destino Galicia\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/un-camino-de-santiago-mais-inclusivo-presentase-en-fitur-como-embaixador-do-destino-galicia\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre Un Cami\u00f1o de Santiago m\u00e1is inclusivo pres\u00e9ntase en Fitur como embaixador do destino Galicia\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[],"tags":[],"class_list":["post-27293","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27293","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=27293"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27293\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=27293"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=27293"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=27293"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}