{"id":27338,"date":"2018-02-06T12:03:30","date_gmt":"2018-02-06T12:03:30","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/xantar-2018-pecha-a-sua-19a-edicion-con-24-000-visitas-como-a-unica-feira-internacional-especializada-en-turismo-gastronomomico-de-espana\/"},"modified":"2018-02-06T12:03:30","modified_gmt":"2018-02-06T11:03:30","slug":"xantar-2018-pecha-a-sua-19a-edicion-con-24-000-visitas-como-a-unica-feira-internacional-especializada-en-turismo-gastronomomico-de-espana","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/xantar-2018-pecha-a-sua-19a-edicion-con-24-000-visitas-como-a-unica-feira-internacional-especializada-en-turismo-gastronomomico-de-espana\/","title":{"rendered":"Xantar 2018 pecha a s\u00faa 19\u00aa edici\u00f3n con 24.000 visitas como a \u00fanica feira internacional  especializada en turismo gastronom\u00f3mico de Espa\u00f1a"},"content":{"rendered":"<h4 style=\"text-align: justify;\">As 200 experiencias que ofrec\u00eda o sal\u00f3n foron seguidas por m\u00e1is de 7.000 asistentes<\/h4>\n<p style=\"text-align: justify;\">Xantar pechou portas con m\u00e1is de 24 mil visitantes, cifras que o sit\u00faan como un gran punto de encontro internacional para o turismo e a gastronom\u00eda. Con 273 expositores, 15 restaurantes e 20 men\u00fas e ofrecendo m\u00e1is de 200 experiencias para &#8220;vivir Xantar&#8221;, a \u00fanica feira internacional especializada en turismo gastron\u00f3mico de Espa\u00f1a concl\u00fae despois de cinco xornadas de intensa actividade que estiveron dirixidas a estreitar as relaci\u00f3ns de cooperaci\u00f3n transfronteiriza entre Galicia e Portugal, e iberoamericana a trav\u00e9s da participaci\u00f3n activa de Panam\u00e1 e da presenza de profesionais e chefs de Costa Rica, M\u00e9xico e Estados Unidos. Portugal, pa\u00eds invitado, foi o gran protagonista desta cita na que demostrou por que foi elixido como o Mellor destino tur\u00edstico do Mundo nos World Travel Awards.\u00a0Xantar 2018 volveu a contar coa fidelidade dos profesionais do sector e tam\u00e9n do p\u00fablico xeral procedente tanto de Galicia como de Portugal e de provincias lim\u00edtrofes, o que cumpre o obxectivo do sal\u00f3n de fomentar o turismo de proximidade a trav\u00e9s da gastronom\u00eda.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A clausura\u00a0desta 19\u00aa edici\u00f3n correu a cargo da conselleira de Medio Rural, Anxos V\u00e1zquez, que estivo acompa\u00f1ada pola directora da Axencia Galega de Turismo, Nava Castro, e o alcalde de Ourense, Jes\u00fas V\u00e1zquez. A conselleira indicou que &#8220;Xantar \u00e9 unha oportunidade magn\u00edfica para dar a co\u00f1ecer os produtos galegos, xa que aqu\u00ed est\u00e1 representada toda a cadea de produci\u00f3n, desde o produtor ata o hostaleiro e coci\u00f1eiro pasando pola industria alimentaria&#8221;. Indicou ademais que se trata de &#8220;un referente internacional e un exemplo de cooperaci\u00f3n transfronteiriza e iberoamericana&#8221;. Pola s\u00faa banda, Nava Castro explicou que &#8220;a gastronom\u00eda \u00e9 xa un reclamo tur\u00edstico en se mesmo pero tam\u00e9n un complemento perfecto para outros recursos tur\u00edsticos&#8221; e indicou que a Xunta aprobar\u00e1 en breve o seu Plan de Enogastronom\u00eda.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O programa de actividades de Xantar 2018 presentou m\u00e1is de 200 experiencias gastron\u00f3micas repartidas en tres aulas gastron\u00f3micas e unha de cata, cunha media de catro actividades por hora de duraci\u00f3n do sal\u00f3n, que foron seguidas por m\u00e1is de 7.000 participantes, no seu maior parte profesionais do sector. Este programa inclu\u00edu exhibici\u00f3ns de coci\u00f1a en directo na que participaron reco\u00f1ecidos chefs de Galicia, Portugal, Panam\u00e1, Costa Rica, M\u00e9xico e Estados Unidos e nas que se puxeron en valor os produtos aut\u00f3ctonos e de calidade. Outra das actividades que espertaron o interese dos profesionais foron as m\u00e1is de 25 catas comentadas de produtos como o vi\u00f1o, licores, queixos, mel, ron ou caf\u00e9. Hai que engadir as m\u00e1is de 50 degustaci\u00f3ns ofrecidas polos expositores como as da raia con queixo e vi\u00f1o de Amandi de Sober ou o Botelo do Barco de Valdeorras, por citar algunhas das organizadas para esta xornada de clausura.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>As 200 experiencias que ofrec\u00eda o sal\u00f3n foron seguidas por m\u00e1is de 7.000 asistentes Xantar pechou portas con m\u00e1is de 24 mil visitantes, cifras que o sit\u00faan como un gran punto de encontro internacional para o turismo e a gastronom\u00eda. Con 273 expositores, 15 restaurantes e 20 men\u00fas e ofrecendo m\u00e1is de 200 experiencias para &#8230; <a title=\"Xantar 2018 pecha a s\u00faa 19\u00aa edici\u00f3n con 24.000 visitas como a \u00fanica feira internacional  especializada en turismo gastronom\u00f3mico de Espa\u00f1a\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/xantar-2018-pecha-a-sua-19a-edicion-con-24-000-visitas-como-a-unica-feira-internacional-especializada-en-turismo-gastronomomico-de-espana\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre Xantar 2018 pecha a s\u00faa 19\u00aa edici\u00f3n con 24.000 visitas como a \u00fanica feira internacional  especializada en turismo gastronom\u00f3mico de Espa\u00f1a\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[],"tags":[],"class_list":["post-27338","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27338","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=27338"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27338\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=27338"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=27338"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=27338"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}