{"id":27409,"date":"2018-03-07T17:52:18","date_gmt":"2018-03-07T17:52:18","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/unha-vintena-de-empresarios-galegos-participan-ata-o-venres-na-cuarta-mision-comercial-a-itb-berlin\/"},"modified":"2018-03-07T17:52:18","modified_gmt":"2018-03-07T16:52:18","slug":"unha-vintena-de-empresarios-galegos-participan-ata-o-venres-na-cuarta-mision-comercial-a-itb-berlin","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/unha-vintena-de-empresarios-galegos-participan-ata-o-venres-na-cuarta-mision-comercial-a-itb-berlin\/","title":{"rendered":"Unha vintena de empresarios galegos participan ata o venres na cuarta misi\u00f3n comercial \u00e1 ITB Berlin"},"content":{"rendered":"<h4>A delegaci\u00f3n promovida polo Cl\u00faster Turismo de Galicia en colaboraci\u00f3n coa Axencia de Turismo de Galicia despr\u00e1zase a unha das feiras profesionais m\u00e1is importantes para o sector tur\u00edstico<\/h4>\n<p style=\"text-align: justify;\">Hoteis e cadeas hoteleiras, axencias de viaxes, gu\u00edas tur\u00edsticos e entidades danse cita desde hoxe e ata o vindeiro venres na cuarta misi\u00f3n comercial promovida polo Cl\u00faster Turismo de Galicia \u00e1 Feira Internacional de Turismo de Berl\u00edn ITB Berlin, que acolle a capital alem\u00e1 desde hoxe e ata o vindeiro domingo, 11 de marzo na que segue sendo a gran feira profesional para o sector tur\u00edstico. Nesta 52\u00aa edici\u00f3n, a misi\u00f3n comercial galega volve viaxar da man da Axencia de Turismo de Galicia co obxectivo de xestionar un espazo de traballo para os seus asociados no espazo co que conta Galicia dentro da caseta de Turespa\u00f1a. Al\u00ed se desarroll\u00e1n ao longo deste tres pr\u00f3ximos d\u00edas m\u00e1is de medio centenar de reuni\u00f3ns agendadas con tourperadores do mercado alem\u00e1n.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A estas reuni\u00f3ns, xestionadas ao longo das pasadas semanas, sumaranse as planificadas por cada unha das empresas que participan na misi\u00f3n, que ter\u00e1n oportunidade de manter encontros entre os m\u00e1is de 100 mil profesionais procedentes de 186 pa\u00edses qu danse cita nesta feira internacional, unha cita imprescindible para a internacionalizaci\u00f3n da oferta tur\u00edstica galega que nesta edici\u00f3n estar\u00e1 centrada nas tendencias innovadoras e de gran alcance na industria do turismo como o sobreturismo, as formas revolucionarias de transporte para viaxes de negocios e privados, as\u00ed como os retos que exp\u00f3n a intelixencia artificial e as s\u00faas perspectivas de futuro no sector do turismo.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O mercado alem\u00e1s, o segundo con m\u00e1is peso despois do portugu\u00e9s<br \/>\nCabe lembrar que o alem\u00e1n \u00e9 o segundo mercado emisor m\u00e1is importe para Galicia en canto a n\u00famero de turistas que recibe a nosa comunidade, despois de Portugal. En 2017 rexistr\u00e1ronse ao redor das 250.000 pasas a noite procedentes deste pa\u00eds, unha cifra que sup\u00f3n o 2.4% do conxunto de p\u00e1salas a noite de turistas estranxeiros durante o ano pasado, que volveu incrementarse o ano pasado alcanzando un 23% do peso total da demanda regulada. Ademais, o mercado alem\u00e1n segue sendo un dos principais emisores de peregrinos do Cami\u00f1o de Santiago. \u00e7<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Se a estes datos engad\u00edmoslle que o 77% da poboaci\u00f3n alem\u00e1 realizou m\u00ednimo unha viaxe de 5 d\u00edas no ano e que, ademais, 33 mill\u00f3ns de alem\u00e1ns realizaron 30.5 mill\u00f3ns de viaxes curtas, \u00e9 dicir, de d\u00faas a catro d\u00edas de duraci\u00f3n (FUR 2017), todo eles ind\u00edcanos que o mercado xermano &#8220;\u00e9 un mercado de gran interese para a nosa oferta, xa que buscamos desestacionalizaci\u00f3n e internacionalizaci\u00f3n, debemos seguir crecendo en ocupaci\u00f3n especialmente en tempada media e baixa, o que nos permitir\u00e1 mellorar competitividade e rendibilidade&#8221;, explica o presidente do Cl\u00faster Turismo de Galicia, Francisco Gonz\u00e1lez, que viaxa tam\u00e9n na misi\u00f3n comercial.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">&#8220;Segundo os datos que manexamos o mercado alem\u00e1n incrementou un 3% o seu orzamento de viaxes durante 2017 e buscan viaxar preferiblemente no outono cunha oferta paquetizada, que adoita adquirir a trav\u00e9s de axencias de viaxes o que encaixa moi ben coa oferta tur\u00edstica galega&#8221;, asegura Gonz\u00e1lez.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>Unha oferta tur\u00edstica completa e de calidade<\/strong><br \/>\nOs empresarios que viaxan nesta misi\u00f3n comercial participar\u00e1n en encontros tanto con turoperadores como axencias de viaxes que traballen o destino Galicia. A todos eles presentar\u00e1selles a oferta de calidade de Galicia como destino tur\u00edstico tranquilo e sustentable, tanto a aqueles que xa o traballan como entre aqueles que te\u00f1a previsto inclu\u00edr a comunidade na s\u00faa oferta, presentando produtos tur\u00edsticos adaptados a este mercado.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Na misi\u00f3n participan representantes das diferentes asociaci\u00f3ns e federaci\u00f3ns provinciais de hostalar\u00eda e restauraci\u00f3n do catro provincias, axencias de viaxe e de receptivo, complexos hoteleiros, gu\u00edas tur\u00edsticas e empresas de intermediaci\u00f3n especializadas en turismo activo ou Cami\u00f1o de Santiago, entre outras.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A delegaci\u00f3n promovida polo Cl\u00faster Turismo de Galicia en colaboraci\u00f3n coa Axencia de Turismo de Galicia despr\u00e1zase a unha das feiras profesionais m\u00e1is importantes para o sector tur\u00edstico Hoteis e cadeas hoteleiras, axencias de viaxes, gu\u00edas tur\u00edsticos e entidades danse cita desde hoxe e ata o vindeiro venres na cuarta misi\u00f3n comercial promovida polo Cl\u00faster &#8230; <a title=\"Unha vintena de empresarios galegos participan ata o venres na cuarta misi\u00f3n comercial \u00e1 ITB Berlin\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/unha-vintena-de-empresarios-galegos-participan-ata-o-venres-na-cuarta-mision-comercial-a-itb-berlin\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre Unha vintena de empresarios galegos participan ata o venres na cuarta misi\u00f3n comercial \u00e1 ITB Berlin\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2540,3737],"tags":[],"class_list":["post-27409","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-cluster","category-cluster-2"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27409","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=27409"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27409\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=27409"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=27409"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=27409"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}