{"id":27415,"date":"2018-03-12T11:22:47","date_gmt":"2018-03-12T11:22:47","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/galicia-foi-posta-como-exemplo-de-regulacion-exitosa-das-vivendas-de-uso-turistico-nun-foro-celebrado-na-itb-berlin\/"},"modified":"2018-03-12T11:22:47","modified_gmt":"2018-03-12T10:22:47","slug":"galicia-foi-posta-como-exemplo-de-regulacion-exitosa-das-vivendas-de-uso-turistico-nun-foro-celebrado-na-itb-berlin","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/galicia-foi-posta-como-exemplo-de-regulacion-exitosa-das-vivendas-de-uso-turistico-nun-foro-celebrado-na-itb-berlin\/","title":{"rendered":"Galicia foi posta como exemplo de regulaci\u00f3n exitosa das vivendas de uso tur\u00edstico nun foro celebrado na ITB Berlin"},"content":{"rendered":"<h4 style=\"text-align: justify;\">O CTG concliu a s\u00faa cuarta misi\u00f3n comercial en Alema\u00f1a con medio centenar de encontros profesionais celebrados<\/h4>\n<p style=\"text-align: justify;\">O Cl\u00faster Turismo de Galicia, da man do seu secretario, Ces\u00e1reo Pardal, participou nunha mesa de debate sobre situaci\u00f3n actual e pol\u00edticas de regulaci\u00f3n das vivendas de uso tur\u00edstico no marco das conferencias celebradas na <a href=\"https:\/\/www.itb-berlin.de\/en\/\" target=\"_blank\">Feira Internacional de Turismo ITB Berlin 2018<\/a>. A participaci\u00f3n activa do Cl\u00faster veu propiciada pola invitaci\u00f3n da <a href=\"https:\/\/www.fevitur.com\/index.php?lang=es\" target=\"_blank\">Federaci\u00f3n Espa\u00f1ola de Asociaci\u00f3ns de Vivendas Tur\u00edsticas (FEVITUR)<\/a> que quer\u00edan dar a co\u00f1ecer interacionalmente o caso galego como exemplo de regulaci\u00f3n exitosa das vivendas de uso tur\u00edstico. Neste sentido, o seu presidente, Tolo Gamila, felicitou a Galicia pola posta en marcha dun decreto exemplar no que \u00e1 regulaci\u00f3n deste tipo de aloxamentos. &#8220;O de Galicia foi un caso de \u00e9xito posto que conseguiron desenvolver e p\u00f3r en marcha un decreto de f\u00e1cil cumprimento, que mete a estes aloxamentos no sector tur\u00edstico e que \u00e9 altamente beneficioso tanto para os usuarios como para os propietarios destas vivendas&#8221;, explicou Gamila. Ademais do secretario do CTG e do presidente de Fevitur, a mesa estivo participada por dous representantes de senllas plataformas de aluguer deste tipo de vivendas, HomeAway e Novasol e contou coa presenza de profesionais do sector e membros da <a href=\"http:\/\/ehha.eu\/\" target=\"_blank\">European Holyday Home Association (EHHA)<\/a>, da que Fevitur forma parte. A EHHA agrupa actualmente a 4 mill\u00f3ns de aloxamentos desta tipolox\u00eda que supo\u00f1en m\u00e1is de 20 mill\u00f3ns de camas en todo o mundo, xerando un volume de negocio ao redor dos 600 bill\u00f3ns de euros anuais.<br \/>\nDurante a s\u00faa participaci\u00f3n, o secretario do Cl\u00faster destacou que o decreto supuxo o alta de m\u00e1is de 5.500 vivendas en Galicia no nove primeiros meses de funcionamento e que a normativa foi froito dun intenso traballo de di\u00e1logo e cooperaci\u00f3n p\u00fablico-privada para lograr establecer bases com\u00fans coas que poder traballar. E \u00e9 que, tal e como reclamaban varios dos participantes na mesa, un dos principais problemas co que se enfronta Espa\u00f1a \u00e9 a falta dunha normativa \u00fanica para a regulaci\u00f3n deste tipo de aloxamentos, xa que nin sequera est\u00e1 claramente definida que \u00e9 unha vivenda de uso tur\u00edstico.<br \/>\n<strong>Un marco normativo \u00fanico<\/strong><br \/>\nA esta circunstancia \u00fanese que as competencias en turismo est\u00e1n traspasadas \u00e1s autonom\u00edas, o que deu orixe a diferentes regulaci\u00f3ns con m\u00e1is ou menos restrici\u00f3ns, o que orixina malestar entre os propietarios e confusi\u00f3n entre os usuarios. ?Espa\u00f1a necesita amigos, seguridade e atopar novos clientes, sobre todo tendo en conta a recuperaci\u00f3n que est\u00e1n viviendos os pa\u00edses do norte de \u00c1frica e Turqu\u00eda?, aseguraba o representante de Novasol, unha plataforma de aluguer internacional de vivendas de uso tur\u00edstico, que destacaba que est\u00e1n dispostos a pagar impostos, pero Espa\u00f1a debe aclarar o mercado e acabar coa incerteza. ?A mensaxe que lanzan moitas administraci\u00f3ns e medios de comunicaci\u00f3n \u00e9 que este \u00e9 un sector que non quere pagar impostos, que non ofrece aloxamentos de calidade e que xera problemas entre os veci\u00f1os, e iso non \u00e9 verdade, non estamos en contra de ningu\u00e9n e somos os primeiros que queremos establecer un marco regulatorio claro?, afirmaba Jos\u00e9 Antonio Bonache, por parte de HomeAway.<br \/>\nA participaci\u00f3n de Galicia neste foro serviu tam\u00e9n para destacar a necesidade de que todas as partes implicadas estean presentes na posta en marcha deste tipo de normativas, imprescindibles para garantir unha oferta de aloxamentos segura e de calidade, algo no que est\u00e1 a traballar Fevitur a nivel nacional, partidarios da regulaci\u00f3n e non da restrici\u00f3n deste tipo de aloxamentos.<br \/>\n<strong>Balance da ITB Berlin<\/strong><br \/>\nCoa participaci\u00f3n na mesa redonda de Fevitur, o Cl\u00faster Turismo de Galicia pon punto e final \u00e1 cuarta misi\u00f3n comercial \u00e1 ITB Berlin, na que tomaron parte preto dunha trintena de profesionais de m\u00e1is dunha veitena de empresas tur\u00edsticas galegas. Ao longo destas xornadas desenvolv\u00e9ronse preto de medio centenar de encontros con turoperadores do mercado xermano pertencentes a unha gran variedade de segmentos: turismo activo, enogastronom\u00eda, viaxes s\u00f3 para mulleres, slow travel ou xard\u00edns, por citar alg\u00fans. Ademais do Cami\u00f1o de Santiago, que segue sendo un elemento tractor da oferta internacional galega, os profesionais alem\u00e1ns demandaron novas rutas e novos produtos, que ofrezan programas completos para co\u00f1ecer o destino Galicia.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O CTG concliu a s\u00faa cuarta misi\u00f3n comercial en Alema\u00f1a con medio centenar de encontros profesionais celebrados O Cl\u00faster Turismo de Galicia, da man do seu secretario, Ces\u00e1reo Pardal, participou nunha mesa de debate sobre situaci\u00f3n actual e pol\u00edticas de regulaci\u00f3n das vivendas de uso tur\u00edstico no marco das conferencias celebradas na Feira Internacional de &#8230; <a title=\"Galicia foi posta como exemplo de regulaci\u00f3n exitosa das vivendas de uso tur\u00edstico nun foro celebrado na ITB Berlin\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/galicia-foi-posta-como-exemplo-de-regulacion-exitosa-das-vivendas-de-uso-turistico-nun-foro-celebrado-na-itb-berlin\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre Galicia foi posta como exemplo de regulaci\u00f3n exitosa das vivendas de uso tur\u00edstico nun foro celebrado na ITB Berlin\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2540,3737],"tags":[],"class_list":["post-27415","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-cluster","category-cluster-2"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27415","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=27415"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27415\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=27415"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=27415"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=27415"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}